Puntazo Exprés

 

Un ano máis, o Concello de Pontevedra promove dous espazos de encontro específicos na tarde do venres 22 de setembro de 2017 no marco do Pont Up Store.

PUNTAZO EXPRÉS:

explica en 5 minutos o teu emprendemento.
19.30h Oportunidade de presentar, en formato speed dating, emprendementos en funcionamento a 5 representantes de entidades/empresas galegas de renome.

Viño aberto a profesionais:

21h Espazo informal de networking.

Se tes un emprendemento que sexa innovador e creativo, anímate e achega a túa candidatura!

Podes solicitar +info en puntazoexpres@pontupstore.com








Que é Puntazo Exprés?

Puntazo Exprés: explica en 5 min o teu emprendemento é unha iniciativa promovida pola Concellaría de Promoción Económica e Turismo do Concello de Pontevedra que se vai celebrar o venres 22 de setembro de 2017 durante o Pont Up Store, e enmárcase dentro do proxecto “Pontevedra ten un puntazo” deseñado e promovido por devandita concellaría.

A finalidade deste Puntazo Exprés é facilitar o achegamento e o diálogo entre persoas emprendedoras e representantes de empresas e entidades galegas xa consolidadas a través da presentación de 10 emprendementos de novo emprendemento, cun formato dinámico e áxil.

Cada unha das persoas seleccionadas deberá presentar a cinco interlocutores/as diferentes un proxecto en concreto (o mesmo para todos/as), contando para iso con cinco minutos por presentación.

É dicir, presentará o mesmo proxecto a cinco persoas durante cinco minutos a cada unha. Ao final de cada presentación haberá dous minutos de réplica por parte das persoas escoitantes.

 

Quen pode participar?

Pode participar no Puntazo-Exprés calquera persoa maior de idade que teña un emprendemento que sexa innovador e creativo, en funcionamento, con menos de 3,5 anos (42 meses) dende a súa creación ou un proxecto en fase moi avanzada de desenvolvemento con prototipos de produtos/servizos e expectativas reais de lanzamento a curto prazo.

Poden participar entidades, empresas, asociacións ou colectivos sempre que se designe a unha persoa representante que será a encargada da presentación do proxecto.

 

Como participar?

Para participar no Puntazo-Exprés é preciso presentar unha proposta de participación, a través do formulario de inscrición que atoparás en pontupstore.com. Neste formulario solicitarase información básica da persoa responsable do emprendemento e un breve resumo do mesmo.

 

Proceso de selección

Unha vez recibidas as propostas, a organización seleccionará un máximo de dez, para o que se baseará en criterios como:

Orixinalidade, innovación e creatividade do proxecto.
Valor social do proxecto.
Claridade e concreción.
Potencial impacto económico ou social.
Capacidade de desenvolvemento futuro

A organización poñerase en contacto coas persoas representantes das propostas seleccionadas para pechar aspectos loxísticos e organizativos.

 

Como se presentan os emprendementos?

Os emprendementos seleccionados presentaranse o día 22 de setembro ás 19.30 h no marco do Pont Up Store.
Para iso, a persoa representante de cada proxecto fará unha presentación de cinco minutos para cada unha das entidades membros do comité (cinco en total). É dicir, realizará a mesma presentación 5 veces seguidas, pero a entidades diferentes.

 

Prazos

Os emprendementos seleccionados presentaranse o día 22 de setembro ás 19.30 h no marco do Pont Up Store.
As solicitudes deberán ser presentadas a través do formulario en liña que atoparás en pontupstore.com entre os días 30 de maio e 9 de xullo de 2017. Podes solicitar máis info en puntazoexpres@pontupstore.com

 

Quen vai escoitar os emprendementos?

Aquí atoparás +info sobre as persoas/entidades designadas para escoitar os emprendementos de novo emprendemento seleccionados. Cada unha delas representa a 5 empresas galegas de renome, o que supón a oportunidade de presentar propostas empresariais, creativas e innovadoras a potentes interlocutores/as de distintos sectores.

Anímate a enviar a túa candidatura!

 

 

RELACIÓN DE ESCOITANTES


Juan A. Vázquez Gancedo
Viticultor e socio de Viticultores Martín Códax, S. Coop. Galega. Entre os cargos que ostenta, é Director Xeneral de Adegas Martín Códax, Presidente do Clúster Alimentario de Galicia, patrón do observatorio español do Mercado do Viño, vogal do Consello Regulador Rías Baixas e vogal do Consello Reitor da Plataforma Tecnolóxica do Viño. Ademais, é profesor de Marketing no Máster en Dirección e Xestión de Comercio Exterior da Universidade de Santiago de Compostela.

Begoña Ocampo
Propietaria de “A Mordiscos” e da cadea de restaurantes “La Pepita”. Posúe ampla experiencia internacional en proxectos empresarias vencellados á hostalería e o turismo.

Xavier Castaño
Co-fundador de Igalia, empresa galega con visión internacional centrada no desenvolvemento de tecnoloxías en código aberto, onde traballa como desenvolvedor de negocio. É o actual presidente da Asociación Galega de Empresas de Software Libre (AGASOL).

Débora Franco
Enxeñeira de Telecomunicacións. Durante máis de sete anos dedicouse á docencia e á investigación na Universidade de Vigo, colaborando en diversos proxectos de ámbito autonómico, estatal e internacional, relacionados coa aplicación de novas tecnoloxías no sector primario. En 2014 fundou, xunto cos seus dous socios, Monet Viticultura, empresa de innovación tecnolóxica que ofrece ás bodegas unha plataforma web para controlar o estado do viñedo desde calquera dispositivo conectado a Internet.

Isabel Rodríguez Blanquer
Licenciada en ciencias físicas e con ampla experiencia no sector tecnolóxico. Na actualidade é socia e directora de operacións de El faro de los tres mundos empresa especializada en produtos culturais para a infancia.

Go to top