Blog

DomSep03

Como sucedeu no Pont Up Store 2016, quixemos coñecer aos emprendedores seleccionados para participar no Pont Up Store 2017 antes da celebración do evento.

Kiare, participa no #PontUpStore2017 nas modalidades de stand e actividade de dinamización e defínense como unha nova forma de entender a arte floral. Queres coñecer máis sobre estas emprendedoras ou entrar no mundo das Kokedamas? Sigue lendo!

 

1- En primeiro lugar, como definirías Kiare?

 

 Kiare é unha nova e innovadora forma de entender e interpretar a decoración de espazos a través do noso producto principal, as kokedamas. Elaboramos de forma natural e artesanal plantas sobre unha bóla de musgo.

 A innovación está presente en cada un dos nosos traballos xa que adaptamos e rediseñamos esta técnica ancestral para poder ofrecer os nosos clientes calquera tipo de planta, a parte das nosas especialidades de kokedamas con cactus e crasas.

 

2- Como xorde o proxecto? En que fase se atopa?

 

O proxecto xorde de unir varios factores como son: A paixón polas plantas, a realización persoal e a conciliación da vida familiar. 

 Agora estamos coa promoción dos nosos productos, logo dun longo proceso de aprendizaxe.

 

3- Que fai de especiais as kokedamas? Que poderías contarnos dos teus productos? A quen van destinados?

 

A máxia da kokedama radica na súa bóla que está formada por unha mezcla de sustratos e recuberta de musgo, que lle da un aspecto natural e silvestre. É, en definitiva, como se un cachiño de natureza pasara dentro da nosa casa conseguindo que se convirta nun lugar máis agradable e saudable.

 

As nosas elaboracións son moi versatiles e darán ese toque especial alí onde as poñas, ademáis son un producto completo xa que tódalas nosas kokedamas inclúen ou ben unha base decorativa ou ben un colgante que  as suspende no aire. Como xa comentei, intentamos innovar en cada producto así podemos ofrecer, ademáis das kokedamas clásicas, o que nos chamamos koketas onde o musgo é sustituido por outros materiais naturáis dando como resultado un producto diferente, divertido e creativo. Ademáis, este ano preparamos unha liña nova para Bodas e Eventos centrado na decoración de interiores e nos agasallos para os invitados.

 plantas-kokedamas-koketas

O noso cliente obxetivo son todos os amantes das plantas xa sexan particulares, profesionáis ou pemes. Ofrecemos un producto e servizo completo que vai desde o deseño e montaxe dun xardín de kokedamas ata o mantemento anual que precisen as bólas.

 

  

4-Que tipo de cuidados especiais necesitan estas plantas?

 

Os cuidados básicos son sinxelos onde con frecuencia a determina o tipo de planta que teña a bóla:

 

- A Rega farase por inmersión.

- Acondicionamento e limpeza das follas.

- Abono na auga de rega.

 

O factor máis importante que non sempre se ten en conta é o lugar donde colocaremos a nosa kokedama. Sempre hai unha planta para ese rincón pero non o revés.

 

 

5- Cal consideras que é a mellor e a peor parte de todo este camiño de difusión dos teus productos?

 

Para min a mellor parte é o proceso de aprendizaxe onde por forza aprendes de marketing, redes sociais, etc. E a peor parte son os erros inevitables que se cometen no camiño que o final fanche mellorar como profesional.

 

6- Utilizas as redes sociais? Que aportan o Proxecto?

 

Si as utilizamos pero teño que recoñecer que é un punto debil, onde estamos a aprender moito. Serve entre outras cousas para validar ideas e desenvolvemento de promoción. Estamos presentes en Facebook coa páxina @kiareinnovartefloral.

 

7- Como coñeceches o Pont-up store?

 

Mediante as redes sociais, gracias a este medio puidemos coñecer todos os detalles.

 

8-Cales foron as razóns que te levaron a presentar a candidatura ao evento?

 

A razón principal é que tiñamos que aproveitar a oportunidade de promocionar os nosos productos e servicios nun evento destas características. Onde os demáis participantes tamén son emprendedores que presentan as súas innovacións.

 

9- Que esperas obter do evento?

 

Aumentar a visibilidade da marca Kiare e dos seus productos e servizos, así como ampliar a rede de contactos.

 

10.Que vamos a poder ver no stand de Kiare?

 

Amosaremos unha selección dos nosos productos e as novidades que estivemos preparando estes últimos meses. Aproveitaremos a nosa participación no Pont-up store para facer unha presentación en exclusiva de novos productos e sorpresas. Así que animo a todos a que se acheguen o Pont-up para coñecer todo o que podemos ofrecer de primeira man.

 

10- Xa para terminar. Que consello lles darías a todos eses novos emprendedores que están comenzando o proceso ou se están decidindo a emprender?

 

Sobre todo que o proxecto o inicien con moitas ganas, ilusión e paixón xa que no proceso hai moitos altos e baixos. Non sempre é fácil pero cando o superas é moi gratificante. Tamén lles diría que na medida do posible se rodeen de xente coas mismas inquietudes emprendedoras.

 

 

Queredes coñecer máis sobre Kiare ou sobre as súas Kokedamas? Deixade as vosas preguntas en comentarios e visitádeas en:

FACEBOOK de Kiare

BLOG de Kiare

 

 

Atentos estas semanas! O Pont Up Store 2017 está ao caer e temos un montón de novidades preparadas ademais de presentar a moitos máis emprendedores!

 

MiéAgo30

Como sucedeu no Pont Up Store 2016, quixemos coñecer aos emprendedores seleccionados para participar no Pont Up Store 2017 antes da celebración do evento.

As segundas emprendedoras que vos presentamos pertencen ao sector de Deseño moda, complementos e decoración. Coco & Lobo son unha tenda online para nais, pais e bebés do máis orixinal. Queredes coñecelas?

bebé - moda bebé

 

1. En primeiro lugar, como definiriades Coco y Lobo?
Coco y Lobo es una tienda online pensada para aquellas personas que quieren productos originales, prácticos y de calidad para recién nacidos, bebés, mamás y papás.

