Blog

MarSet19

Coñecedes a Fillos do Mar? Son unha marca de moda nacida nas Rías Baixas do máis orixinal. Queredes saber máis? Seguide lendo!

Camisetas Fillos do Mar

1. En primeiro lugar, como definiriades Fillos do Mar?


Para nos nun comezo foi o soño de plasmar en prendas a esencia do mar, tan presente nas vidas de toda persoa que pasou algún tempo preto del dende o noso punto de vista.

2. Que é o que fai especiais os vosos produtos? Cal é (ou son) o voso favorito?

Xogamos coa baza da diferenciación, tratando sempre de poder ofrecer uns deseños moi diferentes o que estamos acostumados a ver nos estantes das grandes cadeas do téxtil, da man dun servicio personalizado, directo e lixeiro.

O produto favorito é o deseño das ILLAS CÍES, o primeiro que lanzamos e o que aínda case dous anos despois sigue partindo diariamente a calquera punto do planeta.

 

3. Cal considerades que é a mellor e a peor parte do proceso de emprender?

 A mellor é a independencia que te entrega, tanto no plano horario, como creativo, etc., etc., o ser dono do traballo dun. O peor a falta de axudas que temos topado por parte dos organismos públicos tanto a hora de arrancar o proxecto como a hora de manter o traballo, xa sexa polas elevadas taxas mensuais de autónomos, ben pola inexistencia de subvencións, etc.

4. O eixo de venda dos vosos produtos é o ámbito online. Como é emprender neste ámbito? Contades tamén con algún punto de venta ou considerádelo para un futuro?

Si, nestes momentos estamos centrados no comercio online, logo de varias experiencias falidas o colaborar con diferentes puntos físicos de venda. Fixemos case un pouco o viaxe a inversa.

Topabamos con que esa “liberdade” da que falabamos fai uns intres, desaparecía, as tendas non comprendían a nosa situación e parecían pretender no maior dos casos obter mais beneficios polo simple feito de vender un produto fronte as nosas tarefas que cobren toda a tarefa produtiva. Chegamos a conclusión de que a nosa maneira de ver o negocio non casa co feito de dispor dun espazo nalgunha tenda física allea a propia marca.

5. Vemos que a vosa actividade en redes sociais é intensísima e que tedes unha comunidade moi activa. Que aportan tanto este medio como os vosos seguidores no desenvolvemento do voso proxecto?

Para o noso desenvolvemento as redes sociais xogaron un papel clave dende o primeiro momento, pois tiñamos claro que dende esas vías podiamos chegar a xente dun xeito como o faríamos cunhas campañas de publicidade que non nos podíamos custear. Axúdannos a ter un contacto directo cos clientes, a recibir constantemente novas recomendacións, críticas, etc.

6. Coma coñecéstedes o Pont Up Store?

A través dun compañeiro que cursa ADE no CUVI da Universidade de Vigo. A el debémoslle a nosa presenza nesta cita.

7. Cales foron as razóns que vos levaron a presentar unha candidatura ao evento?

Principalmente o feito de poder toparnos cara a cara coa xente que segue o noso traballo, poder dar a oportunidade de que se acerquen e poder saír do virtual para charlar de preto.

8. Que esperades obter do evento?

Nunca acudimos a estas citas con pretensións máis alá de seguir aprendendo tanto dos visitantes coma dos compañeiros emprendedores.

9. Xa para terminar. Que consello lles dariades a todos eses novos emprendedores que están comezando o proceso ou se están decidindo a emprender? 

Que sexan conscientes do que supón emprender, que midan moi ben a súa viabilidade e analicen as barreiras que van xurdir no camiño nun país no que tan pouco se axuda neste senso.

 

 

QUEREDES SABER MÁIS DE FILLOS DO MAR OU VER OS SEUS PRODUTOS?

WEB DE FILLOS DO MAR

FACEBOOK DE FILLOS DO MAR

INSTAGRAM DE FILLOS DO MAR

 

Atentos! que mañá comeza o evento e hoxe o blog está que bota fume!!

XovSet07

Máis de 40 empresas van presentar os seus modelos de negocio nesta cuarta edición do Pont-Up Store, que se consolida como o principal evento de emprendemento en Galicia. As novas tecnoloxías e as enxeñerías volven achegar as propostas máis impactantes, seguidas por ideas moi innovadoras procedentes dos sectores da alimentación, a formación, a arte, a cultura e o deseño. No programa deste ano destacan as actividades relacionadas coa economía social, o fomento do emprendemento na escola, e a importancia do mentoring na primeira fase dun proxecto. Un Laboratorio Creativo aberto a toda a cidadanía permitirá a toda a familia achegarse á robótica e á fabricaión dixital; e o Puntazo Exprés volverá converterse nunha lanzadeira de proxectos propiciando encontros produtivos entre grandes empresas galegas e os emprendementos máis destacados desta edición.

