×

Aviso

JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 42

Que é o Pont-Up Store


O Pont-Up Store é unha iniciativa de apoio ao emprendemento, aberta a toda a cidadanía, e que centra os seus esforzos no incremento da cultura emprendedora na sociedade.

No marco do Campus Crea este encontro é unha decidida aposta pola creatividade e o emprendemento para o desenvolvemento persoal e da sociedade en xeral.

Tralo éxito das pasadas edicións, o Pont Up Store 2016 consolídase como ESPAZO DE REFERENCIA DO NOVO EMPRENDEMENTO en Galicia.


Por que ir ao Pont-Up Store


Porque é unha experiencia única e transformadora na que se van dar cita miles de persoas en torno á creatividade, o emprendemento e as súas tendencias. Poderás participar nun extenso programa de charlas, mesas redondas, obradoiros, networkings e demostracións, con poñentes de primeiro nivel que veñen compartir as súas experiencias, o seu coñecemento e o seu tempo cos participantes. Un encontro onde ti serás o protagonista.

Porque é o único evento galego onde se reúnen emprendedores, profesionais, estudantes, inversores, institucións, empresas, patrocinadores e medios de comunicación, para apoiar a innovación, a colaboración, a formación, o financiamento e o emprendemento creativo.

Obxectivos



FACILITARLLES aos novos emprendedores un espazo para visibilizar e promover a súa marca, os seus proxectos empresariais e a busca de financiación externa.


POSIBILITAR que novos emprendedores presenten, testen e vendan os seus productos ou servizos actuais ou contrasten ideas de mellora.


PROPORCIONAR aos novos emprendedores un espazo de relación e intercambio de experiencias con diferentes axentes do ecosistema emprendedor.


ANIMAR a futuros emprendedores a concretar a súa idea de negocio a través do coñecemento de proxectos e experiencias xa en marcha.


PROMOVER a cultura do emprendemento con novos formatos e espazos de integración entre os emprendedores e a sociedade.


DINAMIZAR a cultura e a economía local, proporcionando aos visitantes unha experiencia de ocio e aprendizaxe, nun espazo urbano de referencia internacional.

Go to top