Edición 2016

 

foto edicion 2016

Na edición PONT-UP STORE 2016 incorporouse como unha modalidade de participación en colaboración co Concello de Pontevedra o Puntazo Exprés, na que 10 emprendementos seleccionados presentaron os seus proxectos durante 5 min a 5 empresas de relevancia. Nesta edición recibíronse 139 solicitudes procedentes de toda Galicia (87 stands, 28 actividades de dinamización e 24 solicitudes para o Puntazo Exprés) que nos levou a un intenso labor de selección.

O resultado final foron as 45 EMPRESAS PARTICIPANTES que tiveron a súa presenza no espazo do Puntazo Exprés: 33 empresas presentes nos stands, 14 actividades de dinamización, e 10 emprendedores participantes nos encontros do Puntazo Exprés.

Implantáronse tamén actividades paralelas coma o Day Breaker (sesión matinal de música baile, zumes e mindfulness), un Fab Lab (Laboratorio de Fabricación Dixital e Impresión 3D) e a Xincana Bike (proba ciclista dirixida a nenos e nenas para motivar o traballo en equipo e a cooperación).

As Xornadas do Emprendemento previas destinadas a emprendedores potenciais ou en fase inicial acadaron un importante impacto non só nos emprendedores senón tamén na sociedade en xeral.

O PONT-UP STORE 2016 acolleu en 3 días un total 30 obradoiros e mesas redondas, 80 expertos e emprendedores, e mais de 600 participantes.



LIGAZÓNS

Web Edición 2016

_PONTUP STORE

 

Go to top