 

A programación do PONT-UP STORE 2017 foi presentada esta mañá, na sala de prensa do Concello de Pontevedra, polo director do encontro, Pedro Figueroa; a concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías; o responsable de Economía da Deputación de Pontevedra, Carlos López Font; e o vicerreitor do Campus de Pontevedra, Juan Manuel Corbacho, que vencellou este encontro á ‘liña de traballo que se está a seguir desde o Campus CREA para apoiar iniciativas creativas na cidade, conseguindo que cada vez o alumnado emprenda máis’. A concelleira Anabel Gulías destacou que “o Pont-Up Store está transformando a Pontevedra nunha cidade innovadora capaz de acoller os emprendementos mais punteiros de Galicia”. Pola súa parte, Carlos López Font, asegurou que en Galicia hai moito talento e este é un espazo de visibilización perfecto para testar novas ideas. A continuación, Pedro Figueroa debullou o programa, integrado por case 40 actividades enfocadas ao desenvolvemento da cultura emprendedora. Figueroa destacou o “só puidemos atender o 30% das solicitudes que nos chegaron e para a miña sorpresa o 33% dos proxectos proceden do rural e das vilas, e iso significa que podemos crer no futuro do noso país”.

 

Nesta edición a actividade volverá concentrarse en tres días: unha xornada previa o xoves 21 con charlas e encontros en distintos espazos da cidade; e dúas xornadas mais centradas na carpa que estará instalada na Praza de España o venres 23 e o sábado 24 de setembro, onde ademais de coñecer os 37 proxectos emprendedores seleccionados para ocupar os stands, o público poderá participar nas actividades de dinamización propostas polos emprendedores.
O escaparate de emprendementos de PONTÚP STORE 2017 vai ser diverso, innovador, moi creativo e tamén sostible, cunha alta porcentaxe de propostas que buscan mellorar a vida das persoas desde distintos ámbitos. Hai empresas como 7VARAS, que se dedican a facer bicicletas de bambú; outras como PAUS, que venden packs de pegatinas especiais para tapar as cámaras dos nosos dispositivos móbiles e protexernos dos ciberataques; e propostas para facilitarnos a vida como a app ‘Care your Car’ de DEGALTEC, que nos permite xestionar o montemento do noso vehículo desde o noso Smartphone; ou a plataforma SEND2ME de caixas de correo electrónicas que nos premiten recibir as nosas compras online aínda que non esteamos na casa. Tamén participará a empresa galega START-T-CASE, que vende a todo o mundo e que está revolucionando o mundo dos dispositivos móbiles con carcasas que ademais de recargar os nosos teléfonos aproveitando a luz solar ou a luz artificial son ao mesmo tempo fundas protectoras e poden pasar carga a outros dispositivos cun sinxelo conector. Ademais, Pont-Up Store reserva sempre parte do seu espazo a iniciativas empresariais que operan dentro da economía social. Nesta ocasión unha das presenzas máis destacadas é a da marca BICO DE XEADO, coa que a cooperativa Granxa O Cancelo foi capaz de transformar un problema como o da cota leiteira nun éxito de mercado ao empregar o excedente de leite na elaboración de xeados cremosos artesanais de alto valor engadido.

 

Algunhas destas empresas ofrecerán tamén un programa de actividades de dinamización no espazo central da carpa con propostas como unha innovadora sesión de bionetworking organizada por BIOFUSIÓNATE na que se emprengará a intuición e o xogo para obter información útil na nosa empresa; unha cata de cervexas artesá da marca MEIGA; un obradoiro de KIARE INNOVARTE FLORAL no que aprender a arte floral dos kokedamas; un achegamento en familia ao mundo do álbum ilustrado empregando as nosas vivencias persoais proposto por PLANO PEMENTA; e laboratorios dinámicos de creación cultural e artística de economía social cos que a REDE EUSUMO quere promover a arte a a cultura entre os nenos e nenas desde a perspectiva da economía social, unha abordaxe que tamén estará presente no Encontro Networking da Economía Social organizado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

 

Actividades en toda a cidade
Na programación destacan as propostas e a implicación de case 40 organizacións involucradas con actividades plantexadas en 12 localizacións diferentes da cidade e arredor de 100 expertos impartindo conferencias, xornadas e obradoiros. A Deputación de Pontevedra ofrecerá un obradoiro práctico para axudar ás persoas emprendedoras a posicionar o seu proxecto baixo a proposta ’Imos chamar á prota dos teus clientes: Posicionamento SEO’. Pola súa parte, ABANCA propón a sesión de formación exprés ‘Preparado para o investimento? O que debes saber de finanzas para montar a túa empresa’. As Cámaras de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa presentarán os seus viveiros para persoas emprendedoras e unha serie de casos de éxito nas que teñen actuado como mentores.

