Blog

MarOut17

 

Cartel AJE Premio Xove Empresario do ano 2017-001

 

XXII PREMIO XOVE EMPRESARIO DO ANO PONTEVEDRA

 

A Asociación de Xóvenes Empresarios de Pontevedra no seu compromiso coa promoción e difusión da cultura emprendedora, a innovación empresarial, a creación de emprego e a internacionalización da PEME organiza este ano a XXII Edición do Premio Xove Empresario, co obxetivo de recoñecer e premiar a labor de aqueles emprendedores e xóvenes empresarios que co seu esforzo e dedicación contribúen día a día a crear riqueza e emprego na nosa provincia. Este XXII Premio Xove Empresario de Pontevedra está dirixido a aquelas ideas de negocio que sean lideradas por mozos da nosa provincia e sexan viables técnica e económicamente. É por iso que AJE Pontevedra quere con este XXII Premio Xove Empresario recompensar ese espíritu de loita que move a estos mozos a superar todos os obstáculos, actualiza a súa imaxe, os seus recursos e a súa enerxía en crear una empresa da que toda a sociedade se beneficia. Este premio suporá para o xove empresario gañador a proxección, a través dos medios de prensa e publicidade, da súa actividade empresarial, servindo de exemplo de superación á xuventude, mostrando que o autoemprego e a innovación no mesmo é outra posibilidade de traballo, así como reclamar en voz alta o apoio de todos, o colectivo de emprendedores e xoves empresarios, como protagonistas do presente e do futuro da nosa provincia. PREMIOS Esta XXII Edición do Premio Xove Empresario do Ano 2017 componse de dúas categorías e as seguintes mencións de honor:

  • XOVE EMPRESARIO DO ANO 2017:dotado en función das súas necesidades e da súa actividade dunha oficina ou dunha nave no polígono industrial de Barro –Meis, con vixencia dun ano prorrogable a dous; ordenador persoal HP; una bolsa de Galicia Business School para cursar o MBA part time, valorado en 9.950€; un ano de afiliación gratuíta en AJE e escultura conmemorativa deste evento.
  • XOVE EMPRENDEDOR DO ANO 2017:dotado con aloxamento gratuíto durante un ano nun dos viveiros do Consorcio da Zona Franca de Vigo; ordenador persoal HP; bolsa de Galicia Business School para cursar o MBA part time, valorado en 9.950€; un ano de afiliación gratuíta en AJE e escultura conmemorativa deste evento.

 

Todas as candidaturas presentadas optan a:

  • ACCESIT INNOVACIÓN: Un iPad; cheque de 1.000€ para formarse en calquera dos programas que se imparten en Galicia Business School, ou si prefíreno, bolsa desconto do 50% das taxas académicas no programa que desexen; 6 meses afiliación gratuita AJE e escultura conmemorativa deste evento.
  • ACCESIT CREACIÓN DE EMPREGO: Un iPad; cheque de 1.000€ para formarse en calquera dos programas que se imparten en Galicia Business School, ou si prefíreno, bolsa desconto do 50% das taxas académicas no programa que desexen; 6 meses afiliación gratuita AJE e escultura conmemorativa deste evento.
  • ACCÉSIT AO EMPRESARIO CON DISCAPACIDADE: Un iPad; cheque de 1.000€ para formarse en calquera dos programas que se imparten en Galicia Business School, ou si prefíreno, bolsa desconto do 50% das taxas académicas no programa que desexen; 6 meses afiliación gratuita AJE e escultura conmemorativa deste evento.
  • Premio Honorífico ao empresario de recoñecido prestixio da provincia de Pontevedra.
  • Todas as candidaturas presentadas optarán a un dos dous postos do espazo do Centro de Emprendemento (CEM) na Cidade da cultura, adecuados para a súa adaptación a actividade prevista durante un periodo de 1 ano sen costo, en renda e gastos de comunidade, salvo os gastos correntes/privativos que xere o propio negocio e as responsabilidades que da propia actividade se deriven.
  • Galicia Business School ofrece a Bolsa-emprendedor a todos aqueles candidatos ao premio emprendedor. Asume o 70% do custo do seu MBA ou Master de Marketing.
  • Ademáis todos os candidatos aos premios recibirán un diploma de participación.

 

REQUISITOS Poderán presentarse todos aqueles xóvenes empresarios e emprendedores con data de nacemento non anterior ó 31 de Outubro de 1976.

  • Xove Empresario do Ano 2017 empresas constituídas con anterioridade ao 30 de Abril de 2016.
  • Xove Emprendedor do Ano 2017 debe ter un proxecto de empresa a punto de por en marcha ou empresa constituída con posterioridade ao 30 Abril de 2016.
  • Ter domicilio social na provincia de Pontevedra.
  • O capital social das empresas candidatas deberá estar participado nun 25% como mínimo por persoas físicas menores de 41 anos.
  • A empresa non poderá estar participada por entidades ou empresas de titularidade pública.
  • Estar ao corrente nas súas obrigas fiscais, pagos de cotas á seguridade social e non ter contraída débeda algunha coa Comunidade Autónoma Galega
  • Non ter solicitado declaración de concurso, non ter sido declarado insolvente ou en concurso nin estar suxeito a intervención xudicial nin inhabilitado conforme a lei concursal.
  • Asistencia obrigatoria o acto de entrega dos premios.

 

DOCUMENTACIÓN Os candidatos que desexen concurrer a estes Premios deberán enviar a documentación a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. (dende o luns 9 de outubro ata o 29 de outubro, ás 23:59h.)

  • Solicitude de candidatura asinada que poderán conseguir na sede de AJE Pontevedra ou descargala na páxina web ajepontevedra.com
  • Memoria descritiva da actividade empresarial.
  • DNI do candidato ou candidatos.
  • Tarxeta CIF da Empresa.
  • Escrituras de Constitución da Empresa, estatutos e modificacións posteriores.
  • Logotipo para a difusión dos candidatos en web, redes, prensa e para o día do evento.
  • Acreditación da discapacidade (se corresponde).

