Programa 2017

A actividade do Pont-Up Store 2017 concentrarase en tres días: 21, 22 e 23 de setembro do 2017
coa seguinte distribución de contidos:

 
 


ALBORADA EMPRENDEDORA

Xoves 21 / 9:45 - 10:15 HRS
Campus A Xunqueira, Pontevedra

Actividade sorpresa para presentar o evento ante a comunidade universitaria e a sociedade, na que a creatividade e a innovación se mesturan con actividades que potencia unha vida saudable ..

FAB LAB
LABORATORIO CREATIVO

Xoves 21 e Venres 22 / 16.30–20:30HRS
Sábado todo o día.

Un obradoiro de fabricación dixital onde será posible crear obxectos mediante ordenadores e impresoras 3D, coa axuda de especialistas. Exposicións, demostracións e sesións de iniciación en continuo durante o horario de apertura.

EMPRENDE CON WORDPRESS

Venres 22 / 18:30 - 20:30 HRS

No marco da reunión da comunidade WordPress en Pontevedra (Meetup) organizaranse diferentes relatorios para achegar que é WordPress a calquera que teña interese e con casos de emprendedores que nos conten como utilizaron WordPress para emprender e crear o seu negocio/proxecto.
www.wppontevedra.org



XINCANA BIKE

Sábado 23 / 10:30 – 13:30 HRS

A proba divídese en 5 zonas cada unha cunha temática marcada e relacionada coa filosofía de emprendemento do Pont-Up Store. Dirixida a nenas/os ata 14 anos (menores de 5 acompañados)
https://youtu.be/ZGY9LoFx_8U


PONTEVAN: FP NA RÚA

Venres 22 e sábado 23 / En horario de apertura dos stands

Aula de cociña móbil: a Formación Profesional na rúa, aprendendo a innovar, renovando o concepto de FoodTruck cun vehículo de comida san e de calidade coa coidada presentación dos mozos que estudan no centro CIFP Carlos Oroza. PonteVan é un proxecto innovador de catro centros de ensino público de Pontevedra. (CIFP Carlos Oroza, CIFP A Xunqueira, IES Frei Martín Sarmiento e IES Montecelo e conta tamén coa colaboración da Universidade de Vigo-Quantum Automotive- CimaLab)
https://youtu.be/S9OELmoOpvA


Go to top