Precisamente o mentoring será unha das novidades do programa. A Fundación Ronsel presentará o sábado o Proxecto Youth Business Spain mentres a Asociación Española de Mentoring (AMCES) propón a conferencia “Mentoring como clave do éxito no emprendemento” seguida dunha mesa redonda arredor da importancia de contar cun acompañamento profesional no proceso do emprendemento.

 

Un laboratorio creativo para repensar a cidade
O noso Laboratorio Creativo de fabricación dixital e impresión 3D amplía espazo, programación e alianzas. Será o primeiro en comezar a funcionar, desde o mércores 20, e estará ubicado nas Salas de Exposicións da Facultade de Belas Artes e da Escola de Restauración propoñendo exposicións, demostracións e sesións de iniciación á fabricación dixital de forma continuada durante os tres días. Dentro das actividades que se desenvolverán neste espazo destacan tres obradoiros: ‘Educación, Familia e Tecnoloxía’; “Pensando a túa cidade” orientado ao urbanismo; e o taller de robótica Crea R no que Líboli, un proxecto empresarial que se presentou hai dous anos no pont-Up Store, logrou implicar á empresa de telefonía R nun proxecto de emprendemento para os maís novos. Ademais, no marco da reunión da comunidade WordPress en Pontevedra (‘Meetup’) vaise organizar a actividade Emprende con Wordpress con diferentes obradoiros para achegar WordPress a calquera que teña interese mostrando casos de xente emprendedora que nos ensinarán como empregaron WordPress crear o seu negocio/proxecto.

 

O emprendemento no ensino
Unha das grandes apostas deste ano é establecer alianzas co ensino para levar ás aulas o espírito emnprendedor do PONT-UP e servir de escaparate para mostrar proxectos innovadores como Pontevan: FP na rúa, un aula de cociña móbil creada entre catro centros de ensino público de Pontevedra. (CIFP Carlos Oroza, CIFP A Xunqueira, IES Frei Martín Sarmiento e IES Montecelo e conta tamén coa colaboración da Universidade de Vigo-Quantum Automotive- CimaLab) que vai achegar a Formación Profesional á rúa e mostrar un proxecto co que o alumnado aprende a innovar, neste caso renovando o concepto de FoodTruck cun vehículo de comida san e de calidade. E seguindo coa idea de inculcar o espírito emprendedor desde idades moi temperás, o sábado está programada a segunda edición da Xincana Bike orientada a desenvolver a iniciativa, o traballo en equipo e a cooperación entre nenas e nenos ata 14 anos. A proba divídese en 5 zonas cada unha cunha temática marcada e relacionada coa filosofía de emprendemento do Pont-Up Store.

 

Puntazo Exprés
Por último, 10 emprendementos participarán no Puntazo Exprés no que terán a oportunidade de explicar en 5 minutos o seu emprendemento a 5 importantes empresas e entidades galegas. Entre os escoitantes desta edición estarán, entre outros, Juan Vázquez Gancedo Director Xeral de Bodegas Martín Códax e Presidente do Clúster Alimentario de Galicia; Begoña Ocampo, socia fundadora da cadea de restaurantes La Pepita Burguer Bar; Débora Franco de Vázquez de Monet Viticultura; Xavier Castaño, da consultora Internacional de Proxectos Tecnolóxicos, Igalia; e Isabel Rodríguez Blanquer, directora de operacións da empresa especializada en produtos culturais para a infancia, El Faro de los Tres Mundos.

 

Saúdos.
Comunicación | Marián Fernández | Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. | 650579208

 

MerAgo02

Dende a Organización do Pont Up Store 2017 queremos facer pública a listaxe completa de participantes nas 3 modalidades de participación - Stand, actividades de dinamización e Puntazo Exprés-.

