Blog

MarSet19

#MovementoUp: 7Varas

Xa non queda nada!! Presentamos a 7Varas, un novo emprendemento adicado a fabricación de biciletas cun material moi especial. Queredes saber máis? Seguide lendo!

Bicicleta Bambú

1. En primeiro lugar, como definirías 7Varas?

7varas consiste na mobilidade doblemente sostible, única e personalizable a través da fabricación de bicicletas de bambú.

  • Doblemente sostible porque se xa de por si os desplazamentos en bicicletas son un tipo de mobilidade sostible, o construilas con materiais naturais fai que este concepto cobre máis sentido.
  • Única, xa que non existen dúas cañas iguais e o proceso produtivo e totalmente artesanal e feito a man. Polo tanto non existe dúas bicicletas iguais.
  • E personalizables pola grande cantidade de modificacións que admiten, dende a cor ata a montaxe, pasando pola xeometría, adaptada a constitución de cada persoa.

 

2. Como xorde o proxecto? En que fase se atopa?

Montando en bici dende cativo, enxeñeiro mecánico e apaixoado da natureza... a pregunta e: Como non xurdiu antes?

Estamos no momento de desfrutar co que facemos, de andar nelas e de facer cousas diferentes. Agora mesmo temos dous pequenos proxectos moi interesantes que verán a luz en breves.

 

3. Que poderías contarnos das túas bicicletas? Por qué esta curiosa selección dos materiais?

O material bambú segue a ser, aínda a día de hoxe, un gran descoñecido en Europa a pesar das súas estupendas propiedades físicas. A súa lixeireza, a súa resistencia e a fantástica capacidade para absorver as vibracións fai que sexa un material idóneo para a construción de bicicletas.

 

4. Cal é o principal público das 7varas? Personalizades os vosos modelos de algún xeito?

O único denominador común que comparten aquelas persoas ás que pretendemos chegar son as ganas de dar pedal, ben sexa dun xeito deportivo, para os seus desprazamentos diarios ou mesmo para evadirse da realidade un par de horiñas despois de traballar.

O grado de personalización destas bicicletas é moi alto, dende o tipo de bici, a xeometría, a montaxe, ata a cor das unións, tipo de cañas ou mesmo o gravado do teu nome. Non hai duas iguais!

 

5. Coñecemos que tes carta de artesán. Que nos podes contar do proceso de fabricación das túas bicicletas?

Cada vez que ves sair unha bici pola porta do taller e coma se che marchara un fillo para a emigración, criáchela con todo o cariño dunha nai pero sabes que é necesario que se bote o mundo a vivir/buscarse a vida.

É un proceso totalmente artesanal dunhas 60 horas de duración que abrangue dende a definición da xeometría ata o tratamento de proteción final. Cada caña é escollida, cortada, biselada,lixada e ensamblada individualmente.

6. Cal consideras que é a mellor e a a peor parte do proceso de emprender?

Sen duda ningunha a mellor parte de calquera proxecto emprendedor e esa espiral de coñecemento caótico na que te ves envolto e que pouco a pouco vas asimilando. Esta aprendizaxe non se restrinxe ó eido empresarial senon que tamén é un bo entrenamento para camiñar con paso firme pola vida.

No polo oposto está a falta de apoio das institucións públicas, con programas de apoio a emprendedores, formación continua e asesoramento, e coa redución (ou mesmo exención) de todas esas taxas que te afogan cando estas comezando. En difinitiva, poñernos as cousas un pouco máis faciles!

 

7. Como coñeches o Pont Up Store e o Puntazo Exprés? 

Unha compañeira que participou na edición do ano anterior comentounos que sería un escaparate ideal para o noso proxecto.

 

8. Cales foron as razóns que te levaron a presentar unha candidatura ao evento? 

Xuntar nun mesmo fin de semana tantos proxectos emprendedores de tanta calidade e unha oportunidade estupenda para establecer relacións, asociarse ou colaborar os uns cos outros. E xa de paso, tomarlle unhas cañas polo casco vello de Pontevedra.

 

9. Que esperades obter do evento? 

Buscamos darnos a coñecer, que a xente poida ver, tocar e mesmo montar nunha 7varas e desfrutar coas caras se asombro que se lles queda a moitos deles. Tamén intentaremos sair da Pont-Up, se os astros se alinean, con algunha relación/colaboración co resto de emprendedores.

 

10. Que consello lle darías a todos eses novos emprendedores que coma ti están comezando o proceso ou se están decidindo a emprender?

Que o camiño do emprendedor, na maior parte dos casos, non e un camiño sinxelo, está cheo de altos e baixos, pero que se estás convencido do que fas tes a metade andado.

 

 

QUEREDES SABER MÁIS SOBRE 7VARAS?

FACEBOOK 7VARAS

Inicia sesión para enviar comentarios
Go to top