2. Como xorde o proxecto?
Todo comenzó en el 2012 cuando, cansados de los típicos regalos ante el nacimiento de un bebé, empezamos a realizar nuestras propias cestas como hobby. Sin descuidar ni el más mínimo detalle: productos cosméticos para los bebés, juguetitos, ropita, detalles para las madres, lo que comenzó por un hobby acabó convirtiéndose, en 2014, en Coco y Lobo, una tienda online con ropa, juguetes, decoración, cosmética y productos hechos a mano.

3. Que é o que fai especiais os vosos produtos? 
Coco y Lobo es una mezcla de moda, arte, diseño, calidad, modernidad, frescura, respeto por el medio ambiente, producción ética, productos hechos a mano y mucho mucho cariño.

4. Cal considerades que é a mellor e a a peor parte do proceso de emprender?
Creemos que lo mejor de emprender es que trabajas y dedicas tu tiempo a lo que realmente te gusta, a lo que te hace feliz.                                                                                                                                                             

Lo peor, que es un proceso largo y duro, que tiene sus riesgos, pero hay que pensar que si no arriesgas no ganas.

5. O eixo de venda dos vosos produtos é o ámbito online. Como é emprender neste ámbito? Contades tamén con algún punto de venta ou considerádelo para un futuro?
La venta online tiene sus ventajas. Por ejemplo no tienes horarios de apertura ni cierre. Tus clientes pueden comprar cualquier día del año y a cualquier hora y al ser un medio tan accesible puedes llegar a más personas
Pero también tiene sus puntos negativos. Tus días libres se reducen a los fines de semanas y festivos estatales y la atención al cliente es los 365 días del año por lo que siempre hay que estar operativos.
En cuanto al punto de venta, aunque ahora no tenemos ningún punto físico es algo que nos gustaría en un futuro. Varias empresas ya se han interesado en nuestros productos hechos a mano y estamos muy contentos por ello.

6. Utilizades as redes sociais? Que aportan tanto este medio como os voso seguidores no desenvolvemento do voso proxecto?
Si, las utilizamos y nos parecen imprescindibles. Es un escaparate donde poner nuestros productos, información y, sobre todo, es la herramienta perfecta para tener una relación cercana con nuestros clientes y una forma muy importante de llegar a muchas personas.

7. Como coñestedes o Pont Up Store?
La Diputación de Pontevedra, que siempre está muy comprometida con los nuevos emprendedores, se puso en contacto con nosotros y nos animó a participar.

8. Cales foron as razóns que vos levaron a presentar unha candidatura ao evento?
La razón principal es darnos a conocer. Queremos que las personas conozcan nuestros productos, nuestra forma de trabajar, lo que hacemos. Y sobre todo que nos conozcan en persona y sepan quién está detrás de Coco y Lobo.

9. Xa para terminar. Que consello lles dariades a todos eses novos emprendedores que están comezando o proceso ou se están decidindo a emprender?

Que tengan una actitud positiva. Que aunque pueda parecer, en algunos momentos, algo abrumador, la recompensa de ver el esfuerzo por tu trabajo merece la pena.

 moda infantil Coco&Lobo

Se queredes saber máis:

Web de Coco&Lobo

Facebook de Coco&Lobo

Instagram de Coco&Lobo

Twitter de Coco & Lobo

 

Atentos ás redes sociais! Nos próximos días máis novidades!

 

 

 

MiéAgo23

Como sucedeu no Pont Up Store 2016, quixemos coñecer aos emprendedores seleccionados para participar no Pont Up Store 2017 antes da celebración do evento. 

As primeiras emprendedoras son Bea e Cristina, de Anaquiños de Papel, que nos contestaron a unhas preguntiñas para profundizar un pouco máis no seu proxecto e en todo o que o fai tan especial. Queredes coñecelas?

 

Anaquiños de papel realizando lámpara papiroflexia

En primeiro lugar, como definiriades Anaquiños de Papel?

Anaquiños de Papel é un estudio de creatividade e deseño en papel. O noso obxetivo e er máis alá de dobrar un anaco de papel, darlle un toque único, personalizado e funcional, capaz de sorprender ou transformar un espazo cos nosos deseños.
É difícil facerse unha idea do que facemos só con palabras, así que sempre recomendamos entrar nas nosas redes sociais, blog... para entender mellor todo o que podemos chegar a crear a partir de anacos de papel, ideas e imaxinación.

Como xorde o proxecto?

Anaquiños xorde a partir dun blog creado por Bea, arquitecta, onde ela plasmaba as suas ideas e deseños buscando darlle unha nova visión e aplicacións a papiroflexia e traballo en papel. Logo, Cristina (avogada) empeza a facer flores e tarxetas pop up e pouco a pouco Anaquiños comeza a crecer en repercusión, encargos, traballos, publicacións (revistas como Vogue, AD, Telva, Huffington Post,... fan reseñas dos nosos traballos). Actualmente atopar traballo do que estudiamos está moi difícil, así que toca reinventarse, as dúas nos encanta o que facemos e creemos que temos que dar unha oportunidade a Anaquiños de Papel porque o que comenzou como un hobbi estase empezando a consolidar como un futuro laboral.

Que poderiades contarnos dos vosos produtos? Que é o que os fai únicos? Cal é o voso favorito/produto máis especial?

Todos os nosos deseños e productos xorden dunha idea inicial, deixamos voar a nosa imaxinación e creatividade, buscamos os materiais máis axeitados e os elabramos a mán un a un para chegar o resultado final. Ninguna peza é exactamente igual que outra e moitas delas son presonalizadas ou pensadas para un evento ou momento único. Non só e un proceso artesanal de fabricación e traballo do papel, e moito máis. Son ideas, deseño, aprencizaxe, personalización...o que da como resultado as nosas creacións.

Temos cariño a moitos dos nosos produtos, todos significan algo para nós e moitos deles comezan a partir dunha idea dos nosos clientes.
As flores, ramos de noiva, decoracións para espazos-eventos...son os que actualmente máis demanda temos e facemos dende os comezos (e notamos tamén moita evolución) por outro lado estamos moi orgullosas da nosa primeira colección de lámparas "Luces del Norte" deseñada por nós e que se inspira nos tipos de luz de Galicia.