Queremos expresar unha vez máis o noso agradecemento a todas os proxectos emprendedores que presentaron a súa candidatura pola gran acollida que tivo esta edición así como felicitalos pola gran calidade dos seus proxectos

Modalidade Stand




1

Información e Organización

www.pontupstore.com

21

Mi madre no me deja
Estampaxe sobre téxtil, porcelana e sobre todo o que se che ocorra.
www.mimadrenomedeja.com

2

Pontevedra ten un Puntazo 
Inciativa do Concello de Pontevedra desde as concellerías de Promoción económica e Cultura, para crear un punto de encontro da industria creativa, cultural e de innovación na cidade.
http://promocion.pontevedra.gal/filosofia/

22

Certivedra Rehabilitacion C.B.
Empresa que atende as necesidades de mellorar a envolvente térmica das vivendas, aumentando o confort interior e o aforro enerxético.
www.certivedra.es

3

Stand institucional - Patrocinadores

23

7varas
Bicicletas de bambú feitas a man
www.7varas.com

4

Dopra Complementos de moda
Deseño de complementos de moda
www.dopra.es

24

Coco y Lobo
Cousas bonitas para bebés, nais e pais
www.cocoylobo.com

5

Casa da avoa
Outro concepto de embuchados
facebook.com/casadaavoa

25

Kiare Innovarte Floral
Arte floral. Kokedamas
http://kiareinnovartefloral.blogspot.com.es/

6

CONSERVAS SOTAVENTO
Conservas Artesás
www.conservassotavento.com

26

La Boda de Nerea
Revista galega especializada na publicidade e difusión de empresas do sector nupcial
www.labodadenerea.es

7

Volta Montana
Axencia de turismo activo que desenvolve accións relacionadas coa cultura e coa natureza
www.voltamontana.com

27

The Community
Nova forma de comunicar, de poñer en contacto a empresas e comunidades específicas, como a comunidade nova
https://thecommunityspain.com/

8

Lastareixas
Exclusivos e erixinais complementos soñados, deseñados e realizados a man en Galicia
www.facebook.com/lastareixas

28

Bioorganización Consultoría Sistémica.
Consultoría persoal e organizacional con enfoque sistémico integrado con Bioneuroemoción.
www.alejandrofeijoo.es

Biofusiónate

Servizo de consultoría e formación de agronomía holística e crecemento persoal.
www.biofusionate.com

9

Dos Tipos Guapos
Axencia de Publicidade, Comunicación e Marketing Online
www.dostiposguapos.es

29

Comprar en Galicia
Localizador online de tendas, marcas e produtos
https://www.comprarengalicia.es

10

Degaltec Solutions
Desenvolvemento de software e hardware a medida
www.degaltec.com

30

TERRAS DA MARIÑA, S.COOP.GALEGA
Cooperativa de produtores de Lourenzá para a comercialización conxunta da faba
www.terrasdamarina.es

11

Plano Pementa
Espazo creativo e educación artística
www.planopementa.com

31

Degerónimo
Marca de deseño independente que nace co fin de deseñar e crear pezas naturais que transmitan o amor polas cousas feitas a man
http://degeronimo.com

12

MARTINA DADÁ
Deseño e promoción de actividades e eventos socioculturais de carácter artístico
www.martinadada.gal

32

Arobe Cerámica
Workshop de artesanía cerámica
arobeceramica.blogspot.com

13

SomosOcéano
Prendas de sabor mariñeiro e sentido do norte
http://www.somosoceano.com

33

Paus
Protexe a túa intimidade de forma creativa nos teus dispositivos dixitais
www.paus.lol

14

Cervexas MEIGA
Cervexa artesá
http://meiga.gal

34

Send2me Last Mile S.L.
A nova plataforma de caixas de correos electrónicas que che permite recibir as túas compras aínda que non esteas na casa
www.send2me.es

15

Woodding Hand Made Doll Atelier
Bonequiños personalizados de trapo para agasallos moi especiais
http://woodding.wixsite.com/woodding

35

PRECOALVI, S.L.
Elaboración de croquetas de calidade gourmet
www.croketasd.com

16

Funámbulos psicoterapia y apoyo escolar
Un espazo aberto á comunicación, o benestar, o equilibrio emocional e a autonomía do individuo. 
www.funambulos.com

36

FILLOS DO MAR
Marca de roupa independente creada á beira das Rías Baixas.
https://fillosdomar.com/

17

TERCEIRA PEL_da casa á ecoloxía
Solucións e asesoramento  en materia de construción ecolóxica adaptada a Galicia

37

PONTEVAN: FP NA RÚA
Aula de cociña móbil: a Formación Profesional na rúa, aprendendo a innovar 
innovaoroza.edublogs.org

