Blog

MerAgo10

Entrevista a Calabizo

 

Calabizo é o primeiro chourizo de cabaza 100% vexetal, que tivemos o pracer de probar no Pont-Up Store 2015. Hoxe entrevistamos a Keila, a súa Directora Comercial.

De onde ven o voso proxecto?

Calabizo xurde hai mais de dous anos para dar unha solución de embutido vexetal ao sector vexetariano. Conseguimos idear unha receita que está gustando e que vai aumentando en distribución, polo que o noso éxito ven dado pola elaboración e comercialización de Calabizos.

Por que decidistes participar en Pont-Up Store?

Para mellorar a difusión e a visibilidade do noso proxecto a nivel local e provincial. Grazas a Pont-Up Store contactamos con particulares que descubriron o noso produto, e tamén con tendas do sector.


Pensas que a participación en Pont-Up Store foi beneficiosa para o teu proxecto?

Sempre é positivo darse a coñecer, sobre todo cando estás empezando e mais aínda se o podes facer cun stand/espacio a custe cero, xa que sabemos que moitas startups coma a nosa non dispoñen dos recursos económicos que nos gustaría para darlle visibilidade aos nosos proxectos.


Cal é a situación de Calabizo a día de hoxe?

Levamos 9 meses no mercado comercializando os nosos chourizos. Dende o pasado 1 de setembro de 2015.

O éxito e a demanda animáronnos a cambiar de instalacións para aumentar a capacidade de produción. E dende hai uns meses estreamos instalacións nunha das naves bioclimáticas do Parque Empresarial Porto do Molle en Nigrán, lugar onde dende ViaVigo nos axudaron a acelerar o noso proceso empresarial. Xeramos 5 postos de traballo directos.


Que mensaxe lle deixarías aos participantes da próxima edición de Pont-Up Store?

Que aproveiten a oportunidade de participar, toda a visibilidade é boa. E que se organicen e deixen tempo para visitar ao resto de empresas participantes, xa que hai proxectos realmente interesantes, e persoas detrás dos mesmos coas que crear contacto e sinerxias para aprender e mellorar. Ademais de coñecer outras experiencias emprendedoras e sentir que non estás só, senón que hai mais persoas loitando coma ti e perseguindo o seu soño para convertelo no seu medio de vida.

 

 

Inicia sesión para enviar comentarios
Go to top