 

PRAZO DE ENTREGA As candidaturas xunto coa documentación sinalada nas bases poderá presentarse dende o luns 9 de outubro ata o 29 de outubro, ás 23:59h. ACTO DE ENTREGA Os premios entregaranse nunha gala con motivo do XXII PREMIO XOVE EMPRESARIO DO ANO que terá lugar o martes 31 de outubro, ás 20:30 horas, no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra (Pasantería, 2-12 – 36002 Pontevedra). CONFIDENCIALIDADE Garantizarase a confidencialidade das candidaturas presentadas. Poderase difundir as características xerais das mesmas e, no seu momento, o nome, a súa actividade, logros, así como as persoas do equipo promotor. Coa presentación da candidatura autorizase á organización a acceder ás bases de datos que permitan contrastar a información presentada. PREMIO XOVE EMPRESARIO DO ANO PONTEVEDRA A Asociación de xóvenes Empresarios de Pontevedra é unha organización de ámbito provincial, con carácter multisectorial e sen ánimo de lucro, constituida no ano 1989 por iniciativa dun grupo de persoas con inquietu¬des empresariais definidas entorno os mozos. Ó longo de tres décadas, AJE Pontevedra apoiou ós xóvenes emprendedores e empresarios mediante a or¬ganización de actos propios como en colaboración coa Administración Pública e outras entidades privadas. Di¬tas accións de apoio incidiron dende os primeiros pasos para a constitución da empresa ata a súa consolidación, incluíndo a xestión de liñas de financiamento sen contribucións de garantías. A nosa misión é a de promover e espertar vocacións empresariais e defender os intereses dos xóvenes empre¬sarios, creando e favorecendo o marco adecuado para o correcto desenrolo empresarial. Desexamos axudar ós xóvenes a ter éxito a través da mellora constante no desempeño das súas actividades, como medio máis eficaz de avanzar en liña cun desenro¬lo sostible e enriquecedor, persoal e profesional. Queremos contribuir a formar empresarios con valor para aceptar o desafio de desenrolar novas ideas, capa¬ces de mellorar as cualidades persoais e das habilidades dos seus colaboradores e de asumir o risco inherente a unha actividade en constante movemento.

 

Para descargar Solicitude:

BOTONES EMPRENDEDOR-001BOTON EMPRESARIO-001

VenSet22

O Encontro de Emprendemento inaugurouse esta mañá con grandes novidades no espazo central, actividades en distintos puntos da cidade e un Laboratorio Creativo de Fabricación Dixital aberto a toda a cidadanía.

 

Esta mañá a carpa do Pont-Up Store volveu a instalarse na Praza de España da cidade de Pontevedra para converterse durante dous días no encontro de referencia de apoio ao emprendemento galego e divulgación da cultura emprendedora. Ao acto de ianuguración oficial asisitiron representantes das institucións, entidades e empresas que apoian o encontro nun exemplo de colaboración que en palabras do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, ‘é a nosa responsabilidade, cooperar para axudar ás persoas que emprenden a innovar, a xerar emprego e riqueza económica’. O rexedor tamén afirmou que o Concello de Pontevedra está aberto á ampliación do evento para acoller tamén a emprendementos do resto do Estado e de Portugal. José Luis Ramírez de ABANCA comprometesse coe evento e anunciou que a entidade está a punto de lanzar novos produtos e servizos para dar resposta ás demandas do ecosistema emprendedor e conseguir que as ideas se transformen en empresas viables nun corto período de tempo. Nesta mesma liña falaron o Xerente de Alianzas Estratéxicas de R, Alberto Costas Ramos, que presentou un programa de apoio ao emprendemento dirixido á mocidade; e Guillermo Viña González, Xerente de IGAPE Nova, que anunciou un novo servizo de préstamos vinculados directamente a iniciativas emprendedoras a través da Lei de Fomento do Emprendemento. Dolores González Álvarez, Vicerreitora de Estudantes da Universidade de Vigo, afirmou que Pontevedra é estes días a vanguarda do emprendemento galego que se está comprovando que chega desde todos territórios, tanto rural como urbano, e desde calquera âmbito e sector empresarial; e quixo destacar o traballo realizado desde a preincubadora do programa INCUVI Emprende, de onde saíron empresas que xa teñen participado no Pont-Up Store e que continúan imparables a súa expansión como MONET VITICULTURA que esta tarde formará parte do selecto grupo de escoitantes do PUNTAZO EXPRÉS.

Pola súa parte o director do encontro, Pedro Figueroa, assegurou que ‘esta edición é un paso decisivo na consolidación do Pont-Up como espazo de emprendemento froito da cooperación de máis de 35 organizacións e entidades públicas e privadas, do traballo voluntario do profesorado, o alumnado e o persoal da Universidade de Vigo’. Figueroa resaltou que os 40 emprencdementos que van ter presenza no Pont-Up Store foron seleccionados entre 120 candidaturas chegadas de toda Galicia, e ‘dan unha mostra da creatividade e a innovación que existe no país e a constatación de que Galicia ten un futuro prometedor e moita ‘Xente que se atreve a soñar’ como reza o noso lema desta edición’. O director do encontro engadiu que xunto a este escaparate de empresas aorganziación programou máis de 40 actividades que ofrecen unha oportunidade para a formación e a aprendizaxe para as persoas emprendedoras actuais e potenciais, para profesionais, mocidade e familias que se queren aproximar ao mundo do emprendemento.

Neste sentido, a primeira xornada do encontro contou con visitas de distintos centro de ensino de secundaria da provincia de Pontevedra, como reflexo da alianza que nesta edición se intentou establecer co mundo do ensino para fomentar na xente nova o espíritu emprendedor. A actividade protagonista desta nova liña de traballo é Pontevan: FP na rúa, un aula de cociña móbil creada entre catro centros de ensino público de Pontevedra. (CIFP Carlos Oroza, CIFP A Xunqueira, IES Frei Martín Sarmiento e IES Montecelo e conta tamén coa colaboración da Universidade de Vigo-Quantum Automotive- CimaLab) que vai achegar a Formación Profesional á rúa e mostrar un proxecto co que o alumnado aprende a innovar, neste caso renovando o concepto de FoodTruck cun vehículo de comida san e de calidade. Esta actividade enmárcase dentro do novo espazo de degustación na que tamén estarán as empresas PRECOALVI, coas súas croquetas gorumet, e BICO DE XEADO, transformando con moita creatividade un problema como o exceso de cota leiteira nun produto de valor engadido como é o xeado artesano procedente ademais dunha empresa de economía social, a Cooperativa Agraria Provincial da Coruña.

Durante toda a xornada sucederanse actividades programadas pola organización e os colaboradores en distintos emprazamentos da cidade, e outras organizadas polos propios proxectos de emprendemento dentro da carpa do evento. Haberá tamén sesións orientadas a seguir unindo e aumentando a gran comunidade de persoas vinculadas ao emprendemento, creada ao longo destas catro edicións e que agrupa xa a máis de 200 participantes baixo o nome de MOVEMENTO UP.

Continúa tamén aberto o Laboratorio Creativo de fabricación dixital e impresión 3D que esta tarde presentará a solución impresa xenerada a partir do obradoiro ‘Fabricando Cidade’ que comezou o mércores; e acollerá o obradoiro ‘Educación, Familia e Tecnoloxía dirixida a docentes e familias, e o taller de robótica Crea R cunha proposta de emprendemento para os maís novos. Ademais, no marco da reunión da comunidade WordPress en Pontevedra (‘Meetup’) vaise organizar a actividade Emprende con Wordpress con diferentes obradoiros para achegar WordPress a calquera que teña interese mostrando casos de xente emprendedora que explicarán como empregaron WordPress crear o seu negocio/proxecto.