18

Besherpa
Plataforma web para ofrecer e contratar plans de aventura e turismo avtivo locais e ecolóxicos
https://www.besherpa.com/

38

BICO DE XEADO
Cooperativa de xeados cremosos de elaboración artesanal
http://www.bicodexeado.es

19

Star-T Case World
Soluciones innovadoras no mundo da tecnoloxía móbil
www.star-tcase.com 

39

Neukos
Robótica
http://shop.neukos.com/es/

20

Casal de Creación
Enmarción creativa de antigüidades e a nivel conservación
http://casaldecreacion.com

40

Fabspace Coop
Cooperativa sen ánimo de lucro enfocada ao fomento de novas tecnoloxías e na loita contra a fenda dixital. Tanto para profesionais como para estudantes e entusiastas
www.fablabvigo.org


Programación de actividades:

 
 
Puntazo Exprés
 

ANAQUIÑOS DE PAPEL

Creatividade e deseño en papel

http://anaquinosdepapel.com

LA BODA DE NEREA

Revista galega especializada na publicidade e difusión de empresas do sector nupcial

www.labodadenerea.es

BESHERPA

Plataforma web para ofrecer e contratar plans de aventura e turismo avtivo locais e ecolóxicos

https://www.besherpa.com/

PRET A POP

Plataforma online que conecta a emprendedores de marcas emerxentes en arte, decoración e moda cos seus clientes potenciais dándolles maior visibilidade e impacto online.

www.pretapop.com

7 VARAS

Bicicletas de bambú feitas a man

www.7varas.com

oSIGRIs

Software/app móvil para la gestión de parcelas agrícolas y control de personal, pretendemos cambiar el actual cuaderno de campo por una app móvil con GPS.

PLANO PEMENTA

Espazo creativo e educación artística

www.planopementa.com

STAR-T CASE

Soluciones innovadoras no mundo da tecnoloxía móbil

www.star-tcase.com - www.carcasasolar.com

CERVEXAS MEIGA

Cervexa artesá

http://meiga.gal

LA FÁBRICA. COMIDA RÁPIDA, SANA Y BARATA

Comida Rápida, Sana y Barata... La comida como en casa.

https://www.facebook.com/lafabrica.milladoiro/

MerXul26

A organización seleccionou máis de 40 emprendementos entre un total de 123 solicitudes, que nesta edición medraron significativamente en calidade e potencial de desenvolvemento, e amosan un mapa galego de emprendemento máis equilibrado entre as cidades e o rural. As novas tecnoloxías e as enxeñerías volven achegar as propostas máis impactantes, seguidas por modelos de negocio e ideas moi innovadoras procedentes dos sectores da alimentación, a formación, a arte e a cultura, o deseño de moda, complementos e decoración. No encontro participará a empresa galega START-T-CASE que vende a todo o mundo a súa revolucionaria carcasa solar, capaz de recargar no noso teléfono móvil aproveitando a luz solar ou a luz artificial servindo ao mesmo tempo como funda protectora, e coa posibilidade de traspasar a carga a outros dispositivos a través dun sinxelo conector.

 

O PONT-UP STORE chegará en outono a Pontevedra por cuarto ano consecutivo, consolidado xa como o evento de referencia do novo emprendemento en Galicia. Despois dun intenso proceso de selección, no que se partía dun total de 123 solicitudes de participación recibidas, escolléronse os 41 emprendementos mellor cualificados para ter presenza no programa. Destes 41 emprendedores, 33 contarán cun stand gratuíto para mostrar os seus productos, ideas e servizos, e 5 terán tamén a oportunidade de participar no programa de actividades de dinamización desenvolvendo propostas tan interesantes como unha innovadora sesión de networking emprengando a intuición e o xogo para obter información útil na nosa empresa; unha cata de cervexa artesá; un obradoiro no que aprender a arte floral dos kokedamas; unha sesión de contacontos para promover a arte a a cultura entre a cidadanía; e un achegamento en familia ao mundo do álbum ilustrado empregando as nosas vivencias persoais.

 

Por último, 10 emprendementos participarán no Puntazo Exprés no que terán a oportunidade de explicar en 5 minutos o seu emprendemento a 5 importantes empresas e entidades galegas. Entre os escoitantes desta edición estarán, entre outros, Juan Vázquez Gancedo Director Xeral de Bodegas Martín Códax e Presidente do Clúster Alimentario de Galicia; Begoña Ocampo, socia fundadora da cadea de restaurantes La Pepita Burguer Bar; Débora Franco de Vázquez de Monet Viticultura; Xavier Castaño, da consultora Internacional de Proxectos Tecnolóxicos, Igalia; e Isabel Rodríguez Blanquer, directora de operacións da empresa especializada en produtos culturais para a infancia, El Faro de los Tres Mundos.

