Blog

LunXun26

Presentación do #PontUpStore

 Para rematar Maio tivemos a oportunidade de presentar o #PontUpStore2017 aos medios á vez que nos reencontrabamos con antigos participantes (e coñecíamos a novos candidatos :)).

O acto comezaba as 10:30h coa presentación do evento aos medios da man de Pedro Figueroa, director do evento, Juan Manuel Corbacho, vicereitor da Universidade de Vigo, Anabel Gulías, do Concello de Pontevedra e Carlos Font da Deputación de Pontevedra...

 

Galería de fotos da rolda de prensa

View the embedded image gallery online at:
http://pontupstore.com/2017/gl/blogue/223#sigProGalleria43630ab562

....e continuaba na rúa onde tivemos a oportunidade de probar as nosas novas (e enormes) letras elaboradas por Inosa, fotografiándonos cos nosos patrocinadores, co Comité Organizador e cos participantes e persoas afíns ao Pont Up Store que se animaron a participar.

Mención especial aquí para os nosos patrocinadores: Universidade de Vigo, Concello de Pontevedra, Deputación de Pontevedra, ABanca, R, Inosa, Eusumo, AJE, ZFV, Ecobas, Camp Tecnológico, Xunta de Galicia e Igape. 

 Galería de fotos da presentación na rúa

View the embedded image gallery online at:
http://pontupstore.com/2017/gl/blogue/223#sigProGalleria75a692f3c6

 

O acto continuou para emprendedores e Comité falando de Marketing Dixital con Alberto Garnil e cun pequeno aperitivo, onde desfrutamos de ver o #MovementoUp reunido.

Grazas e mil grazas a todos os emprendedores que vos achegastedes para volver a vernos. Grazas A Castrexa, Travelling Assistent, Dogoplay, Somos Océano, Xeitura, Elefantes de Cacharrería, Innovadhoc,

E grazas tamén ao naso fantástico Comité Organizador, que coma en cada eventualidade do Pont Up Store estivo participando en todo o acto!

Galería de fotos do Obradoiro con Alberto Garnil

View the embedded image gallery online at:
http://pontupstore.com/2017/gl/blogue/223#sigProGalleriaad1e318377

 

Durante a presentación, tamén tivemos a oportunidade de entrevistar aos emprendedores das pasadas edicións, algúns actualmente no comité do Pont Up Store.

Se aínda non os viches, click aquí!

 

  

 

Recordade que aínda esta aberto o prazo de recepción de candidaturas! Presenta a túa! 

 

 

Vémonos pronto!

 #xentequeseatreveasoñar

#PontUpStore2017

 

 

 

 

 

 

 

 

Inicia sesión para enviar comentarios
Go to top