 

Puntazo Exprés
A actividade estrela deste venres será sén dúbida o Puntazo Exprés. A partir das 19 horas, no Museo de Pontevedra, 10 emprendementos terán a oportunidade de explicar en 5 minutos o seu emprendemento a 5 importantes empresas e entidades galegas. Entre os escoitantes desta edición estarán, entre outros, Juan Vázquez Gancedo Director Xeral de Bodegas Martín Códax e Presidente do Clúster Alimentario de Galicia; Begoña Ocampo, socia fundadora da cadea de restaurantes La Pepita Burguer Bar; Débora Franco de Vázquez de Monet Viticultura; Xavier Castaño, da consultora Internacional de Proxectos Tecnolóxicos, Igalia; e Isabel Rodríguez Blanquer, directora de operacións da empresa especializada en produtos culturais para a infancia, El Faro de los Tres Mundos.

 

Actividades para mañá sábado
Seguindo coa idea de inculcar o espírito emprendedor desde idades moi temperás, o sábado está programada a segunda edición da Xincana Bike orientada a desenvolver a iniciativa, o traballo en equipo e a cooperación entre nenas e nenos ata 14 anos. A proba divídese en 5 zonas cada unha cunha temática marcada e relacionada coa filosofía de emprendemento do Pont-Up Store. O mentoring, unha das novidades do programa, terá o seu espazo pola tarde. A Fundación Ronsel presentará no Liceo do Casino o Proxecto Youth Business Spain mentres a Asociación Española de Mentoring (AMCES) propón a conferencia “Mentoring como clave do éxito no emprendemento” seguida dunha mesa redonda arredor da importancia de contar cun acompañamento profesional no proceso do emprendemento.

O programa de actividades de dinamización no espazo central da carpa contará mañá con propostas como unha innovadora sesión de bionetworking organizada por BIOFUSIÓNATE na que se emprengará a intuición e o xogo para obter información útil na nosa empresa; unha cata de cervexas artesá da marca MEIGA; un obradoiro de KIARE INNOVARTE FLORAL no que aprender a arte floral dos kokedamas.

 

 

Saúdos.
Comunicación | Marián Fernández | Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. | 650579208

 

XovSet21

O encontro de emprendemento máis importante de Galicia inaugura mañá a súa cuarta edición

 

Trala xornada previa de hoxe con actividades repartidas por toda a cidade e o FAB LAB a pleno rendemento, o IV PONT-UP STORE abre mañá oficialmente a súa carpa aos mellores emprendementos galegos cun programa cualitativa e cuantitativamente moi superior ao das anteriores edicións, que o posiciona como a principal referencia para emprender en Galicia.

 

Mañá abrirá as súas portas a carpa instalada na Praza de España onde ademais de coñecer os 37 proxectos emprendedores seleccionados para ocupar os stands, o público poderá participar nas actividades de dinamización propostas polos emprendedores. Ás 11:30 está previsto o acto oficial de inauguración con representantes das administracións e os patrocinadores implicados, que realizarán unha visita ao recinto do Pont-Up Store para coñecer as propostas de emprendemento; e a continuación achegaranse a palpar o ambiente crativo do Fab Lab instalado na Facultade de Belas Artes.

Esta edición volve a consolidar a Pont-Up Stpre como o escaparate de emprendementos de referencia en Galicia. Esta vai ser unha edición diversa, innovadora, moi creativa e tamén sostible, cunha alta porcentaxe de propostas que buscan mellorar a vida das persoas desde distintos ámbitos (listado descritivo adxunto). Algunhas destas empresas ofrecerán tamén un programa de actividades de dinamización no espazo central da carpa con propostas como unha innovadora sesión de bionetworking organizada por BIOFUSIÓNATE na que se emprengará a intuición e o xogo para obter información útil na nosa empresa; unha cata de cervexas artesá da marca MEIGA; un obradoiro de KIARE INNOVARTE FLORAL no que aprender a arte floral dos kokedamas; un achegamento en familia ao mundo do álbum ilustrado empregando as nosas vivencias persoais proposto por PLANO PEMENTA; e laboratorios dinámicos de creación cultural e artística de economía social cos que a REDE EUSUMO quere promover a arte a a cultura entre os nenos e nenas desde a perspectiva da economía social, unha abordaxe que tamén estará presente no Encontro Networking da Economía Social organizado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

 

Primeira xornada a tope de actividade
Na programación destacan as propostas e a implicación de case 40 organizacións involucradas con actividades plantexadas en 12 localizacións diferentes da cidade e arredor de 100 expertos impartindo conferencias, xornadas e obradoiros. A xornada previa de hoxe serviu para quecer motores e recibir aos primeiros emprendedores como público de charlas e encontros en distintos espazos da cidade. A mañá comezou cun ‘Encontro Networking de Economía Social’ na Casa das Campás onde os emprendedores que traballan desde fórmulas como a cooperativa tiveron a oportunidade de manter charlas bis a bis con directivos de entidades como ABANCA ou os GRUPOS DE ACCIÓN LOCAL PESQUEIRA. Entre outras conclusións, lanzouse a demanda de que a administración pública aplique os criterios da economía social nas súas compras, convocatorias e concursos de servizos. Ademais presentouse un directorio de economía social que está sendo elaborado desde o Concello de Pontevedra.

Tamén pola mañá, AJE Pontevedra impartiu na súa sede un ‘Seminario de Marketing dixital e Social Media’; mentres que a Cámara de Comercio plantexou durante a tarde dúas propostas: por un lado casos de éxito impulsados desde a propia Cámara para fomentar e apoiar o emprendemento; e por outra as ‘Oportunidades de financiamento para Emprendedores en Europa’ a través do programa ‘Erasmus para Emprendedores’ que permite a mobilidade e o intercambio de coñecementos con empresarios experimentados en Europa. A Deputación de Pontevedra, pola súa parte, ofrece formación sobre posicionamento SEO a través do obradoiro ‘imos chamar á porta dos teus clientes’, que se celebrou na Aula CEMIT do seu edificio administrativo. A xornada finalizou cun encontro de ‘Familias Creativas’ organizado polo Equipo Sequoia, que mensualmente promove reunión entre persoas en busca de emprego, emprendedoras ou con empresas, coa finalidade de crear rede, compartir coñecementos e intercambiar experiencias para evolucionar en grupo.

 

Actividades para mañá venres
Entre as actividades programadas para mañá, ABANCA propón a sesión de formación exprés ‘Preparado para o investimento? O que debes saber de finanzas para montar a túa empresa’. O mentoring será unha das novidades do programa. A Fundación Ronsel presentará o sábado o Proxecto Youth Business Spain mentres a Asociación Española de Mentoring (AMCES) propón a conferencia “Mentoring como clave do éxito no emprendemento” seguida dunha mesa redonda arredor da importancia de contar cun acompañamento profesional no proceso do emprendemento.