Os dúas opinamos que o mellor momento é cando entregamos un traballo e vemos a cara de satisfacción da gente que confiou en nós, cando nos escriben e din que lles encanta o noso traballo,... que valoren o que facemos é moi importante.

Anaquiños de papel é a historia de emprendimiento de dúas irmás. Que nos poderiades contar do proceso de emprender en familia? Cal consideras que é a mellor e a a peor parte do proceso de emprender e comezar coa difusión de novos produtos?
A día de hoxe emprender non é nada fácil. Moitos medos, inseguridades, poucas axudas...pero no noso caso, facelo en familia implicou un empuxe importante polas aportacións e coñecementos de cada unha. Somos moi distintas e cada unha ten moito que aportar a outra e eso axuda a Anaquiños. Está claro que hai momentos mellores e peores, pero ter a alguén que te axude e entende o que fas sempre aporta. Ademáis a nosa familia sempre nos apoiou en todo e ese respaldo tamén é de agradecer.

A difusión dun novo produto implica moito traballo previo. Fai un tempo quizáis nos lanzábamos máis á aventura ou non tiñamos en conta moitos aspectos (cosas que fomos aprendendo co tempo), agora buscamos afrontalo dende varias perspectivas (proceso creación, marketing-difusión, parte comercial, rentabilidad e economía...) para tratar de asegurar que o traballo que queremos levar a cabo ten o resultado que buscamos.

Anaquiños segue crecendo, nós seguimos aprendendo en cada paso e sabemos que hai que moverse moito e evolucionar para poder traballar do que nos gusta.

O voso proxecto nace dun blog. Que poderiades contarnos do proceso de vender online?

O blog foi o comezo para dar a coñecer a nosa marca e é a día de hoxe o noso escaparate xunto coas redes sociais. Non dispoñemos de tenda física así que usamos estes medios para que a xente poda coñocer o noso traballo e é maneira principal pola que contactan con nós. Outra plataforma que empregamos é etsy e PretAPop. Os nosos produtos viaxan os seus destinos a toda España e, nalgún caso, o extranxeiro.

Vender online implica un contato cos clientes a través de mails e redes para contarlles e ensinarlles o proceso de elaboración e resultado final. Gústanos que a xente participe, dentro do posible, da elaboración do seu encargo. Outra cousa a ter en conta da venda online e que, ademáis de facer e rematar os produtos, hai que pensar no seu envío, a mellor maneira de prepalalos e contar co tempo para que o cliente o reciba, algo que moitas veces o cliente pasa por alto e é parte do proceso e non se pode esquecer.

Utilizades as redes sociais? De ser así, que aportan ao proxecto?

As redes sociais, xunto co blog e páxina web, son o noso escaparate e a nosa forma de contacto cos nosos clientes. Son a nosa maneira de explicar visualmente todo o que podemos facer con exeplos e traballos de encargos reais. Os nosos produtos están dirixidos a un público moi amplo que non se limita a área local, senón que calquera (España ou fora) pode contactar con nós e encargar Anaquiños para o que precise e estes medios permíntennos chegar a toda esa xente.

 

Anaquiños traballando

Como coñestedes o Pont Up Store? Cales foron as razóns que vos levaron a presentar unha candidatura ao evento?
Coñecemos a Pont Up Store a partir doutros compañeiros e amigos que participaron en otras edicións, e todos nos dicían o mesmo: tedes que participar! Gustounos a idea porque ademáis de ser unha moi boa oportunidade para que a xente os coñeza máis (tamén pola zona de Pontevedra), eles nos insistiron na boa organización, no bo ambiente entre compañeiros e a xente que coñeces, a repercusión que hai do evento...así que tratamos de cadrar datas para este ano non perdernos a oprtunidade de vivilo!

Que esperades obter do evento?

Vivir a experiencia do Pont Up, un evento que, polo que nos contan, consegue vincular e movilizar a xente participante da edición ca xente da cidade de Pontevedra e eso encántanos. Tamén valoramos o poder coñecer ao resto de participantes (como plataforma de networking que se xenera neste tipo de eventos) e darnos a coñecer ao resto de compañeiros e empresas vinculadas para poder crear colaboracións ou sinerxias.

Xa para terminar. Que consello lles darías a todos eses novos emprendedores que coma vos están comezando o proceso ou se están decidindo a emprender?

Para nós toda esta aventura comezou coma un hobbi. Paso a paso foi crecendo pero facíamos e aprendíamos as cousas a trompicones según chegaban. Agora temos unha base, fixemos cursos sobre emprendemento, participamos no Youth Business (gracias a Fundación Ronsel da Coruña) e tivemos e temos a axuda dunha mentora que nos axuda en moitas dúbidas deste proceso... E agora dámonos conta que empezamos a casa polo tellado. Ter unha base é importante, emprender non só e ter unha boa idea, empreder e ter en conta moitos máis aspectos que axudan a enteder ou comprender se a túa idea inicial ou negocio é viable: parte económica, xestión do tempo, organización, imaxe, contacto e trato con clientes... moitos aspectos que son necesarios neste proceso que é "emprender".

Sexa como sexa o camiño, sempre hai que aprender de todo e todos os que se cruzan en eel, estar ao día, moverse e tratar sempre de superarse tanto nos malos como nos bos momentos.

  

 

Se queredes saber máis 

Facebook de Anaquiños de Papel

Instagram de Anaquiños de Papel

Web de Anaquiños de Papel

Blog de Anaquiños de Papel

 

Atentos ás redes sociais! Nos próximos días máis novidades!

MiéAgo02

Dende a Organización do Pont Up Store 2017 queremos facer pública a listaxe completa de participantes nas 3 modalidades de participación - Stand, actividades de dinamización e Puntazo Exprés-.

