Blog

Elementos filtrados por fecha: Xullo 2016

Para dar comezo á fin de semana dende a Organización do Pont Up Store 2016 queremos facer pública o que será a distribución dos stands durante o evento.

Queremos expresar unha vez máis o noso agradecemento a todas os proxectos emprendedores que presentaron a súa candidatura pola gran acollida que tivo esta edición así como felicitalos pola gran calidade dos seus proxectos.

 

 

1

Información e Organización

www.pontupstore.com

19

Txstockdata, S.L.

App para captar o sentimento de mercado (IBEX35) a partir da interpretación de datos de social media.
www.twibex35.com

2

SPIN 2016

http://www.spin2016.org

20

Travelling Assistant

Web para poñer en contacto a viaxeiros e turistas con residentes locais en cidades destino.
www.travellingassistant.com

3

Patrocinadores

21

Seele Comunicación 

Axencia de deseño gráfico e web 

www.seelecomunicación.com

4

LOVELY BLANCA

Complementos Handmade
www.lovelyblanca.com

22

Pajaritas Colibrí

Comercialización e deseño de gravatas de lazo
www.pajaritascolibri.com

5

A Tenda da Gata

Alimentación e consumo responsable
www.atendadagata.com

23

LA XANDA MULTISERVICIOS SL

Xeración de oportunidades de emprego a mulleres afectadas pola violencia, a explotación e a exclusión
www.laxanda.org

6

Mercado Flotante

Tenda online de produtos gastronómicos exóticos
www.mercadoflotante.com

24

Orballo Printing

Tenda especializada en impresoras 3D e os seus componentes.
www.orballoprinting.con

7

MARIA VIQUEIRA

Creación de prendas artesanais

www.mariaviqueira.com

25

Xeitura: xestión integral do Patrimonio Cultural

Xestión integral do patrimonio cultural
www.xeitura.com

8

GALICIAN BREW

Microfábrica de cervexa artesá

www.galicianbrew.com

26

Dogoplay

App de actividades e rutas ao aire libre cun forte compoñente social
www.dogoplay.com

9

Croccanti Estudio

Estudio Creativo de Deseño
http://croccantiestudio.com

27

Innovadhoc

Servizos multimedia e de impresión 3D con especial orientación ao ámbito industrial e ao sector naval en particular

www.innovadhoc.es

10

Netun Solutions, S.L.

Accesorios de seguridade vial
www.netunsolutions.com

28

Mariem f.

"Sherpa" que guía a organización e persoas polos seus camiños empresariais.
www.mariemfilgueira.com

11

Rachachán.

Pedagoxía Montessori
www.rachachan.com

29

Cousas da Bisavoa

Obradoiro artesá adicado a promoción e venda do Mirabel

www.facebook.com/cousasdabisavoa

12

Betweien

Proxectos educativos e creación e producción de recursos pedagóxicos
www.betweien.com

30

ACASTREXA

Obradoiro de conservas vexetais
www.acastrexa.com

13

DISBO BY LUPITA

Ilustración e deseño. Decoración. Conto Ilustrado Un rincón de palabras.
http://disbobylupita.disbo.es

31

Thunders Love

Marca de moda de estilo urbano para home e muller

www.thunderslove.com

14

IN&S Comunicación e innovación sostenible

Consultora de comunicación, innovación e sostenibilidade empresarial

www.innovacion-sostenible.es

32

Mágicos Gagarin

Productos de decoración usando a ilustración e a escultura en cerámica
www.facebook.com/magicosgagarin

15

ART´SPACIO DESIGN S.L.

Inmobiliaria con servizo de “home staging”
www.art-spacio.es

33

Comunidad SEM

Marketing online
www.comunidadsem.com

16

El mono con sombrero

Wedding Planner. Organización integral e artículos para eventos
www.elmonoconsombrero.com

34

KUZUNGUKA APP DEVELOPERS, SL

Solucións tecnolóxicas empregando os dispositivos beacon
www.kuzunguka.com

17

Converfit (Citious Team, S.L.)

Plataforma de Marketing Cloud para incrementar a tasa de conversión dos negocios online.
www.converfit.com

35

iEscola C.B.

Formación en el ámbito de las nuevas tecnologías a centros educativos.
www.iescola.es

18

Fun Forest

Inglés divertido para nenos e nenas
www.funforest.es

36

Miudiño Sociedade Cooperativa Galega

Brinquedos tradicionais
www.miudiño.com

Publicado en Blogue

Tal e como estaba programado, o pasado día 13 de xullo celebrouse a xuntanza do Comité Organizador do Pont Up Store 2016 para valorar as candidaturas presentadas entre o 1 de xuño e o 10 de xullo de 2016 para as modalidades de Stand e Actividades de dinamización. Nesta edición recibimos un total de 115 solicitudes de participación, 87 para a modalidade de stand e 28 para actividades de dinamización, superando así as solicitudes da edición anterior.

En canto á procedencia das candidaturas, un tercio das mesmas corresponden a Cidade de Pontevedra, e as candidaturas restante teñen o seu orixe no resto de Galicia con algunha presencia puntual de candidatos de Braga (Portugal), Madrid e Xixón. O Pont Up Store consolídase así coma o evento de referencia do novo emprendemento en Galicia.