O Laboratorio Creativo de fabricación dixital e impresión 3D presentará a solución impresa xenerada a partir do obradoiro ‘Fabricando Cidade’ que comezou o mércores. Dentro das actividades que se desenvolverán mañá neste espazo o obradoiro ‘Educación, Familia e Tecnoloxía e o taller de robótica Crea R cunha proposta de emprendemento para os maís novos. Ademais, no marco da reunión da comunidade WordPress en Pontevedra (‘Meetup’) vaise organizar a actividade Emprende con Wordpress con diferentes obradoiros para achegar WordPress a calquera que teña interese mostrando casos de xente emprendedora que explicarán como empregaron WordPress crear o seu negocio/proxecto.

 

O emprendemento no ensino
Unha das grandes apostas deste ano é establecer alianzas co ensino para levar ás aulas o espírito emnprendedor do PONT-UP e servir de escaparate para mostrar proxectos innovadores como Pontevan: FP na rúa, un aula de cociña móbil creada entre catro centros de ensino público de Pontevedra (CIFP Carlos Oroza, CIFP A Xunqueira, IES Frei Martín Sarmiento e IES Montecelo e conta tamén coa colaboración da Universidade de Vigo-Quantum Automotive- CimaLab). Os alumnos e alumnas proporán durante dous días unha oferta gastronómica con catro variedades de bocadillos de autor elaborados con produtos da horta do oroza e materias primas galegas de primeira calidade. Mañá venres ás 12:30 presentarán o proxecto na Facultade de Belas Artes apadriñados polo recoñecido foodtrucker Hermes Castro, toda unha isntitución no circuito profesional de comida saudable e gourmet coa súa foodtruck 'Hermes´Journey'.

 

Puntazo Exprés
A última hora da tarde (19-21) terá lugar no sexto edificio do Museo de Pontevedra, a actividade estrela da xornada: o Puntazo Exprés, onde 10 emprendementos terán a oportunidade de explicar en 5 minutos o seu emprendemento a 5 importantes empresas e entidades galegas. Entre os escoitantes desta edición estarán, entre outros, Juan Vázquez Gancedo Director Xeral de Bodegas Martín Códax e Presidente do Clúster Alimentario de Galicia; Begoña Ocampo, socia fundadora da cadea de restaurantes La Pepita Burguer Bar; Débora Franco de Vázquez de Monet Viticultura; Xavier Castaño, da consultora Internacional de Proxectos Tecnolóxicos, Igalia; e Isabel Rodríguez Blanquer, directora de operacións da empresa especializada en produtos culturais para a infancia, El Faro de los Tres Mundos.

 

 

Saúdos.
Comunicación | Marián Fernández | Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. | 650579208

 

LunSet18

Esta fin de semana o Pont-Up Store abre por primeira vez o seu espazo a iniciativas emprendedoras xurdidas no ámbito do ensino, co obxectivo de contribuír a espertar nos máis novos o espírito do emprendemento. O proxecto que abre esta liña de traballo é Pontevan, unha foodtruck de comida saudable ideada por alumnos de catro centros de FP de Pontevedra que presentará as súas propostas gastronómicas avalada polo recoñecido foodtrucker Hermes Castro, cociñeiro e propietario da prestixiosa foodtruck Hermes´Journey.

 

O proxecto PonteVan naceu do espíritu innovador de catro centros de ensino público de Pontevedra: CIFP Carlos Oroza, CIFP A Xunqueira, IES Frei Martín Sarmiento e IES Montecelo. Cada un deles fixo a súa aportación no ámbito da súa especialidade para levar a cabo esta proposta innovadora baseada fundamentalmente no concepto “learning by doing” (aprender facendo).

Un equipo multidisciplinar de 30 profesores e máis de 60 alumnos traballaron e traballan neste proxecto cuxo obxectivo é poñer un vehículo de comida na rúa. Realizouse o deseño integral dun vehículo que funcionará como aula móbil de cociña elaborando productos sans, naturais e que respecten cando sexa necesario alerxias e intolerancias alimentarias. Ofreceremos tamén un servizo de información a todos aqueles colexios e centros públicos que queiran participar da nosa proposta.

Neste proxecto colaboraron entidades públicas e privadas (Hedomin-Inelsa, FAGOR Industrial, CimaLab, Universidade de Vigo, Martínez Otero Contract SL e Galtex 2015), que ofreceron apoio técnico e asesoramento operativo, así como métodos de producción e medios que axudaron ao desenvolvemento das liñas básicas do proxecto. O CIFP A Xunqueira realizou a modificación integral a modo de “Food-truck” dun vehículo. O IES Montecelo realizou as labores de deseño exterior do vehículo e dos materias necesarios para o servizo de elaboracións (pratos, vasos, cartelería promocional,…). O CIFP Carlos Oroza e o IES Frei Martín Sarmiento traballaron en equipo para o estudio de elaboracións culinarias axeitadas a cada un dos casos concretos (actividades en colexios promocionando menús saúdables, oferta gastronómica específica para colectivos con algún tipo de alerxia ou intolerancia alimentaria, menús que fomenten os productos tradicionais da comarca,…).

PonteVan estará presente na carpa principal de Pont Up Store os días 22 e 23 de setembro. O principal obxectivo desta participación é promover o emprendemento dende o punto de vista da FP, tendo presente a filosofía do proxecto e o espíritu de asociación de centros educativos públicos e entidades públicas e privadas. O alumnado terá unha oportunidade de facer un exercicio real de emprendemento testando as respostas con clientela real, con produto real e cun balance custo/beneficio real a través dun servizo de comida na rúa.

Desde as 11 da mañá ata as 9 da noite do venres e do sábado, o alumnado do CIFP Carlos Oroza proporá unha oferta gastronómica variada na PonteVan, con catro variedades de bocadillos de autor, ideados polos alumnos e elaborados con produtos da horta do Oroza e materias primas galegas de primeira calidade. O venres 22 ás 12.30 da mañá, no salón de actos da Facultade de Belas Artes, realizarase unha exposición do proxecto aberta ao público en xeral (emprendedores, alumnado, profesorado doutros centros, interesados,…) onde participarán representantes dos centros educativos promotores de PonteVan, e un foodtracker recoñecido no circuito profesional de comida saudable e gourmet como é Hermes Castro, cociñeiro e propietario da food truck Hermes´Journey.