Queremos expresar unha vez máis o noso agradecemento a todas os proxectos emprendedores que presentaron a súa candidatura pola gran acollida que tivo esta edición así como felicitalos pola gran calidade dos seus proxectos

Modalidade Stand




1

Información e Organización

www.pontupstore.com

21

Mi madre no me deja
Estampaxe sobre téxtil, porcelana e sobre todo o que se che ocorra.
www.mimadrenomedeja.com

2

Pontevedra ten un Puntazo 
Inciativa do Concello de Pontevedra desde as concellerías de Promoción económica e Cultura, para crear un punto de encontro da industria creativa, cultural e de innovación na cidade.
http://promocion.pontevedra.gal/filosofia/

22

Certivedra Rehabilitacion C.B.
Empresa que atende as necesidades de mellorar a envolvente térmica das vivendas, aumentando o confort interior e o aforro enerxético.
www.certivedra.es

3

Stand institucional - Patrocinadores

23

7varas
Bicicletas de bambú feitas a man
www.7varas.com

4

Dopra Complementos de moda
Deseño de complementos de moda
www.dopra.es

24

Coco y Lobo
Cousas bonitas para bebés, nais e pais
www.cocoylobo.com

5

Casa da avoa
Outro concepto de embuchados
facebook.com/casadaavoa

25

Kiare Innovarte Floral
Arte floral. Kokedamas
http://kiareinnovartefloral.blogspot.com.es/

6

CONSERVAS SOTAVENTO
Conservas Artesás
www.conservassotavento.com

26

La Boda de Nerea
Revista galega especializada na publicidade e difusión de empresas do sector nupcial
www.labodadenerea.es

7

Volta Montana
Axencia de turismo activo que desenvolve accións relacionadas coa cultura e coa natureza
www.voltamontana.com

27

The Community
Nova forma de comunicar, de poñer en contacto a empresas e comunidades específicas, como a comunidade nova
https://thecommunityspain.com/

8

Lastareixas
Exclusivos e erixinais complementos soñados, deseñados e realizados a man en Galicia
www.facebook.com/lastareixas

28

Bioorganización Consultoría Sistémica.
Consultoría persoal e organizacional con enfoque sistémico integrado con Bioneuroemoción.
www.alejandrofeijoo.es

Biofusiónate

Servizo de consultoría e formación de agronomía holística e crecemento persoal.
www.biofusionate.com

9

Dos Tipos Guapos
Axencia de Publicidade, Comunicación e Marketing Online
www.dostiposguapos.es

29

Comprar en Galicia
Localizador online de tendas, marcas e produtos
https://www.comprarengalicia.es

10

Degaltec Solutions
Desenvolvemento de software e hardware a medida
www.degaltec.com

30

TERRAS DA MARIÑA, S.COOP.GALEGA
Cooperativa de produtores de Lourenzá para a comercialización conxunta da faba
www.terrasdamarina.es

11

Plano Pementa
Espazo creativo e educación artística
www.planopementa.com

31

Degerónimo
Marca de deseño independente que nace co fin de deseñar e crear pezas naturais que transmitan o amor polas cousas feitas a man
http://degeronimo.com

12

MARTINA DADÁ
Deseño e promoción de actividades e eventos socioculturais de carácter artístico
www.martinadada.gal

32

Arobe Cerámica
Workshop de artesanía cerámica
arobeceramica.blogspot.com

13

SomosOcéano
Prendas de sabor mariñeiro e sentido do norte
http://www.somosoceano.com

33

Paus
Protexe a túa intimidade de forma creativa nos teus dispositivos dixitais
www.paus.lol

14

Cervexas MEIGA
Cervexa artesá
http://meiga.gal

34

Send2me Last Mile S.L.
A nova plataforma de caixas de correos electrónicas que che permite recibir as túas compras aínda que non esteas na casa
www.send2me.es

15

Woodding Hand Made Doll Atelier
Bonequiños personalizados de trapo para agasallos moi especiais
http://woodding.wixsite.com/woodding

35

PRECOALVI, S.L.
Elaboración de croquetas de calidade gourmet
www.croketasd.com

16

Funámbulos psicoterapia y apoyo escolar
Un espazo aberto á comunicación, o benestar, o equilibrio emocional e a autonomía do individuo. 
www.funambulos.com

36

FILLOS DO MAR
Marca de roupa independente creada á beira das Rías Baixas.
https://fillosdomar.com/

17

TERCEIRA PEL_da casa á ecoloxía
Solucións e asesoramento  en materia de construción ecolóxica adaptada a Galicia

37

PONTEVAN: FP NA RÚA
Aula de cociña móbil: a Formación Profesional na rúa, aprendendo a innovar 
innovaoroza.edublogs.org

18

Besherpa
Plataforma web para ofrecer e contratar plans de aventura e turismo avtivo locais e ecolóxicos
https://www.besherpa.com/

38

BICO DE XEADO
Cooperativa de xeados cremosos de elaboración artesanal
http://www.bicodexeado.es

19

Star-T Case World
Soluciones innovadoras no mundo da tecnoloxía móbil
www.star-tcase.com 

39

Neukos
Robótica
http://shop.neukos.com/es/

20

Casal de Creación
Enmarción creativa de antigüidades e a nivel conservación
http://casaldecreacion.com

40

Fabspace Coop
Cooperativa sen ánimo de lucro enfocada ao fomento de novas tecnoloxías e na loita contra a fenda dixital. Tanto para profesionais como para estudantes e entusiastas
www.fablabvigo.org


Programación de actividades:

 
 
Puntazo Exprés
 

ANAQUIÑOS DE PAPEL

Creatividade e deseño en papel

http://anaquinosdepapel.com

LA BODA DE NEREA

Revista galega especializada na publicidade e difusión de empresas do sector nupcial

www.labodadenerea.es

BESHERPA

Plataforma web para ofrecer e contratar plans de aventura e turismo avtivo locais e ecolóxicos

https://www.besherpa.com/

PRET A POP

Plataforma online que conecta a emprendedores de marcas emerxentes en arte, decoración e moda cos seus clientes potenciais dándolles maior visibilidade e impacto online.

www.pretapop.com

7 VARAS

Bicicletas de bambú feitas a man

www.7varas.com

oSIGRIs

Software/app móvil para la gestión de parcelas agrícolas y control de personal, pretendemos cambiar el actual cuaderno de campo por una app móvil con GPS.

