Participa

MODALIDADES DE PARTICIPACIÓN

Podes escoller entre tres modalidades de PARTICIPACIÓN GRATUÍTAS e combinalas como queiras:

  • modalidade 1
    DISPOÑER DUN STAND SEN CUSTE

    durante dous días para dar a coñecer o teu proxecto e/ou vender se tes produto. Ademais poderás desenvolver actividades dentro do teu stand, independentemente das do programa de dinamización que se levará a cabo no espazo central.

  •  modalidade 2
    PROPOÑER AS TÚAS PROPIAS ACTIVIDADES

    que se incluirán no programa do evento e se desenvolverán no espazo central.

  • modalidade 3
    PARTICIPAR NO SPEED DATING ‘PUNTAZO EXPRÉS’

    Explica en 5 minutos o teu emprendemento a 5 importantes empresas e entidades galegas que escoitarán as 10 mellores propostas. Presentación de candidaturas do 1 ao 15 de setembro.

 
 

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS A STAND E ACTIVIDADES


  • QUEN:    Dirixido a novos emprendementos con menos de 3,5 anos (42 meses) dende a creación da empresa.
  • COMO:   Cubrindo a ficha de solicitude de candidatura e especificando a modalidade ou modalidades nas que queres participar (stand, ‘PUNTAZO EXPRÉS’, propoñer actividades dentro do programa, organizar actividades no teu stand).
  • CANDO: ATA O 10 DE XULLO DO 2016 - Data límite de candidaturas para Stand e Actividades dentro do Programa
    DO 1 AO 15 DE SETEMBRO DO 2016 - Data límite de candidaturas para "PUNTAZO EXPRÉS"
 
 

SELECCIÓN DE CANDIDATURAS


  • QUEN:    Comité Organizador do Pont-Up Store 2016.
  • COMO:  Aplicando criterios de valoración sobre o grado de Creatividade, innovación e potencial de crecemento e impacto económico e/ou social.

    No caso de solicitude de stand, valorarase a creatividade da proposta de actividades e de dinamización do evento, entre outros. De feito, acadarán maior puntuación as empresas que presenten actividades. Tamén se valorará o envío dun vídeo no que os solicitantes sexan capaces de contar brevemente en que consiste o seu proxecto de emprendemento. Ademais priorizaranse candidaturas que non participaron en anteriores edicións e, en todos os casos, aplicaranse criterios que garantan a diversidade de participantes en canto produtos/servizos, sector de actividade e forma xurídica da empresa.

    Unha vez adxudicado o stand, comunicaráselle á persoas interesadas que deberán aceptalo mediante un compromiso formal de presenza no Pont-Up Store todos os días do evento (23 e 24 de setembro) e nos horarios de apertura previstos (11 h. a 21 h.)

    Nas outras modalidades de participación, as empresas terán que confirmar formalmente a súa presenza no día e hora que a organización determine na súa programación de actividades.
  • CANDO: A decisión do Comité Organizador farase pública o 21 de Xullo do 2016
 

Go to top