Blog

LunDec11

6 IDEAS PARA O NADAL DO #PONTUPSTORE2017: NAMORA AO TEU ESTÓMAGO

Sabemos que o Nadal está ao caer e por se eres dos nosos e vas escaso de ideas cando toca agasallar queremos axudarche no duro proceso de elixir os produtos adecuados entre todas as opcións que nos da o mercado basándonos nas propostas realizadas este ano polos emprendedores. No Pont-Up Store 2017 tivemos de todo!

Comezamos a selección de agasallos co sector da alimentación. No Pont-Up Store 2017, as empresas deste sector seducían aos visitantes con degustacións dos seus produtos. Conquístase polo estómago, non?
Estes produtos son en moitos casos axeitados para sorprender gratamente a quen máis queremos así que aquí vai unha pequena recompilación .

Tomade nota!


1. As conservas de  SOTAVENTO

Sotavento namorou aos visitantes do Pont-Up Store 2017 cunha mostra de conservas do máis orixinal. Navallas, crema de sardiñas, de polbo, algas ao natural, bacallau con pasas… A marca presenta unha selección de sabores do máis orixinal perfecta para sorprender aos máis gourmet. Como engadido, estas conservas son artesanais e elaboradas con todo o amor con produtos galegos. E que dicir do deseño! Como podedes ver, as latas son ben bonitas e elegantes, adecuadas para calquer agasallo.

 

2. Os embutidos de Casa da Avoa

Chourizo con castañas, fuet con pasas ou chouriciños ao albariño ou con ortigas. As opcións de Casa da Avoa son un detalle perfecto para todos os amantes dos embutidos. Ademais, estes rapaces presentan os seus produtos que da gusto! O seu packaging ten uns debuxos mol chulos que nos sacan do apuro de empaquetar e que fan dos embutidos unha decoración perfecta para calquera cociña. (E non vexas o ben que quedan se os regalas en pack cunha cervexiña ou unhas conservas….)

3. As Cervexas de Meiga

Despois da cata de Meiga no Pont-Up Store 2017 pouco nos queda por dicir. As cervexas son un regalo para os sentidos en verán e inverno. Un amigo invisible complicado? Ceas familiares? Un pack de cervexas pode ser unha opción sinxela e adecuada para todo tipo de ocasións. Ademais, Meiga elabora as súas cervexas aquí o ladiño, en Poio. A súa fabricación e 100% artesanal e está boísima!

 

 

4. As “Croketas” de CroketasD (Precoalvi.S.L)

 Unha das cousas máis recordadas do Pont-Up Store 2017 é o sabor das Croquetas de Precoalvi. Dende cecina con queixo San Simón a Mexillóns, Xamón Ibérico, Boletus ou calamares na súa tinta, é realmente complicado escoller so un sabor destas croquetas. Un regalo máis que apropiado para os que teñen pouco tempo xa que ademais están cociñadas con produtos naturais.

 

 

5. Fabas de Terras da Mariña

Sobre todo para quen esta lonxe, os produtos da terra son outra cousa. Sen dúbida, seguro que sorprendes cos produtos de Terras da Mariña. As Fabas son un alimento ideal para os días máis fríos e un dos mellores compañeiros do cocido.

 

6. Os xeados de Bico de Xeado

Aínda que non son un regalo o uso, os xeados no Nadal son unha marabilla. Invita a quen máis queres a un xeado desfrutando das luces do Nadal. Un plan ideal para esgotar os últimos días antes da Noiteboa. Ademáis, sempre podes aproveitar para achegarte a mercar os últimos agasallos!

 

Unha última idea. Combinade! unha cesta con todos estes produtos fará as delicias do paladar máis delicado!
Que vos parecen as nosas suxerencias? Atentos os próximos días! Que virán máis ideas!

Inicia sesión para enviar comentarios
Go to top