PLANO PEMENTA

Espazo creativo e educación artística

www.planopementa.com

STAR-T CASE

Soluciones innovadoras no mundo da tecnoloxía móbil

www.star-tcase.com - www.carcasasolar.com

CERVEXAS MEIGA

Cervexa artesá

http://meiga.gal

LA FÁBRICA. COMIDA RÁPIDA, SANA Y BARATA

Comida Rápida, Sana y Barata... La comida como en casa.

https://www.facebook.com/lafabrica.milladoiro/

MiéJul26

A organización seleccionou máis de 40 emprendementos entre un total de 123 solicitudes, que nesta edición medraron significativamente en calidade e potencial de desenvolvemento, e amosan un mapa galego de emprendemento máis equilibrado entre as cidades e o rural. As novas tecnoloxías e as enxeñerías volven achegar as propostas máis impactantes, seguidas por modelos de negocio e ideas moi innovadoras procedentes dos sectores da alimentación, a formación, a arte e a cultura, o deseño de moda, complementos e decoración. No encontro participará a empresa galega START-T-CASE que vende a todo o mundo a súa revolucionaria carcasa solar, capaz de recargar no noso teléfono móvil aproveitando a luz solar ou a luz artificial servindo ao mesmo tempo como funda protectora, e coa posibilidade de traspasar a carga a outros dispositivos a través dun sinxelo conector.

 

O PONT-UP STORE chegará en outono a Pontevedra por cuarto ano consecutivo, consolidado xa como o evento de referencia do novo emprendemento en Galicia. Despois dun intenso proceso de selección, no que se partía dun total de 123 solicitudes de participación recibidas, escolléronse os 41 emprendementos mellor cualificados para ter presenza no programa. Destes 41 emprendedores, 33 contarán cun stand gratuíto para mostrar os seus productos, ideas e servizos, e 5 terán tamén a oportunidade de participar no programa de actividades de dinamización desenvolvendo propostas tan interesantes como unha innovadora sesión de networking emprengando a intuición e o xogo para obter información útil na nosa empresa; unha cata de cervexa artesá; un obradoiro no que aprender a arte floral dos kokedamas; unha sesión de contacontos para promover a arte a a cultura entre a cidadanía; e un achegamento en familia ao mundo do álbum ilustrado empregando as nosas vivencias persoais.

 

Por último, 10 emprendementos participarán no Puntazo Exprés no que terán a oportunidade de explicar en 5 minutos o seu emprendemento a 5 importantes empresas e entidades galegas. Entre os escoitantes desta edición estarán, entre outros, Juan Vázquez Gancedo Director Xeral de Bodegas Martín Códax e Presidente do Clúster Alimentario de Galicia; Begoña Ocampo, socia fundadora da cadea de restaurantes La Pepita Burguer Bar; Débora Franco de Vázquez de Monet Viticultura; Xavier Castaño, da consultora Internacional de Proxectos Tecnolóxicos, Igalia; e Isabel Rodríguez Blanquer, directora de operacións da empresa especializada en produtos culturais para a infancia, El Faro de los Tres Mundos.

 

O director do Pont-Up Store, Pedro Figueroa, explica que “nesta edición constatouse un importante incremento na calidade dos emprendementos que presentaron candidatura, tanto no seu carácter innovador como no potencial de desenvolvemento”. En canto á procedencia das candidaturas, Figueroa afirma que “o Pont-Up Store consolídase como o referente do novo emprendemento en Galicia cun 50% das solicitudes procedentes de fora da provincia de Pontevedra. Ademais –engadiu- é relevante que preto do 35% das candidaturas procedan de fora das sete grandes cidades galegas, o que é indicativo da boa saúde das dinámicas emprendedoras nas vilas e no rural galego”. O director do Pont-Up tamén destacou que os sectores dos que proceden os emprendementos máis destacados son as novas tecnoloxías e as enxeñarías con apostas moi valentes e innovadoras tamén no ámbito da alimentación; a formación; a arte e a cultura; e especialmente o deseño, moda, complementos e decoración. Pedro Figueroa lamentou non poder acoller a máis emprendementos e explicou que “tras unha selección que, como recollen os obxectivos, procura o maior equilibrio posible entre os diferentes sectores e actividades, houbo proxectos de gran calidade que non puideron ser seleccionados finalmente debido ao límite de prazas dispoñibles”.

 

Todos os proxectos escollidos son novos emprendementos con menos de 3,5 anos (42 meses) dende a creación da empresa. Participar é de balde, pero os emprendedores seleccionados tiveron que superar un proceso de selección no que se aplicaron criterios de valoración sobre o grao de creatividade, innovación, potencial de crecemento e impacto económico e/ou social, que garantan a diversidade de participantes en canto produtos/servizos, sector de actividade, forma xurídica da empresa e procedencia xeográfica dos proxectos presentados.

Entre os escollidos hai empresas como 7VARAS, que se dedican a facer bicicletas de bambú; outras como PAUS, que venden packs de pegatinas especiais para tapar as cámaras dos nosos dispositivos móbiles e protexernos dos ciberataques; e propostas para facilitarnos a vida como a app ‘Care your Car’ de DEGALTEC, que nos permite xestionar o montemento do noso vehículo desde o noso Smartphone; ou a plataforma SEND2ME de caixas de correo electrónicas que nos premiten recibir as nosas compras online aínda que non esteamos na casa. Tamén participará a empresa galega START-T-CASE, que vende a todo o mundo e que está revolucionando o mundo dos dispositivos móbiles con carcasas que ademais de recargar os nosos teléfonos aproveitando a luz solar ou a luz artificial son ao mesmo tempo fundas protectoras e poden pasar carga a outros dispositivos cun sinxelo conector. Ademais, Pont-Up Store reserva sempre parte do seu espazo a iniciativas empresariais que operan dentro da economía social. Nesta ocasión unha das presenzas máis destacadas é a da marca Bico de Xeado, coa que a cooperativa Granxa O Cancelo foi capaz de transformar un problema como o da cota leiteira nun éxito de mercado ao empregar o excedente de leite na elaboración de xeados cremosos artesanais de alto valor engadido.

Relación definitiva de participantes no PONT-UP STORE 2017

 

JueJun29

O evento presentouse hoxe na Asociación de Empendedores de Galicia para ofrecer o seu espazo a novas liñas de negocio da zona da Coruña con tres modalidades de participación gratuítas: stand, presentación ou entrevistas con posibles inversores ou parceiros. As inscricións están abertas ata o 9 de xullo.

