Programa 2016

A actividade do Pont-Up Store 2016 concentrarase en tres días: 22, 23 e 24 de setembro do 2016
coa seguinte distribución de contidos:

 

PROGRAMA
PONT-UP STORE 2016


Descargar pdf

 


DAY BREAKER

Xoves 22 / 8:30 - 10:00 HRS
Campus A Xunqueira, Pontevedra

Unha inspiradora sesión matinal de música, baile, zumes e mindfullness, na que cargaremos pilas para participar nunha intensa xornada de charlas, mesas redondas, obradoiros, networkings e demostracións, con poñentes de primeiro nivel que veñen compartir as súas experiencias, o seu coñecemento e o seu tempo cos participantes.

 

 

XINCANA BIKE: DESENVOLVENDO A INICIATIVA, O TRABALLO EN EQUIPO E A COOPERACIÓN DENDE CATIVOS

Sábado 24 / 10:30 – 13:30 HRS
Alameda de Pontevedra e Avda. de Montero Ríos

A proba divídese en 5 zonas cada unha cunha temática marcada e relacionada coa filosofía de emprendemento do Pont-Up Store. Dirixida a nenas/os ata 14 anos (menores de 5 acompañados), 50 participantes máximo



 

 

FAB LAB DEMOSTRATIVO: IMPRESIÓN EN 3D E GRAVADO LÁSER

Xoves 22 / 11.00–14.00 e 16.00-20.00HRS

Un obradoiro de fabricación dixital onde será posible crear obxectos mediante ordenadores e impresoras 3D, coa axuda de especialistas. Exposicións, demostracións e sesións de iniciación en continuo durante o horario de apertura.



 

 

PUNTAZO EXPRÉS

Venres 23 / 19:00 - 21:00 HRS

Explica en 5 minutos o teu emprendemento a 5 importantes empresas e entidades galegas que escoitarán as 10 mellores propostas. Presentación de candidaturas do 1 ao 15 de Setembro.



 

 

Go to top