No proceso de selección, tal e como figura nas normas aplicáronse criterios de valoración sobre o grado de creatividade, innovación e potencial de crecemento e impacto económico e/ou social e que garantan a diversidade de participantes en canto produtos/servizos, sector de actividade, forma xurídica da empresa e procedencia xeográfica dos proxectos presentados

Unha vez completado o proceso de selección e aceptación por parte dos proxectos presentados, facemos pública a relación definitiva de participantes no Pont Up Store 2016 (33 participantes con Stand, e 14 con actividade de dinamización)que se celebrará en Pontevedra entre o 22 e o 24 de setembro de 2016 (22 xornada previa, 23 e 24 Pont Up Store).

Inclúese a continuación a relación para a súa descarga en formato pdf

 

Pontevedra a 21 de xullo de 2016
Comité Organizador
Pont Up Store 2016

Publicado en Blogue
Venres, 08 Xullo 2016 10:49

Entrevista a QBITIA

Unha vez un gran mestre dixo: “Facer ou non facer. Non serve intentar, so facer”. Non teñas medo. Que o medo non free as túas ideas. A arte de emprender é unha ardua tarefa que, co paso do tempo, gratifícache todo o que deches por levar a cabo unha idea na que crías e confiabas.


O pai da xestión empresarial, Peter Drucker, dixo unha vez que “onde hai unha empresa de éxito, alguén tomou algunha vez unha valente decisión”. Quero pensar que así naceu Qbitia, a empresa que dirixo, dende fai xa case cinco anos, xunto con tres compañeiros e amigos da Facultade de Física de Santiago de Compostela.


En liñas xerais, Qbitia é unha start-up fintech, desenvolvemos aplicacións informáticas para aquelas persoas que invisten nos mercados financeiros.


Toda empresa nace dunha idea, dunha necesidade e da posibilidade de poder cambiar o mundo que nos rodea. Mira ao teu redor. Segue mirando. Seguro que hai centos de cousas que che gustaría que cambiasen ou que mudasen a súa forma actual de ser.


A miña idea, a chispa que fixo que Qbitia nacese produciuse dese xeito. Fai uns 10 anos mergulleime no mundo dos investimentos. Isto máis que un traballo era case unha forma de vida, xa que non podía arredar os meus ollos das vinte pantallas nas que observaba a evolución en tempo real dos mercados. Decateime de que era preciso mudar este xeito de investir. Non podía ser que o “trader” tivese que vivir pegado a un monitor para saber cando poñer e quitar as súas ordes do mercado.


Esta idea, esta necesidade, foi evolucionando ata converterse nun pequeno proxecto, que, a base de dedicación e esforzo, converteuse nunha empresa. Sempre digo que Qbitia pasou do salón da casa de meus pais, aquí, en Pontevedra, a ser unha empresa con ampla vocación internacional, cunha estrutura de 25 persoas e oficinas en Pontevedra e Londres. Ata o momento acadamos financiación por valor de 1,5 millóns de euros e traballamos coas principais bolsas do mundo: Madrid, Londres, Nova York e Chicago.

 

Pero como saberedes todos aqueles que esteades emprendendo, o camiño ata aquí non é sinxelo. Precisas horas e horas de dedicación e, como adoito dicir, incluso tes que durmir negativo.

 

Como dixo Mark Twain, “un home cunha nova idea é un tolo ata que esta triunfa”. Para aproximarte ao éxito precisas ter alguén que te avale, que confíe e que lle mostre ao mundo que a túa idea é valida. Nós chamámoslle a este paso “buscar unha bandeira”.
Mais, quen podería ser a nosa bandeira? Estivemos dándolle voltas, moitas voltas, buscando ao noso mellor representante. Somos unha empresa de software que crea un produto para os mercados financeiros, así que, quen mellor para apoiar a nosa idea que BME, a bolsa española?


Preparamos todos e cada un dos detalles, ata os máis pequenos, para que, cando nos achegásemos á entidade, nada saíse mal. Creamos unha estratexia de aproximación, pulimos o noso “elevator pitch” (explicar a nosa empresa no que dura un conversa de ascensor) e, incluso, tiñamos un plan B por se todo o anterior fallaba.


Finalmente, conseguimos o respaldo de BME e, en 2014, o Palacio das Bolsa Madrid abriunos as súas portas para que puidésemos presentar o noso produto. Foi realmente emocionante ver como todos os monitores proxectaban o noso logo nunha sala na que se atopaban as principais empresas de inversión do país!

  

Unha vez que obtivemos unha bandeira nacional, decidimos “saltar o charco” e replicar esta estratexia a nivel internacional. Así, en 2015 firmamos un acordo de colaboración coa estadounidense CQG, empresa líder de software para bolsa, e con eles lanzamos a nosa plataforma Qcaid a nivel mundial.


Todo isto foi posible grazas a todos os traballadores que decidiron emprender con nós. Se mo permitides, quero volver a repetir un dos consellos que vos din na anterior edición do Pont-Up Store. O mais importante para emprender é facer o que che apaixona con xente boa, pero, sobre todo, boa xente. Un bo equipo fará que a túa idea chegue o máis lonxe posible.

 

Dende aquí, dende Pontevedra, debemos adoptar a cultura empresarial que impera en  Silicon Valley (California), berce do emprendemento, e decatarnos de que podemos facer cousas realmente importantes que poden chegar a empregarse e ser útiles en calquera parte do mundo. Podemos ter a nosa propia Galifornia.

 

So me queda animarvos a todos os que tedes unha idea a levala a cabo e convertela nunha empresa, nunha forma de vida.  

 

Recordade:  Think big, think global, pero cos pés na terra.

 

Publicado en Blogue
Go to top