 

VÍDEO PONTEVAN: https://www.youtube.com/watch?v=S9OELmoOpvA 

 

Saúdos.
Comunicación | Marián Fernández | Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. | 650579208

 

MarSet19

Un taller permanentemente aberto para que toda a cidadanía poda experimentar coa fabricación dixital; debates sobre a función dos fab labs e os usos da impresión 3D; actividades educativas para familia e docentes; robótica para mocidade; e obradoiros para repensar as nosas cidades, son algunas das propostas que estarán dispoñibles desde mañá mércores ata o sábado en Pontevedra.

 

O Fab Lab do Pont-Up Store inicia mañá a súa programación desde unha nova ubicación. Nesta edición estará instalado moi perto da carpa central do evento, en concreto, nas Salas de Exposicións da Facultade de Belas Artes e da Escola de Restauración, propoñendo exposicións, demostracións e sesións de iniciación á fabricación dixital de forma continuada durante os tres días.

 

Un laboratorio creativo para repensar a cidade
A actividade empezará a bulir mañá mesmo cun obradoiro de creatividade e fabricación dixital organizado por FabSpace Coop e Xeneme Proxectos Sociais, que nos propoñen un título tan suxerente como FABRICANDO CIDADE: analizar os problemas dunha urbe, collendo como exemplo Pontevedra, intentar definir solución innovadoras, deseñalas, facer un prototipado e fabricar eses prototipos con cortadoras e impresoras 3D. O obradoiro celebrarase o mércores e o xoves de 17 a 20 horas. O proceso, os resultados e as pezas fabricadas formarán parte dunha exposición que poderá visitarse o venres.

 

Ven a crear e fabricar, é un convite para que todas as persoas que sintan curiosidade polo mundo da fabricación dixital teñan a oportunidade de experimentar e atreverse a facer a súa propia creación. Haberá demostracións de elementos de construcción xeodésica, un mural de caras, un puzzle de Pontevedra, e construcción de gafas de VR (Realidade Virtual). Este espazo, organizado por FabSpace Coop, é de libre acceso e estará funcionando venres e sábado de 11 a 14:30 e de 16 a 21 horas. A partir desta experimentación tamén se propón un espazo de debate: a mesa redonda FABRICAR NA ERA DIXITAL servirá para falar dos Fab Labs como espazos comunitarios e de participación cidadá e afondar sobre todas as aplicacións, solucións e alternativas que ofrece a fabricación dixital en sectores como o textil, a restauración, a alimentación e o sector naval. Será o venres en horario de 19 a 20:30.

 

O obradoiro ‘Educación, Familia e Tecnoloxía’ organizado polo Camp Tecnolóxico vai dirixido a docentes e familia, dous ámbitos da sociedade diferentes, pero unidos por un mesmo fin: a educación das nosas mozas e mozos. O obxectivo deste obradoiro é realizar unha actividade conxunta relacionada coa robótica, sen coñecementos previos nestas materias, para fomentar as vocacións cinetíficas e tecnolóxicas en idades temperás desde o ámbito docente e a familia. Celebrarase o venres de 16:30 a 20 horas e poden acudir familias, docentes de primaria, e estudantes de maxisterio ou pedagoxía que queiran achegarse ao mundo da programación con scratch.

 

A empresa de telefonía R involúcrase este ano por primeira vez no Pont-Up Store co taller de robótica Crea R, un proxecto de emprendemento dirixido aos maís novos e realizado en colaboración coa empresa Líbolis, que se presentou no pont-Up Store hai dous anos. Os participantes terán que solucionar un reto proposto dunha maneira creativa e en equipo. O reto consite en construír unha canastra cun contador electrónico que marque os tantos. O obradoiro ten unha parte de programación e outra de construción dun prototipo. Será o sábado en horario de mañá para nenas e nenos de 7-8 e 9-11, e pola tarde para a franxa de idade de 12 a 15.

 

Emprende con Wordpress
Dentro da programación dixital e tecnolóxica tamén hai que destacar o encontro organizado pola Asociación WordPress Pontevedra os días 21 e 23 con diferentes obradoiros e casos de éxito para facer un achegamento intensivo á ferramenta WordPress, o popular xestor de contidos dispoñible en galego e empregado por máis de 60 millóns de blogs. Esta sesión de meetup serviralle a WordPress Pontevedra como evento de presentación e tamén para recordarnos as múltiples razóns do éxito da plataforma. Participarán tres destacados membros da comunidade WordPress, amosando a súas experiencias e diferentes recursos para tirarlle o máximo proveito, tanto no eido comunicativo como no profesional e no empresarial. Trátase de Mauricio Gelve, referente na comunidade española de WordPress e co-organizador de WordCamp Madrid, ademais de relator e desenvolvedor; Ibon Azkoitia, outro destacado membro da comunidade nacional e internacional, organizador do WordCamp Bilbao; e para rematar Lúa Louro, deseñadora e desenvolvedora de WordPress que desde O Ézaro lanzou a súa carreira logo de estudar Belas artes en Pontevedra grazas a WordPress.

 

 

Saúdos.
Comunicación | Marián Fernández | Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. | 650579208

 

MerSet20

Terminamos o día presentando a La Boda De Nerea, unha revista do sector das bodas moi diferente. ¿Queredes coñecelas?

 

 

1. En primeiro lugar, como definiriades La Boda de Nerea?

 

La Boda de Nerea, para quien no nos conozca, es una revista 100% gallega especializada en la publicidad y en la difusión de empresas especializadas en el sector de las bodas y organizadores de eventos.

Tratamos de ser el nexo de unión, de conexión, entre las empresas y sus potenciales clientes, más particularmente, con los futuros novios, aunque es cierto que en un mercado tan globalizado y multidisciplinar como es este, también intentamos llegar a cualquier persona interesada en organizar un evento (bautizos, comuniones, despedidas de soltero, cenas de empresa, etc.).

 

 

2. Cómo xorde o proxecto?

 

Nosotros tuvimos alguna experiencia previa con diferentes empresas similares, pero eran siempre empresas de fuera de Galicia. Gracias a esa experiencia surgió la idea de traer aquí una revista de bodas, pero diferente, distinta a todas las demás, que no fuese la tradicional revista de bodas. Primero, porque creíamos que el mercado estaba muy saturado y copado, quizás no por revistas gallegas propiamente, pero sí por revistas muy potentes a nivel nacional e internacional; y segundo, porque nuestra motivación era otra. Nosotros queríamos conocer a nuestros clientes y también a los novios. No nos interesaba sacar una, dos o tres revistas al año y no preocuparnos de nada más. Queríamos vivir y sentir lo que viven y sienten los novios, y para eso teníamos que plantearnos el proyecto desde otra perspectiva.

