Edición 2015


foto edicion 2015

Na edición de 2015 o PONT-UP STORE introduciu importantes novidades, engadindo -ademais da posibilidade de solicitar stands- a opción de presentar propostas de actividades de dinamización e de participar no espazo de promoción que demos en chamar ‘10 minutos de gloria’, co obxectivo de ofrecer oportunidades ao maior numero de emprendedores posible. En pouco máis dun mes dende o lanzamento do prazo das candidaturas (30 de xullo ao 9 de setembro) as solicitudes superaron amplamente as expectativas que o Comité de Organización se marcara: 125 solicitudes procedentes de toda Galicia (80 stands, 30 actividades de dinamización e 35 solicitudes para os 10´de gloria) que nos levou a un intenso labor de selección.

O resultado final foron as 44 EMPRESAS PARTICIPANTES: 36 empresas presentes nos stands, 6 das cales realizaron un atractivo panel de actividades de dinamización, e 8 emprendedores que tiveron a súa presenza no espazo 10 minutos de gloria.

Ademais hai que destacar a acollida das Xornadas do Emprendemento previas destinadas a persoas emprendedoras potenciais ou en fase inicial, que acadaron un importante impacto non entre o ecosistema emprendedor senón tamén na sociedade en xeral (16 obradoiros e mesas redondas, 60 expertos e emprendedores, e mais de 400 participantes).

Despois de dous días de intensa actividade, o Encontro de Emprendemento Pont-Up Store 2015 conseguiu dobrar a afluencia de visitantes da anterior edición. A organización estima que máis de 20.000 persoas visitaron os 36 stands participando nas visitas e obradoiros de dinamización, e no espazo de promoción ‘10 minutos de gloria’; conseguindo achegar o espírito emprendedor á cidadanía, e afianzándose como o principal escaparate de emprendemento en Galicia.



LIGAZÓNS


Web Edición 2015

_PONTUP STORE

Go to top