Participa

 

MODALIDADES DE PARTICIPACIÓN

Podes escoller entre tres modalidades de PARTICIPACIÓN GRATUÍTAS e combinalas como queiras:

  • modalidade 1
    DISPOÑER DUN STAND SEN CUSTE

    durante dous días para dar a coñecer o teu proxecto e/ou vender se tes produto. Ademais poderás desenvolver actividades dentro do teu stand, independentemente das do programa de dinamización que se levará a cabo no espazo central.

  •  modalidade 2
    PROPOÑER AS TÚAS PROPIAS ACTIVIDADES

    que se incluirán no programa do evento e se desenvolverán no espazo central.

  • modalidade 3
    PARTICIPAR NO ‘PUNTAZO EXPRÉS’

    Explica en 5 minutos o teu emprendemento a 5 importantes empresas e entidades galegas que escoitarán as 10 mellores propostas (formato speed dating).

RELACIÓN DE ESCOITANTES


Juan A. Vázquez Gancedo
Viticultor e socio de Viticultores Martín Códax, S. Coop. Galega. Entre os cargos que ostenta, é Director Xeneral de Adegas Martín Códax, Presidente do Clúster Alimentario de Galicia, patrón do observatorio español do Mercado do Viño, vogal do Consello Regulador Rías Baixas e vogal do Consello Reitor da Plataforma Tecnolóxica do Viño. Ademais, é profesor de Marketing no Máster en Dirección e Xestión de Comercio Exterior da Universidade de Santiago de Compostela.

Begoña Ocampo
Propietaria de “A Mordiscos” e da cadea de restaurantes “La Pepita”. Posúe ampla experiencia internacional en proxectos empresarias vencellados á hostalería e o turismo.

Xavier Castaño
Co-fundador de Igalia, empresa galega con visión internacional centrada no desenvolvemento de tecnoloxías en código aberto, onde traballa como desenvolvedor de negocio. É o actual presidente da Asociación Galega de Empresas de Software Libre (AGASOL).

Débora Franco
Enxeñeira de Telecomunicacións. Durante máis de sete anos dedicouse á docencia e á investigación na Universidade de Vigo, colaborando en diversos proxectos de ámbito autonómico, estatal e internacional, relacionados coa aplicación de novas tecnoloxías no sector primario. En 2014 fundou, xunto cos seus dous socios, Monet Viticultura, empresa de innovación tecnolóxica que ofrece ás bodegas unha plataforma web para controlar o estado do viñedo desde calquera dispositivo conectado a Internet.

Isabel Rodríguez Blanquer
Licenciada en ciencias físicas e con ampla experiencia no sector tecnolóxico. Na actualidade é socia e directora de operacións de El faro de los tres mundos empresa especializada en produtos culturais para a infancia.

 


Go to top