  

3. Cal considerades que é a mellor é a peor parte do proceso de emprender?

 

La mejor, sin duda, superarte cada día, ver donde empezaste, ver donde estás y, sobre todo, ver hasta donde puedes llegar. Está claro que no es fácil y puede resultar frustrante, de hecho, puede incluso volverse contra ti mismo y pasar de ser lo mejor a lo peor, pero la sensación de ver como poco a poco vas cumpliendo tu objetivo y vas alcanzando tus metas, no tiene precio; y para ello es muy importante tener siempre muy presente donde estás y a donde quieres llegar, pero de manera humilde y con los pies bien puestos en la tierra, sino, es cuando pueden llegar las frustraciones y los fracasos… 

 

4. Cal é a situación actual da empresa?

 

Pues, somos muy conscientes de que estamos empezando, hace más o menos seis meses que sacamos nuestra primera revista y, la verdad, estamos muy ilusionados y contentos por el recibimiento que ha tenido.  Hemos repartido unos 10.000 ejemplares y ha habido mucha gente que nos pedía la revista por correo electrónico o por las redes sociales y hemos podido aumentar nuestra cartera de clientes. Creemos, sinceramente, que ha gustado mucho, pero está claro que esto acaba de empezar y que cualquier error puede dar al traste con todo el trabajo anterior. Ahora mismo estamos a punto de sacar nuestro segundo, esperamos que a mediados del mes octubre o inicios de noviembre pueda estar ya en la calle.

Estamos muy ilusionados y a la vez algo nerviosos porque queremos seguir por la línea anterior y que cada día guste más, creemos que este segundo número es mejor y más completo. Va a ser, como se suele decir, una prueba de fuego para saber en el lugar en el que realmente estamos para a partir de ahí, seguir trabajando con la misma ilusión que el primer día.

 

5. Que é o que fa único o voso producto?

 

Nosotros realizamos una distribución gratuita de los ejemplares, algo que ninguna revista gallega hace. Nuestro objetivo es que nuestra revista llegue a los novios y que nuestros clientes lleguen a ellos también, por eso, queremos dar las mayores facilidades posibles para que ambas partes se encuentren.

Además, nosotros ofrecemos a nuestros clientes un trato absolutamente personal y adaptado a sus preferencias o necesidades. Conocemos a absolutamente todos nuestros clientes y vamos personalmente a reunirnos con ellos. Ellos son los protagonistas y pueden, también, confeccionar su propia publicidad o realizar tantos cambios como consideren oportunos antes de la impresión de la revista.

  

6. Cales son os métodos de difusión principais da vosa marca? Utilizades as redes socias? De ser así, que aportan ao proxecto?

 

Sin duda, las redes sociales, son fundamentales. Estamos contentos porque en estos últimos meses nuestros perfiles de Facebook e Instagram han crecido mucho y hemos conseguido llegar a muchos más usuarios.

Realmente, a día de hoy, resulta muy complicado posicionarte en el mercado.

 

 

7. Como coñecestedes o Pont Up Store?

 

Por las redes sociales y también gracias a Silvia de “Bien Bonito” que nos contó un poco en qué consistía el evento y lo que se buscaba en él. nos pareció una gran idea, decidimos presentar la candidatura y aquí estamos.

  

8. Cales foron as razón que vos levaron a presentar una candidatura ao evento?

 

La principal, la de seguir aprendiendo. Poder aprender y compartir ideas con diferentes emprendedores y con empresarios de referencia. Resulta muy interesante conocer diferentes estrategias empresariales que puedan servirte de ayuda para seguir creciendo y, del mismo modo, compartir experiencias con otros empresarios.

También, por supuesto, para acercarnos a potenciales clientes y usuarios, a los que poder mostrarles nuestro trabajo.

 

 

9. Qué esperados obter do evento?

 

Una buena experiencia y una oportunidad, como decíamos, para seguir aprendiendo y creciendo.

 

 

10. Xa para terminar. Qué consello darías a todos eses novos emprendedores que como vos están comezando o proceso ou se están decidindo a emprender?

 

Es un poco osado que nosotros, que aún estamos en proceso de aprendizaje y de crecimiento, demos ningún consejo a nadie. Pero sí les diríamos a todos que luchen siempre por sus metas, que nunca se desanimen, que aunque el camino parezca muy largo, el ver como poco a poco van saliendo las cosas es muy gratificante y compensa, sobradamente, los malos momentos, que también los hay.

 

 MÁIS INFO?

WEB LA BODA DE NEREA

FACEBOOK LA BODA DE NEREA

MarSet19

Coñecedes a Fillos do Mar? Son unha marca de moda nacida nas Rías Baixas do máis orixinal. Queredes saber máis? Seguide lendo!

Camisetas Fillos do Mar

1. En primeiro lugar, como definiriades Fillos do Mar?


Para nos nun comezo foi o soño de plasmar en prendas a esencia do mar, tan presente nas vidas de toda persoa que pasou algún tempo preto del dende o noso punto de vista.

2. Que é o que fai especiais os vosos produtos? Cal é (ou son) o voso favorito?

Xogamos coa baza da diferenciación, tratando sempre de poder ofrecer uns deseños moi diferentes o que estamos acostumados a ver nos estantes das grandes cadeas do téxtil, da man dun servicio personalizado, directo e lixeiro.

O produto favorito é o deseño das ILLAS CÍES, o primeiro que lanzamos e o que aínda case dous anos despois sigue partindo diariamente a calquera punto do planeta.

 

3. Cal considerades que é a mellor e a peor parte do proceso de emprender?

 A mellor é a independencia que te entrega, tanto no plano horario, como creativo, etc., etc., o ser dono do traballo dun. O peor a falta de axudas que temos topado por parte dos organismos públicos tanto a hora de arrancar o proxecto como a hora de manter o traballo, xa sexa polas elevadas taxas mensuais de autónomos, ben pola inexistencia de subvencións, etc.

4. O eixo de venda dos vosos produtos é o ámbito online. Como é emprender neste ámbito? Contades tamén con algún punto de venta ou considerádelo para un futuro?

Si, nestes momentos estamos centrados no comercio online, logo de varias experiencias falidas o colaborar con diferentes puntos físicos de venda. Fixemos case un pouco o viaxe a inversa.

Topabamos con que esa “liberdade” da que falabamos fai uns intres, desaparecía, as tendas non comprendían a nosa situación e parecían pretender no maior dos casos obter mais beneficios polo simple feito de vender un produto fronte as nosas tarefas que cobren toda a tarefa produtiva. Chegamos a conclusión de que a nosa maneira de ver o negocio non casa co feito de dispor dun espazo nalgunha tenda física allea a propia marca.

5. Vemos que a vosa actividade en redes sociais é intensísima e que tedes unha comunidade moi activa. Que aportan tanto este medio como os vosos seguidores no desenvolvemento do voso proxecto?

Para o noso desenvolvemento as redes sociais xogaron un papel clave dende o primeiro momento, pois tiñamos claro que dende esas vías podiamos chegar a xente dun xeito como o faríamos cunhas campañas de publicidade que non nos podíamos custear. Axúdannos a ter un contacto directo cos clientes, a recibir constantemente novas recomendacións, críticas, etc.

