Bases e Inscripción

 
 

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS A STAND E ACTIVIDADES


  • QUEN:    Dirixido a novos emprendementos con menos de 3,5 anos (42 meses) dende a creación da empresa.
  • COMO:   Cubrindo a ficha de solicitude de candidatura e especificando a modalidade ou modalidades nas que queres participar (stand, ‘PUNTAZO EXPRÉS’, propoñer actividades dentro do programa, organizar actividades no teu stand).
  • CANDO: DENDE O 30 DE MAIO ATA O 09 DE XULLO DO 2017
 
 

SELECCIÓN DE CANDIDATURAS


  • QUEN:    Para Stand e Actividades de dinamización: o Comité Organizador do Pont-Up Store 2017.
    Para o Puntazo Exprés: Vicerreitoría do Campus de Pontevedra e Concellaría de Promoción da Cidade previo informe do representante do Comité Organizador do Pont Up Store e o equipo de coordinación do Puntazo Exprés.
  • COMO:  Aplicando criterios de valoración sobre o grado de Creatividade, innovación e potencial de crecemento e impacto económico e/ou social.

    No caso de solicitude de stand, valorarase a creatividade da proposta de actividades e de dinamización do evento, entre outros. De feito, acadarán maior puntuación as empresas que presenten actividades. Tamén se valorará o envío dun vídeo no que os solicitantes sexan capaces de contar brevemente en que consiste o seu proxecto de emprendemento. Ademais priorizaranse candidaturas que non participaron en anteriores edicións e, en todos os casos, aplicaranse criterios que garantan a diversidade de participantes en canto produtos/servizos, sector de actividade e forma xurídica da empresa.

    Unha vez adxudicado o stand, comunicaráselle á persoas interesadas que deberán aceptalo mediante un compromiso formal de presenza no Pont-Up Store todos os días do evento (22 e 23 de setembro) e nos horarios de apertura previstos (11 h. a 21 h.)

    Nas outras modalidades de participación, as empresas terán que confirmar formalmente a súa presenza no día e hora que a organización determine na súa programación de actividades.
  • CANDO: A decisión do Comité Organizador farase pública o 22 de Xullo do 2017.
 

FICHA DE CANDIDATURA

Campos obrigatorios

Durante a celebración do evento vanse realizar fotos e gravacións de vídeos e algunas delas serán publicadas nas redes sociais de Pont Up Store. A asistencia ao evento supón o otorgamento de consentimento para a realización destas fotos e videos e a súa publicación e utilización.

Powered by ChronoForms - ChronoEngine.com

Go to top