Quen somos

COMITÉ ORGANIZADOR:

O Pont-Up Store está promovido pola Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra) e conta co patrocinio principal do Concello de Pontevedra e outras entidades públicas e privadas.

UNIVERSIDADE DE VIGO

G4 Plus - Universidade de VigoEcobas

Pedro Figueroa Dorrego (Dirección), Director do Grupo de Investigación G4 Plus (Desenvolvemento estratéxico: organizacións e territorios) da Universidade de Vigo, e Director do Observatorio Urbano de Pontevedra.
Doctor en Ciencias Empresariais, Profesor titular da área de organización de empresas da Universidade de Vigo, experto en xestión do coñecemento e capital intelectual (IMSEAD), Executive-MBA pola Escola de Negocios Caixavigo (actualmente Afundación). Director da Conferencia Ibérica de Emprendemento 2014 e creador e impulsor do Pont-Up Store.

Departamento de Organización de Empresas e Marketing - Universidade de Vigo

Adela García-Pintos Escuder, Profesora contratada doutora na área de organización de empresas, Universidade de Vigo
Profesora contratada doutora na área de organización de empresas. A súa liña de investigación céntrase fundamentalmente na xestión do coñecemento, a xestión de recursos humanos e a innovación. Isto levouna a participar en numerosos congresos nacionais e internacionais e publicou varios traballos de investigación. Actualmente é a Directora de Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo. Membro do Comité Organizador dende Pont-Up Store 2014.

Departamento de Organización de Empresas e Marketing - Universidade de Vigo

Ana Dopico Parada, Profesora Contratada Doctora na área de Comercialización e investigación de mercados, Universidade de Vigo
Doutora en Administración e Dirección de Empresas. Postgrado en análise da xestión e innovación tecnolóxica na USC. Autora de libros, artigos e ponencias en revistas e congresos no ámbito do marketing. Nos últimos anos a súa liña de investigación está centrada no estudo da Responsabilidade Social Corporativa. Membro do Comité Organizador dende o Pont-Up Store 2014.

DTEAREA5 CONSULTORES

Ángela Cal Arca, economista, xestora administrativa e consultora de empresa, socia–consultora en DTEAREA5 CONSULTORES.
Profesora Asociada da Universidade de Vigo do Departamento de Organización de Empresas e Marketing. Especialización en asesoramento integral a empresas e emprendedores. Administración tributaria e fiscalidade. Finanzas Corporativas. Desenvolvemento Económico e Innovación. Membro do Comité dende o 2015.


Anabel Pérez Xesteira, Responsable de RRSS na secretaría técnica

Secretaría Técnica e Comunicación en Pont Up Store. Graduada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo. Freelance de comunicación, deseño, fotografía e marketing dixital. Colaboradora do Pont Up Store dende o 2015 e membro do Comité dende 2016.

G4 Plus - Universidade de Vigo

Daniel Gallego Ortigueira (secretaría técnica) , Técnico de investigación, G4plus
Investigador e xestor de proxectos para o sector público e organismos intermedios. Responsable técnico do Observatorio Urbano de Pontevedra. Máster en Dirección Pública e Liderazgo Institucional. Graduado en Dirección e xestión Pública. Experiencia en diversos traballos sobre emprendemento e membro da secretaría técnica e membro do Comité dende a primeira edición do Pont-Up Store no ano 2014.

Volver arriba

EMPRENDEDORES:

XENEME Proxectos Sociais

Diego Parajó Naveira, Director xeral, XENEME Proxectos Sociais
Emprendedor social. Traballando incansablemente para mellorar o mundo. Socio fundador e xerente de Xeneme Proxectos Sociais desde 1998, onde desenvolvo a miña actividade como formador, asesor e project manager en servizos sociais, educativos e culturales. Director do Local de Música de Pontevedra. Membro do Comité desde 2015.