 

Esta mañá presentouse na sede de ASCEGA en Coruña a 4ª edición do Espazo de Emprendemento PONT-UP STORE, unha iniciativa liderada polo Campus CREA de Pontevedra (Universidade de Vigo) co apoio do Concello de Pontevedra. Na presentación participaron Manuel Dafonte, xerente de ASCEGA, Paula Patiño, emprendedora de A Castrexa, Xosé Rodríguez de Dogoplay, Martín Castón de Innovadhoc, Eva Bouza de Travelling Assistant, e Pedro Figueroa, director deste evento que se celebrará en Pontevedra entre o 21 e o 23 de setembro.

 

O director do PONT-UP STORE falou da necesidade de “ofrecer aos emprendedores e emprendedoras espazos onde dar a coñecer o seu proxecto e testalo co público dun xeito que non supoña custes nesa fase inicial de emprendemento.” Figueroa explicou que o Pont-Up Store naceu co obxectivo de dar resposta a esa necesidade e animou ás persoas asistentes a candidatarse e animar a outros emprendementos da área da Coruña.

 

INSCRICIÓNS ABERTAS
O Pont-Up Store ofrece tres modalidades de participación: presentar un emprendemento nun dos 33 stands gratuítos dispoñibles; propoñer actividades de dinamización dentro do programa; e participar no Puntazo Exprés no que 10 empresas serán seleccionadas para explicar en 5 minutos o seu emprendemento a 5 importantes empresas e entidades galegas. Entre os escoitantes desta edición estarán, entre outros, Juan Vázquez Gancedo Director Xeral de Bodegas Martín Códax e Presidente do Clúster Alimentario de Galicia; Begoña Ocampo, socia fundadora da cadea de restaurantes La Pepita Burguer Bar; Débora Franco de Vázquez de Monet Viticultura; e Xavier Castaño, da consultora Internacional de Proxectos Tecnolóxicos, Igalia. As candidaturas poderanse presentar a unha ou varias modalidades ata o 9 de xullo a través da web www.pontupstore.com

 

PROGRAMACIÓN
Na xornada previa do xoves 21 de setembro haberá unha Alborada Emprendedora plantexada como unha actividade sorpresa para presentar o evento ante a comunidade universitaria e a sociedade, na que a creatividade e a innovación vanse mesturar con actividades que potencien unha vida saudable. Volveremos contar cun Laboratorio Creativo de fabricación dixital e impresión 3D, onde haberá exposicións, demostracións e sesións de iniciación en continuo. Neste espazo desenvolvorase un obradoiro orientado ao urbanismo arredor da temática “Pensando a túa cidade”. FAB LAB SPACE, Camp Tecnológico e R (talleres CreaR) serán algúns dos colaboradores.

O sábado está programada a segunda edición da Xincana Bike orientada a desenvolver a iniciativa, o traballo en equipo e a cooperación entre nenas e nenos ata 14 anos. A proba divídese en 5 zonas cada unha cunha temática marcada e relacionada coa filosofía de emprendemento do Pont-Up Store.

No marco da reunión da comunidade WordPress en Pontevedra (Meetup) vaise organizar a actividade Emprende con Wordpress con diferentes obradoiros para achegar WordPress a calquera que teña interese mostrando casos de emprendedores que nos ensinarán como empregaron WordPress para emprender e crear o seu negocio/proxecto.

 

O EMPRENDEMENTO NO ENSINO
Unha das grandes apostas deste ano é establecer alianzas co ensino para levar ás aulas o espírito emnprendedor do PONT-UP e servir de escaparate para mostrar proxectos innovadores como Pontevan: FP na rúa, un aula de cociña móbil creada entre catro centros de ensino público de Pontevedra. (CIFP Carlos Oroza, CIFP A Xunqueira, IES Frei Martín Sarmiento e IES Montecelo e conta tamén coa colaboración da Universidade de Vigo-Quantum Automotive- CimaLab) que vai achegar a Formación Profesional á rúa e mostrar un proxecto co que o alumnado aprende a innovar, neste caso renovando o concepto de FoodTruck cun vehículo de comida san e de calidade.

 

COMUNIDADE UP
A intervención de Pedro Figueroa estivo acompañada dos testemuños de emprendementos da área da Coruña que participaron na pasada edición do PONT-UP STORE e que xa forman parte da Comunidade Up que engloba a máis de 300 emprendedores e emprendedoras que pasaron xa polo evento e seguen vinculados ás súas actividades. Xosé Rodríguez da empresa de experiencias gamificadas DOGOPLAY agradeceu o soporte que lle deron as voluntarias e voluntarios do Pont-Up e destacou a gran visibilidade que conseguiron en medios de comunicación e redes sociais. Pola súa banda, Paula Patiño da empresa de alimentación delicatessen A CASTREXA centrouse na grande repercusión dos seus productos entre o público xeral que visita a feira. Eva Bouza de TRAVELLING ASSISTANT falou das “facilidades que ofrece o equipo de organización ás emprendedoras e emprendedores durante a celebración do evento a nivel de loxística e servizos todo a custe cero, algo moi importante cando comezas”. Por último, Martín Castón de INOVADHOC, impresión 3D, destacou a oportunidade que ofrece o PONT-UP STORE de “testar o teu emprendemento con segmentos de público de todas as idades e de obter un feedback moi valioso antes de facer grandes investimentos comerciais”.

 

Saúdos.
Comunicación | Marián Fernández | Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. | 650579208

 

 

VieJun02

Mostrar proxectos de emprendemento do ámbito do ensino e poñer en marcha un Laboratorio Creativo son outras apostas desta convocatoria

 

Esta mañá presentouse en Pontevedra a 4ª edición do Espazo de Emprendemento PONT-UP STORE, unha iniciativa liderada polo Campus CREA de Pontevedra (Universidade de Vigo) co apoio do Concello de Pontevedra como patrocinador principal. Na presentación participaron a concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías; o deputado de Economía da Deputación de Pontevedra, Carlos López Font; o vicerreitor do Campus de Pontevedra, Juan Manuel Corbacho; e o director do PONT-UP STORE, Pedro Figueroa, que presentou o calendario deste evento que volverá instalarse na Praza de España de Pontevedra entre o 21 e o 23 de setembro, e que hoxe deu o pistoletazo de saída a súa cuarta, froito da cooperación de máis de 35 entidades públicas e privadas.