6. Coma coñecéstedes o Pont Up Store?

A través dun compañeiro que cursa ADE no CUVI da Universidade de Vigo. A el debémoslle a nosa presenza nesta cita.

7. Cales foron as razóns que vos levaron a presentar unha candidatura ao evento?

Principalmente o feito de poder toparnos cara a cara coa xente que segue o noso traballo, poder dar a oportunidade de que se acerquen e poder saír do virtual para charlar de preto.

8. Que esperades obter do evento?

Nunca acudimos a estas citas con pretensións máis alá de seguir aprendendo tanto dos visitantes coma dos compañeiros emprendedores.

9. Xa para terminar. Que consello lles dariades a todos eses novos emprendedores que están comezando o proceso ou se están decidindo a emprender? 

Que sexan conscientes do que supón emprender, que midan moi ben a súa viabilidade e analicen as barreiras que van xurdir no camiño nun país no que tan pouco se axuda neste senso.

 

 

QUEREDES SABER MÁIS DE FILLOS DO MAR OU VER OS SEUS PRODUTOS?

WEB DE FILLOS DO MAR

FACEBOOK DE FILLOS DO MAR

INSTAGRAM DE FILLOS DO MAR

 

Atentos! que mañá comeza o evento e hoxe o blog está que bota fume!!

MarSet19

Xa non queda nada!! Presentamos a 7Varas, un novo emprendemento adicado a fabricación de biciletas cun material moi especial. Queredes saber máis? Seguide lendo!

Bicicleta Bambú

1. En primeiro lugar, como definirías 7Varas?

7varas consiste na mobilidade doblemente sostible, única e personalizable a través da fabricación de bicicletas de bambú.

  • Doblemente sostible porque se xa de por si os desplazamentos en bicicletas son un tipo de mobilidade sostible, o construilas con materiais naturais fai que este concepto cobre máis sentido.
  • Única, xa que non existen dúas cañas iguais e o proceso produtivo e totalmente artesanal e feito a man. Polo tanto non existe dúas bicicletas iguais.
  • E personalizables pola grande cantidade de modificacións que admiten, dende a cor ata a montaxe, pasando pola xeometría, adaptada a constitución de cada persoa.

 

2. Como xorde o proxecto? En que fase se atopa?

Montando en bici dende cativo, enxeñeiro mecánico e apaixoado da natureza... a pregunta e: Como non xurdiu antes?

Estamos no momento de desfrutar co que facemos, de andar nelas e de facer cousas diferentes. Agora mesmo temos dous pequenos proxectos moi interesantes que verán a luz en breves.

 

3. Que poderías contarnos das túas bicicletas? Por qué esta curiosa selección dos materiais?

O material bambú segue a ser, aínda a día de hoxe, un gran descoñecido en Europa a pesar das súas estupendas propiedades físicas. A súa lixeireza, a súa resistencia e a fantástica capacidade para absorver as vibracións fai que sexa un material idóneo para a construción de bicicletas.

 

4. Cal é o principal público das 7varas? Personalizades os vosos modelos de algún xeito?

O único denominador común que comparten aquelas persoas ás que pretendemos chegar son as ganas de dar pedal, ben sexa dun xeito deportivo, para os seus desprazamentos diarios ou mesmo para evadirse da realidade un par de horiñas despois de traballar.

O grado de personalización destas bicicletas é moi alto, dende o tipo de bici, a xeometría, a montaxe, ata a cor das unións, tipo de cañas ou mesmo o gravado do teu nome. Non hai duas iguais!

 

5. Coñecemos que tes carta de artesán. Que nos podes contar do proceso de fabricación das túas bicicletas?

Cada vez que ves sair unha bici pola porta do taller e coma se che marchara un fillo para a emigración, criáchela con todo o cariño dunha nai pero sabes que é necesario que se bote o mundo a vivir/buscarse a vida.

É un proceso totalmente artesanal dunhas 60 horas de duración que abrangue dende a definición da xeometría ata o tratamento de proteción final. Cada caña é escollida, cortada, biselada,lixada e ensamblada individualmente.

6. Cal consideras que é a mellor e a a peor parte do proceso de emprender?

Sen duda ningunha a mellor parte de calquera proxecto emprendedor e esa espiral de coñecemento caótico na que te ves envolto e que pouco a pouco vas asimilando. Esta aprendizaxe non se restrinxe ó eido empresarial senon que tamén é un bo entrenamento para camiñar con paso firme pola vida.

No polo oposto está a falta de apoio das institucións públicas, con programas de apoio a emprendedores, formación continua e asesoramento, e coa redución (ou mesmo exención) de todas esas taxas que te afogan cando estas comezando. En difinitiva, poñernos as cousas un pouco máis faciles!

 

7. Como coñeches o Pont Up Store e o Puntazo Exprés? 

Unha compañeira que participou na edición do ano anterior comentounos que sería un escaparate ideal para o noso proxecto.

 

8. Cales foron as razóns que te levaron a presentar unha candidatura ao evento? 

Xuntar nun mesmo fin de semana tantos proxectos emprendedores de tanta calidade e unha oportunidade estupenda para establecer relacións, asociarse ou colaborar os uns cos outros. E xa de paso, tomarlle unhas cañas polo casco vello de Pontevedra.

 

9. Que esperades obter do evento? 

Buscamos darnos a coñecer, que a xente poida ver, tocar e mesmo montar nunha 7varas e desfrutar coas caras se asombro que se lles queda a moitos deles. Tamén intentaremos sair da Pont-Up, se os astros se alinean, con algunha relación/colaboración co resto de emprendedores.

 

10. Que consello lle darías a todos eses novos emprendedores que coma ti están comezando o proceso ou se están decidindo a emprender?

Que o camiño do emprendedor, na maior parte dos casos, non e un camiño sinxelo, está cheo de altos e baixos, pero que se estás convencido do que fas tes a metade andado.

 

 

QUEREDES SABER MÁIS SOBRE 7VARAS?

FACEBOOK 7VARAS

MarSet12
Queda pouco máis dunha semana para o Pont Up Store 2017 e seguimos presentando emprendedores!
 
Hoxe falamos con Dopra, firma de complementos para muller. Queredes saber que é o que fai as súas pezas especiais e como chegaron ao Pont Up Store? Seguide lendo!
 
 
 
 1.  En primeiro  lugar,  como  definiriades  Dopra?
Dopra é unha firma de complementos que pretende ofrecer pezas exclusivas e personalizadas  a todas as Mulleres que así o desexen.
 2.  Como  xorde  o  proxecto?
Xorde en 2015 tras rematar os meus estudios de Educación Social e decidir apostar por este camiño.
 3.  Que  consideras  que  fai  diferentes  e  únicos  aos  teus  produtos?  Cal  dirías  que  é (ou  son)  o  máis  especial?  
Pois o poder demandar pezas personalizadas para un vestiario ou ocasión en concreto. Os máis especiais son os collares.
4..  Cales  son  os  principais  produtos  que  comercializades?  Que  é  o  que  os  fai únicos? 
Collares, tocados, cinturons...
 