Dalleqdalle S. Coop. Galega – Espazo Coworking

Susana Loroño Mondragón, Coordinación de proxectos, Dalleqdalle S. Coop. Galega – Espazo Coworking
Despois de desenvolver a miña carreira en diferentes sectores: Admon. Empresas, Bibliotecas Públicas e Médicas, así como Doc. Sanitaria, realicei por acaso un Obradoiro de “Xestión Cultural”, onde xurde a idea do “Coworking” e xunto coas miñas compañeiras Yolanda e Raquel nace “Dalle que Dalle Soc. Coop. Galega en Vilagarcía para xestionar un lugar onde compartir ideas, cafés, proxectos e ilusións con emprendedores, autónomos e PEMES. Membro do Comité desde 2015.

freshysweet

Paula Vidal, Freshysweet
"Estudo o grao de Publicidade e Relacións Publicas pola Universidade de Vigo. Actualmente son a vicepresidenta e a executiva de contas de Freshysweet, unha Axencia Junior de publicidade creada na propia facultade, e participo no comité do PONT-UP STORE con todas as miñas ganas de aprender e coñecer o mundo laboral." Empresa participante en Pont-up Store 2014 e membro do Comité dende 2017.

7h

Ana Olveira Blanco. Responsable de Administración en 7H Cooperativa Cultural e vogal no consello reitor de Espazocoop
Diplomada en Relacións Laborais, con mestrado en Xestión e Dirección Laboral. Apaixoada da economía social da que formo parte dende que recordo. Achegueime ao mundo cooperativo no ano 2008 e xa non fun quen de deixalo. Dende xaneiro de 2016 Socia Traballadora de 7H S. Coop. Galega. Empresa participante en Pont-up Store 2015 e membro do Comité dende 2016.

Bien bonito

Silvia Crespo, Bien Bonito
Asesora de imaxe sempre cargada de ideas e vestida de ilusión… Directora creativa en Bien Bonito; empresa que sinte paixón polos uniformes, polo bonito, o especial e o auténtico centrándose en tres grandes eixes, o cariño, materiais nacionais, e a contribución ao desenvolvemento de negocios locais. “Pódense facer as cousas “Ben” e ao mesmo tempo, “Bonitas”. Empresa participante en Pont-up Store 2014 e membro do Comité dende 2016.

XEOMETRICA

Roberto Cabeceira, CEO e Director técnico en Xeométrica, enxeñería 3D aplicada
A día de hoxe, a miña actividade profesional principal desenrólase na aplicación e innovació de técnicas de enxeñería 3D adicadas á posta en valor, protección e divulgación do patrimonio cultural, e o análise métrico no sector naval. Son enxeñeiro especialista en digitalización métrica 3D e análise multiespectral vexetal e as veces profesor invitado e conferenciante da Universidade de Vigo, pero ante todo: emprendedor e autodidacta en continua formación! Considero o emprendemento un pilar fundamental na sociedade actual e na medida do posible, aporto o meu graniño de area a tódalas accións que o impulsen, difundan e promovan. Empresa participante en Pont-up Store 2015 e membro do Comité dende 2016.

Bien bonito

Xosé Rodríguez González, Dogoplay
Enxeñeiro de software apaixonado polo mundo emprendedor. Cofundador de Cleventy en 2012, empresa dedicada á consultoría e desenvolvemento de sofware, que acaba de lanzar ao mercado Dogoplay, un servizo de experiencias gamificadas baseado en tecnoloxía móbil. Combina a súa formación técnica co comercio en liña de agasallos orixinais en Regalopedia.es, fundada en 2010. Empresa participante en Pont-up Store 2016 e membro do Comité dende 2017.

Senseitrade

David Conde Sayans, Senseitrade (Twibex35)
Cofundador de dous proxectos dentro do sector Fintech (Tecnoloxía financeira). Coinscrap é unha app que redondea as compras realizadas con cartón e automaticamente transfire a diferenza a un seguro de aforro. Senseitrade é unha plataforma que analiza as redes sociais para detectar oportunidades en bolsa. Pasar toda a súa carreira profesional traballando como asesor de Banca Privada permitiulle detectar necesidades nos clientes que poden ser cubertas por novas solucións tecnolóxicas moito máis fáciles, eficientes e baratas. Empresa participante en Pont-up Store 2016 e membro do Comité dende 2017.

Volver arriba

O Pont-Up Store está promovido pola Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra) e conta co patrocinio principal do Concello de Pontevedra e outras entidades públicas e privadas (Consello Social da Universidade de Vigo, Xunta de Galicia, Abanca, Deputación de Pontevedra e Igape, entre outros).

ORGANIZA:

PATROCINADOR PRINCIPAL:

PATROCINADORES:

COLABORADORES:

DESEÑO E MONTAXE STANDS:

DESENVOLVEMENTO WEB:

DESEÑA E COMUNICA:

Go to top