 

O director do Pont-Up Store, Pedro Figueroa, explica que “nesta edición constatouse un importante incremento na calidade dos emprendementos que presentaron candidatura, tanto no seu carácter innovador como no potencial de desenvolvemento”. En canto á procedencia das candidaturas, Figueroa afirma que “o Pont-Up Store consolídase como o referente do novo emprendemento en Galicia cun 50% das solicitudes procedentes de fora da provincia de Pontevedra. Ademais –engadiu- é relevante que preto do 35% das candidaturas procedan de fora das sete grandes cidades galegas, o que é indicativo da boa saúde das dinámicas emprendedoras nas vilas e no rural galego”. O director do Pont-Up tamén destacou que os sectores dos que proceden os emprendementos máis destacados son as novas tecnoloxías e as enxeñarías con apostas moi valentes e innovadoras tamén no ámbito da alimentación; a formación; a arte e a cultura; e especialmente o deseño, moda, complementos e decoración. Pedro Figueroa lamentou non poder acoller a máis emprendementos e explicou que “tras unha selección que, como recollen os obxectivos, procura o maior equilibrio posible entre os diferentes sectores e actividades, houbo proxectos de gran calidade que non puideron ser seleccionados finalmente debido ao límite de prazas dispoñibles”.

 

Todos os proxectos escollidos son novos emprendementos con menos de 3,5 anos (42 meses) dende a creación da empresa. Participar é de balde, pero os emprendedores seleccionados tiveron que superar un proceso de selección no que se aplicaron criterios de valoración sobre o grao de creatividade, innovación, potencial de crecemento e impacto económico e/ou social, que garantan a diversidade de participantes en canto produtos/servizos, sector de actividade, forma xurídica da empresa e procedencia xeográfica dos proxectos presentados.

Entre os escollidos hai empresas como 7VARAS, que se dedican a facer bicicletas de bambú; outras como PAUS, que venden packs de pegatinas especiais para tapar as cámaras dos nosos dispositivos móbiles e protexernos dos ciberataques; e propostas para facilitarnos a vida como a app ‘Care your Car’ de DEGALTEC, que nos permite xestionar o montemento do noso vehículo desde o noso Smartphone; ou a plataforma SEND2ME de caixas de correo electrónicas que nos premiten recibir as nosas compras online aínda que non esteamos na casa. Tamén participará a empresa galega START-T-CASE, que vende a todo o mundo e que está revolucionando o mundo dos dispositivos móbiles con carcasas que ademais de recargar os nosos teléfonos aproveitando a luz solar ou a luz artificial son ao mesmo tempo fundas protectoras e poden pasar carga a outros dispositivos cun sinxelo conector. Ademais, Pont-Up Store reserva sempre parte do seu espazo a iniciativas empresariais que operan dentro da economía social. Nesta ocasión unha das presenzas máis destacadas é a da marca Bico de Xeado, coa que a cooperativa Granxa O Cancelo foi capaz de transformar un problema como o da cota leiteira nun éxito de mercado ao empregar o excedente de leite na elaboración de xeados cremosos artesanais de alto valor engadido.

Relación definitiva de participantes no PONT-UP STORE 2017

 

XovXun29

O evento presentouse hoxe na Asociación de Empendedores de Galicia para ofrecer o seu espazo a novas liñas de negocio da zona da Coruña con tres modalidades de participación gratuítas: stand, presentación ou entrevistas con posibles inversores ou parceiros. As inscricións están abertas ata o 9 de xullo.

 

Esta mañá presentouse na sede de ASCEGA en Coruña a 4ª edición do Espazo de Emprendemento PONT-UP STORE, unha iniciativa liderada polo Campus CREA de Pontevedra (Universidade de Vigo) co apoio do Concello de Pontevedra. Na presentación participaron Manuel Dafonte, xerente de ASCEGA, Paula Patiño, emprendedora de A Castrexa, Xosé Rodríguez de Dogoplay, Martín Castón de Innovadhoc, Eva Bouza de Travelling Assistant, e Pedro Figueroa, director deste evento que se celebrará en Pontevedra entre o 21 e o 23 de setembro.