5.  Eres  unha  emprendedora  moi  nova.  Cal  consideras  que  é  a  mellor  e  a  a  peor parte  do  proceso  de  emprender  e  comezar  coa  difusión  de  novos  produtos?   
A mellor parte é que te encontrás con moitas ganas e curiosidade de aprender cousas novas e a parte mais negativa e que te atopa con pocas axudas sobre todo económicas ( subvencións etc) para levar a cabo o proxecto.
 6.  Cales  son  os  métodos  de  difusión  principais  da  túa  marca?  Utilizas  as  redes sociais?  De  ser  así,  ¿qué  aportan  ao  proxecto? 
Os métodos que emprego son  as redes sociales, mail marketing e tienda online ( www.dopra.es) aportando información sobre novidades, ofertas e promocions etc.
7.  Cómo  coñeceches  o  Pont  Up  Store?   
Pola Universidade de Vigo.
8.  Cales  foron  as  razóns  que  te  levaron  a  presentar  unha  candidatura  ao  evento?  
A posibilidade de visibilizar nunha cidade nova os meus productos.
 9.  Qué  esperas  obtener  do  evento? 
Difusión da marca, ventas e redes de contactos con outros profesionais. 
 10.  Xa  para  terminar.  Qué  consello  lles  darías  a  todos  eses  novos  emprendedores  que coma  ti  están  comezando  o  proceso  ou  se  están  decidindo  a  emprender?   
É un proceso complicado e duro pero cando se empezan a ver logros e obxectivos cumplidos é moi gratificante personalmente.
DomSet10

Xa non queda nada para o PontUpStore2017 e seguimos presentando aos emprendedores participantes.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Hoxe presentámosbos a Mi Madre no me deja, un proxecto creativo que usa diferentes materiais para plasmar as súas ideas. Queredes coñecelas? Seguide lendo!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

-

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

.

 

 

 

 

 

 

 

1. En primeiro lugar, como definiriades Mi Madre No Me Deja?

Mi madre no me deja é un proxecto creativo, posto en marcha por dúas persoas creativas cun soño común: poder traballar naquelo que máis nos gusta e para o que nos temos formado.

A nosa motivación é aproximar a arte á vida cotiá a través de obxectos de uso diario, como cerámica, textil e papel.

Vimos de diferentes ramas das Belas Artes, pintura e escultura, pero ademáis temos formación noutros ámbitos do mundo artístico e artesán como serigrafía, restauración, cerámica e ilustración.

2. Cómo xorde o proxecto?

O proxecto nace cando estabamos a estudiar serigrafía atística. Dímonos conta de que con esta técnica podíamos trasladar os nosos deseños a distintos soportes, interesándonos sobre todo a cerámica, o textil e o papel.

3. Contádesnos que o voso proxecto comenza en 2015. Cal considerades que é a mellor e a a peor parte do proceso de emprender?

Como persoas creativas,a mellor parte, sen dúbida, é a liberdade, poder crear e adaptar os deseños ao soporte sobre o que o imos a reproducir. Crear libremente e traballar en equipo, enriquecer os deseños complementando nosas visións, iso fainos felices.

As peores partes do proceso de emprender son as horas que lle dedicamos e a gran responsabilidade que supoñen as decisións que tomamos. As horas extras son o pan de cada día e sempre estamos pensando e dándolle voltas a temas relacionadas coa empresa. A lista de tarefas nunca remata.

A responsabilidade ás veces non te deixa durmir. Tomar decisións en favor da empresa é complicado, hai que valorar moitos elementos e buscar a información é difícil.

 

4. Cal é a situación actual da empresa?

Como nova empresa seguimos intentando dar a coñecer o noso proxecto e as nosas creacións.

Isto lévanos a buscar eventos que nos sirvan de plataforma para darnos a coñecer. Participamos en markets, pop-ups e feiras principalmente. E agora estamos a traballar na nosa tenda online que estará lista en setembro.

 

5. Que é o fai únicos ós vosos produtos? Cales son as vosas pezas favoritas ou máis especiais?

Tentamos que os nosos produtos sexan únicos e por iso facémolos artesanalmente. Ese é o noso selo, todos son distintos.

As nosas pezas favoritas son as vaixelas que facemos por encargo, personalizámolas a petición de cada cliente, iso gústanos moito e os clientes tamén o agradecen .
E lanzamos unha colección de xoiaría en porcelana que ten moi boa acollida.
 
cerámica diseño

6. Cales son os métodos de difusión principais da vosa marca? Utilizades as redes sociais? De ser así, ¿qué aportan ao proxecto?

Hai uns meses inauguramos a nosa nova tenda-taller, acudiu moita xente que non coñecía o noso proxecto e fíxose eco a prensa local.
O boca a boca tamén nos funciona moi ben sobre todo para darnos a coñecer a nivel local.
A vantaxe das redes sociais é que nos permite chegar ao público nacional e mesmo internacional e sérvenos de feedback para coñecer a acollida dos nosos novos deseños nos clientes potenciais.

7. Cómo coñecestedes o Pont Up Store?

Pois participando nunha das edicións de Sétima Feira en Pontevedra unha persoa relacionada co Pont Up Store animounos a participar. Porque a nosa proposta creativa encaixaba ben no concepto de emprendemento e creatividade do Pont Up Store. Empezamos a seguir o voso facebook e aquí estamos.

8. Cales foron as razóns que vos levaron a presentar unha candidatura ao evento?

Unha das razóns foi a de saber se a nosa proposta estaría á altura de semellante iniciativa. Alegrámonos moito ao saber que nos seleccionaban.

Outra das razóns foi a de darnos a coñecer. E sobre todo poder compartir a experiencia con outros emprendedores con propostas diferentes.

 9.Que esperades obter do evento?
 Unha das expectativas que temos é que o noso proxecto teña máis visibilidade. E tamén coñecer e compartir ideas e estratexias cos nosos compañeiros emprendedores.

10. Xa para terminar. Qué consello darías a todos eses novos emprendedores que como vos están comezando o proceso ou se están decidindo a emprender?

Que se armen de valor. Porque é unha decisión importante que che afecta persoalmente e inflúe en aspectos importantes da túa vida. Poñer en marcha un proxecto desde cero é emocionante pero duro.
 
 
 
QUEREDES SABER MÁIS?
 
 
 
 
 
 
Acompañadenos estas semanas que non queda nada!!
Páxina 1 de 5
Go to top