Que é o Pont-Up Store


O Pont-Up Store é unha iniciativa de apoio ao emprendemento, aberta a toda a cidadanía, e que centra os seus esforzos no incremento da cultura emprendedora na sociedade.

No marco do Campus Crea este encontro é unha decidida aposta pola creatividade e o emprendemento para o desenvolvemento persoal e da sociedade en xeral.

Tralo éxito das pasadas edicións, o Pont Up Store 2017 consolídase como ESPAZO DE REFERENCIA DO NOVO EMPRENDEMENTO en Galicia, como amosan os preto de 150 proxectos de emprendemento reais e en funcionamento que son a mostra da capacidade de iniciativa e creatividade existente en Galicia e outros territorios do noroeste peninsular.


Estes proxectos  proveñen dun gran abano de sectores de actividade procedentes tanto do ámbito urbano coma do rural cunha gran calidade contrastada derivada dun rigoroso proceso de selección das numerosas candidaturas recibidas cada edición.


Por que ir ao Pont-Up Store


Porque é o único evento galego onde se reúnen emprendedores, profesionais, estudantes, inversores, institucións, empresas, patrocinadores e medios de comunicación, para apoiar a innovación, a colaboración, a formación, o financiamento e o emprendemento creativo.

Porque é unha experiencia única e transformadora na que se van dar cita miles de persoas en torno á creatividade, o emprendemento e as súas tendencias. Poderás participar nun extenso programa de charlas, mesas redondas, obradoiros, networkings e demostracións, con poñentes de primeiro nivel que veñen compartir as súas experiencias, o seu coñecemento e o seu tempo cos participantes. Un encontro onde ti serás o protagonista.

Obxectivos



FACILITARLLES aos novos emprendedores un espazo para visibilizar e promover a súa marca, os seus proxectos empresariais e a busca de financiación externa.


POSIBILITAR que novos emprendedores presenten, testen e vendan os seus productos ou servizos actuais ou contrasten ideas de mellora.


PROPORCIONAR aos novos emprendedores un espazo de relación e intercambio de experiencias con diferentes axentes do ecosistema emprendedor.


ANIMAR a futuros emprendedores a concretar a súa idea de negocio a través do coñecemento de proxectos e experiencias xa en marcha.


PROMOVER a cultura do emprendemento con novos formatos e espazos de integración entre os emprendedores e a sociedade.


DINAMIZAR a cultura e a economía local, proporcionando aos visitantes unha experiencia de ocio e aprendizaxe, nun espazo urbano de referencia internacional.

Go to top