 

O director do PONT-UP STORE afirmou que “o obxectivo do Pont-Up Store 2017 é incrementar o alto grao de cooperación acadado nas pasadas edicións coas entidades e institucións patrocinadoras e colaboradoras, incorporando outras novas para xerar maiores sinerxias que consoliden o evento”. Tamén destacou que se vai poñer unha especial atención en “conectar aos emprendedores e emprendedoras da Comunidade UP para lograr tecer unha gran rede galega de emprendemento”. De feito, por primeira vez, o PONT-UP STORE, incorpora na súa campaña imaxes das persoas que participaron nalgunha das anteriores edicións, co obxectivo de convertelos en protagonistas desa comunidade de “xente que se atreve a soñar e converte as súas ideas en realidade”, en palabras de Figueroa.

 

Pola súa parte, a concelleira Anabel Gulías asegurou que esta iniciativa “visibiliza formas alternativas de crecemento económico e aproveita os espazos públicos para amosar o potencial creativo de Pontevedra, de Galicia, do resto do Estado e tamén de Portugal”; e mostrouse satisfeita pola integración da rede de empresas creativas de ‘Pontevedra ten un Puntazo’ dentro da programación do Pont-Up Store a través do Puntazo Exprés. O vicerreitor Corbacho destacou “a capacidade de renovación e adaptación do Pont-Up Store que cada ano se preocupa por incorporar novidades demandadas no ámbito do emrpendemento”. Por último, López Font loubou os resultados do Pont-Up Store en só catro edicións, e brindou o seu apoio á organización para seguir apostando pola cultura do emprendemento.

 

INSCRICIÓNS ABERTAS
Este ano volverá haber tres modalidades de participación: presentar un emprendemento nun dos 33 stands gratuítos dispoñibles; propoñer actividades de dinamización dentro do programa; e participar no Puntazo Exprés no que 10 empresas serán seleccionadas para explicar en 5 minutos o seu emprendemento a 5 importantes empresas e entidades galegas. Entre os escoitantes desta edición estarán, entre outros, Juan Vázquez Gancedo Director Xeral de Bodegas Martín Códax e Presidente do Clúster Alimentario de Galicia; Begoña Ocampo, socia fundadora da cadea de restaurantes La Pepita Burguer Bar; Débora Franco de Vázquez de Monet Viticultura; e Xavier Castaño, da consultora Internacional de Proxectos Tecnolóxicos, Igalia. As candidaturas poderanse presentar a unha ou varias modalidades do 30 de maio ao 9 de xullo a través da web www.pontupstore.com

 

PROGRAMACIÓN
Na xornada previa do xoves 21 de setembro haberá unha Alborada Emprendedora plantexada como unha actividade sorpresa para presentar o evento ante a comunidade universitaria e a sociedade, na que a creatividade e a innovación vanse mesturar con actividades que potencien unha vida saudable. Volveremos contar cun Laboratorio Creativo de fabricación dixital e impresión 3D, onde haberá exposicións, demostracións e sesións de iniciación en continuo. Neste espazo desenvolvorase un obradoiro orientado ao urbanismo arredor da temática “Pensando a túa cidade”. FAB LAB SPACE, Camp Tecnológico e R (talleres CreaR) serán algúns dos colaboradores.

O sábado está programada a segunda edición da Xincana Bike orientada a desenvolver a iniciativa, o traballo en equipo e a cooperación entre nenas e nenos ata 14 anos. A proba divídese en 5 zonas cada unha cunha temática marcada e relacionada coa filosofía de emprendemento do Pont-Up Store.

No marco da reunión da comunidade WordPress en Pontevedra (Meetup) vaise organizar a actividade Emprende con Wordpress con diferentes obradoiros para achegar WordPress a calquera que teña interese mostrando casos de emprendedores que nos ensinarán como empregaron WordPress para emprender e crear o seu negocio/proxecto.

 

O EMPRENDEMENTO NO ENSINO
Unha das grandes apostas deste ano é establecer alianzas co ensino para levar ás aulas o espírito emnprendedor do PONT-UP e servir de escaparate para mostrar proxectos innovadores como Pontevan: FP na rúa , un aula de cociña móbil creada entre catro centros de ensino público de Pontevedra. (CIFP Carlos Oroza, CIFP A Xunqueira, IES Frei Martín Sarmiento e IES Montecelo e conta tamén coa colaboración da Universidade de Vigo-Quantum Automotive- CimaLab) que vai achegar a Formación Profesional á rúa e mostrar un proxecto co que o alumnado aprende a innovar, neste caso renovando o concepto de FoodTruck cun vehículo de comida san e de calidade.

 

COMUNIDADE UP
A presentación desta cuarta edición xuntou a unha boa parte da comunidade do PONT-UP STORE na Praza de España de Pontevedra para a tradicional foto de familia, unha familia que aumenta ano a ano tanto en patrocinadores, como en membros do comité organizador e por suposto en emprendedoras e emprendedores que participaron nunha sesión de networking na que contaron a evolución das súas empresas desde a súa participación no Pont-Up Store. T

A xornada rematou cun workshop impartido por Alberto Garnil, Socio Director de Iconweb, sobre a importancia do Plan de Marketing Online no proceso de emprendemento, centrándose en exemplos e ferramentas de utilidade para traballar a identidade e a comunicación dixital; o tráfico, as ferramentas publicitarias e as medicións e análises necesarias para aprender cales son as estratexias que funcionan para a nosa empresa.

 

Saúdos.
Comunicación | Marián Fernández | Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. | 650579208

 

 

SábSep24

Pontevedra, 23 de setembro de 2016.- A última xornada do Encontro de Emprendemento PONT-UP STORE estivo marcada polas actividades destinadas ao público familiar e a entrega de premios aos mellores proxectos de emprendemento desta edición que tivo un impacto social moi superior ao da pasada edición cun alcance que superou as 20.000 persoas implicadas entre participantes, visitantes e asistentes ás diferentes actividades durantes os tres días do evento. Como balance, o seu director, Pedro Figueroa, valorou sobre todo “o nivel dos emprendementos que se mostraron que demostran que sen dúbida somos unha potencia en talento, innovación e creatividade”. Dentro das actividades, Figueroa valorou especialmente o impacto do Puntazo Exprés pola oportunidade real que supón para os proxectos de emprendemento poder contactar directamente con grandes empresas galegas coas que iniciar unha posible colaboración. Po último o director do Pont-Up Store anunciou que a organización xa está traballando na próxima edición co obxectivo de mellorar as propostas e seguir medrando para atraer a Pontevedra a emprendedores e referentes en emprendemento a nivel global.