 

O director do PONT-UP STORE falou da necesidade de “ofrecer aos emprendedores e emprendedoras espazos onde dar a coñecer o seu proxecto e testalo co público dun xeito que non supoña custes nesa fase inicial de emprendemento.” Figueroa explicou que o Pont-Up Store naceu co obxectivo de dar resposta a esa necesidade e animou ás persoas asistentes a candidatarse e animar a outros emprendementos da área da Coruña.

 

INSCRICIÓNS ABERTAS
O Pont-Up Store ofrece tres modalidades de participación: presentar un emprendemento nun dos 33 stands gratuítos dispoñibles; propoñer actividades de dinamización dentro do programa; e participar no Puntazo Exprés no que 10 empresas serán seleccionadas para explicar en 5 minutos o seu emprendemento a 5 importantes empresas e entidades galegas. Entre os escoitantes desta edición estarán, entre outros, Juan Vázquez Gancedo Director Xeral de Bodegas Martín Códax e Presidente do Clúster Alimentario de Galicia; Begoña Ocampo, socia fundadora da cadea de restaurantes La Pepita Burguer Bar; Débora Franco de Vázquez de Monet Viticultura; e Xavier Castaño, da consultora Internacional de Proxectos Tecnolóxicos, Igalia. As candidaturas poderanse presentar a unha ou varias modalidades ata o 9 de xullo a través da web www.pontupstore.com

 

PROGRAMACIÓN
Na xornada previa do xoves 21 de setembro haberá unha Alborada Emprendedora plantexada como unha actividade sorpresa para presentar o evento ante a comunidade universitaria e a sociedade, na que a creatividade e a innovación vanse mesturar con actividades que potencien unha vida saudable. Volveremos contar cun Laboratorio Creativo de fabricación dixital e impresión 3D, onde haberá exposicións, demostracións e sesións de iniciación en continuo. Neste espazo desenvolvorase un obradoiro orientado ao urbanismo arredor da temática “Pensando a túa cidade”. FAB LAB SPACE, Camp Tecnológico e R (talleres CreaR) serán algúns dos colaboradores.

O sábado está programada a segunda edición da Xincana Bike orientada a desenvolver a iniciativa, o traballo en equipo e a cooperación entre nenas e nenos ata 14 anos. A proba divídese en 5 zonas cada unha cunha temática marcada e relacionada coa filosofía de emprendemento do Pont-Up Store.

No marco da reunión da comunidade WordPress en Pontevedra (Meetup) vaise organizar a actividade Emprende con Wordpress con diferentes obradoiros para achegar WordPress a calquera que teña interese mostrando casos de emprendedores que nos ensinarán como empregaron WordPress para emprender e crear o seu negocio/proxecto.

 

O EMPRENDEMENTO NO ENSINO
Unha das grandes apostas deste ano é establecer alianzas co ensino para levar ás aulas o espírito emnprendedor do PONT-UP e servir de escaparate para mostrar proxectos innovadores como Pontevan: FP na rúa, un aula de cociña móbil creada entre catro centros de ensino público de Pontevedra. (CIFP Carlos Oroza, CIFP A Xunqueira, IES Frei Martín Sarmiento e IES Montecelo e conta tamén coa colaboración da Universidade de Vigo-Quantum Automotive- CimaLab) que vai achegar a Formación Profesional á rúa e mostrar un proxecto co que o alumnado aprende a innovar, neste caso renovando o concepto de FoodTruck cun vehículo de comida san e de calidade.

 

COMUNIDADE UP
A intervención de Pedro Figueroa estivo acompañada dos testemuños de emprendementos da área da Coruña que participaron na pasada edición do PONT-UP STORE e que xa forman parte da Comunidade Up que engloba a máis de 300 emprendedores e emprendedoras que pasaron xa polo evento e seguen vinculados ás súas actividades. Xosé Rodríguez da empresa de experiencias gamificadas DOGOPLAY agradeceu o soporte que lle deron as voluntarias e voluntarios do Pont-Up e destacou a gran visibilidade que conseguiron en medios de comunicación e redes sociais. Pola súa banda, Paula Patiño da empresa de alimentación delicatessen A CASTREXA centrouse na grande repercusión dos seus productos entre o público xeral que visita a feira. Eva Bouza de TRAVELLING ASSISTANT falou das “facilidades que ofrece o equipo de organización ás emprendedoras e emprendedores durante a celebración do evento a nivel de loxística e servizos todo a custe cero, algo moi importante cando comezas”. Por último, Martín Castón de INOVADHOC, impresión 3D, destacou a oportunidade que ofrece o PONT-UP STORE de “testar o teu emprendemento con segmentos de público de todas as idades e de obter un feedback moi valioso antes de facer grandes investimentos comerciais”.

 

Saúdos.
Comunicación | Marián Fernández | Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. | 650579208

 

 

VenXul29

Para dar comezo á fin de semana dende a Organización do Pont Up Store 2016 queremos facer pública o que será a distribución dos stands durante o evento.

Queremos expresar unha vez máis o noso agradecemento a todas os proxectos emprendedores que presentaron a súa candidatura pola gran acollida que tivo esta edición así como felicitalos pola gran calidade dos seus proxectos.

 

 

1

Información e Organización

www.pontupstore.com

19

Txstockdata, S.L.

App para captar o sentimento de mercado (IBEX35) a partir da interpretación de datos de social media.
www.twibex35.com

2

SPIN 2016

http://www.spin2016.org

20

Travelling Assistant

Web para poñer en contacto a viaxeiros e turistas con residentes locais en cidades destino.
www.travellingassistant.com

3

Patrocinadores

21

Seele Comunicación 

Axencia de deseño gráfico e web 

www.seelecomunicación.com

4

LOVELY BLANCA

Complementos Handmade
www.lovelyblanca.com

22

Pajaritas Colibrí

Comercialización e deseño de gravatas de lazo
www.pajaritascolibri.com

5

A Tenda da Gata

Alimentación e consumo responsable
www.atendadagata.com

23

LA XANDA MULTISERVICIOS SL

Xeración de oportunidades de emprego a mulleres afectadas pola violencia, a explotación e a exclusión
www.laxanda.org

6

Mercado Flotante

Tenda online de produtos gastronómicos exóticos
www.mercadoflotante.com

24

Orballo Printing

Tenda especializada en impresoras 3D e os seus componentes.
www.orballoprinting.con

7

MARIA VIQUEIRA

Creación de prendas artesanais

www.mariaviqueira.com

25

Xeitura: xestión integral do Patrimonio Cultural

Xestión integral do patrimonio cultural
www.xeitura.com

8

GALICIAN BREW

Microfábrica de cervexa artesá

www.galicianbrew.com

26

Dogoplay

App de actividades e rutas ao aire libre cun forte compoñente social
www.dogoplay.com

9

Croccanti Estudio

Estudio Creativo de Deseño
http://croccantiestudio.com

27

Innovadhoc

Servizos multimedia e de impresión 3D con especial orientación ao ámbito industrial e ao sector naval en particular

www.innovadhoc.es

10

Netun Solutions, S.L.

Accesorios de seguridade vial
www.netunsolutions.com

28

Mariem f.

"Sherpa" que guía a organización e persoas polos seus camiños empresariais.
www.mariemfilgueira.com

11

Rachachán.

Pedagoxía Montessori
www.rachachan.com

29

Cousas da Bisavoa

Obradoiro artesá adicado a promoción e venda do Mirabel

www.facebook.com/cousasdabisavoa

12

Betweien

Proxectos educativos e creación e producción de recursos pedagóxicos
www.betweien.com

30

ACASTREXA

Obradoiro de conservas vexetais
www.acastrexa.com

13

DISBO BY LUPITA

Ilustración e deseño. Decoración. Conto Ilustrado Un rincón de palabras.
http://disbobylupita.disbo.es

31

Thunders Love

Marca de moda de estilo urbano para home e muller

www.thunderslove.com

14

IN&S Comunicación e innovación sostenible

Consultora de comunicación, innovación e sostenibilidade empresarial

www.innovacion-sostenible.es

32

Mágicos Gagarin

Productos de decoración usando a ilustración e a escultura en cerámica
www.facebook.com/magicosgagarin

15

ART´SPACIO DESIGN S.L.

Inmobiliaria con servizo de “home staging”
www.art-spacio.es

33

Comunidad SEM

Marketing online
www.comunidadsem.com

16

El mono con sombrero

Wedding Planner. Organización integral e artículos para eventos
www.elmonoconsombrero.com

34

KUZUNGUKA APP DEVELOPERS, SL

Solucións tecnolóxicas empregando os dispositivos beacon
www.kuzunguka.com

17

Converfit (Citious Team, S.L.)

Plataforma de Marketing Cloud para incrementar a tasa de conversión dos negocios online.
www.converfit.com

35

iEscola C.B.

Formación en el ámbito de las nuevas tecnologías a centros educativos.
www.iescola.es

18

Fun Forest

Inglés divertido para nenos e nenas
www.funforest.es

36

Miudiño Sociedade Cooperativa Galega

Brinquedos tradicionais
www.miudiño.com

Go to top