 

Actividades

O día empezou cunha xincana bike organizada polo Clube Cicilista de Poio e o comité organizador do Pont-Up Store, que se desenvolveu durante toda a mañá na Alameda de Pontevedra. Rapazas e rapaces de distintas idades participaron coas súas bicis nun circuito de probas  enfocadas a ensinarlles os valores do emprendemento social e o traballo en equipo.

 

Na Casa das Campás, os emprendedores de Converfit ensinaron un bo grupo de participantes a crear a súa propia tenda online nunha hora sen coñecementos previos. A continuación, a psicóloga e coach Raquel Barrero, impartiu unha charla enfocada a adestrar as habilidades para o emprendemento, romper barreiras e medos para a actividade profesional.

 

Actuacións e obradoiros

A cooperativa Miudiño, dedicada aos brinquedos e a música tradicional para o público infantil encheu a zona central da carpa de familias que participaron no espectáculo “Fíos do Querer”, do Cé Orquestra Pantasma, baseado no libro disco do mesmo nome que inclúe 24 sinxelas e agarimosas cancións para xogar cantar e bailar cos nenos de colo.

 

Mercado Flotante, unha empresa enfocada á venta online de productos gastronómicos para cociña internacional, desenvolveu un obradoiro no que os participantes aprenderon a elaborar mochis, unha receita xaponesa de boliñas de arroz.

 

Pola tarde, Xeitura Coop, centrada en actividades de xestión integral do patrimonio cultural, desenvolveu un obradorio de introducción á arqueoloxía destinado ao mostrar ao público mais cativo o valor das pezas patrimoniais que poden acharse no noso subsolo.

 

No stand da Microfábrica de Cervexa Artesá, Galician Brew, houbo tamén un obradoiro de elaboración de cervexa con coñecementos e técnicas básicas para poder facelo na casa.

 

Co equipo da empresa Fun Forest Inglés divertido, nenas e nenos de 6 a 12 anos experimentaron a aventura de emprender desenvolvendo por grupos varias ideas de negocio que prsentaron ao público en inglés e galego coa axuda dunha profesora-guía.

 

A última actividade foi a presentación da revista Alehop chea de contos, xogos, manualidades, maxia, música, deportes, receitas de cociña e historias sen final para poñer a funcionara a imaxinación.

 

Entrega de premios

O encontro clausurouse coa entrega de premios aos mellores emprendementos desta edición, escollidos por un xurado designado polo comité organizador do evento. O interese do proxecto en canto a creatividade e innovación, a dinamización, implicación e stand. Na categoría de Deseño, moda, complementos e Decoración, a empresa gañadora foi Thunders Love, unha marca de moda de estilo urbano para home e muller con puntos de venta en tendas especializadas de toda a península. No apartado de Comunicación, deseño gráfico e eventos, levou o premio Seele Comunicación, unh axencia de asesoramento nestes ámbitos que cautivou ao público do Pont-Up cunha proposta de promoción baseada nun orixinal xogo de creatividade con premios para os participantes. No ámbito das TIC’s e as Novas Tecnoloxías (Apps, videoxogos, é-commerce, software…) foi o equipo de iEscola C.B. o que se fixo co recoñecemento do xurado, co seu proxecto de formación no ámbito das novas tecnoloxías para centros educativos. No sector das Enxeñerías, consultorías e outros servizos, trunfou a proposta de Innovadhoc, unha empresa de servizos multimedia e de impresión 3D capaz de ofrecer prototipos en madeira e con especial orientación ao ámbito industrial e ao sector naval en particular. Na categoría de Formación, educación, arte e cultura, fíxose co galardón a empresa de economía social Xeitura Coop polo seu labor na xestión integral do patrimonio e a súa proposta de actividade de introduión á arqueoloxía durante a feira. No sector de Alimentación e Restauración, o proxecto emprendedor escollido polo xurado foi A tenda da Gata, unha proposta de emprendemento local en clave de consumo responsable, ben coñecida en Pontevedra a pesar da súa recente creación. E por último, o Premio ao Mellor Proxecto Emprendedor, escollido entre os premiados de todas as categorías foi Innovadhoc.

 

MiéSep21

Pontevedra, 21 de setembro de 2016.- Este ano o Pont-Up 2016 aplica a innovación desde o seu mesmo acto de apertura. Mañá xoves ás 8:30, a terceira edición do encontro dará o pistoletazo de saída cun DAY BREAKER que terá lugar na entrada da Facultade de Ciencias Sociais, no Campus da Xunqueira. Esta orixinal apertura consistirá nunha inspiradora sesión matinal de música, baile, zumes e mindfullness, na que cargaremos pilas para participar nunha intensa xornada de actividades. Varios emprendedores da cidade serán os encargados de guiar a sesión: Low Pressure Fitness e Academia Toni Pilates na parte deportiva e de relaxación; A Tenda da Gata, AguaKm0 e Colmealoe achegando bebida e comida saudable para comezar o día a tope de enerxía.

Na Casa das Campás, impartiranse 2 sesións de Coaching Executivo para persoas emprendedoras en economia social, organizadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria baixo o título ‘Fortalece a túa idea de Proxecto’. Pola maña, de 10 a 14 horas, e pola tarde de 16 a 20h.

 

No Salón de Graos da Facultade de Ciencias Sociais, entre as 12 e as 14h, no desenvolverase unha mesa de debate en torno ás Experiencias da Economía Social nas Industrias Culturais en Galicia e Norte de Portugal. A sesión está organizada pola Federación de Cooperativas Sinerxia que nos achegará as experiencias de 7H Sociedade Cooperativa Cultural (Galicia); Vilamincha Sociedade Limitada Laboral (Galicia); e unha iniciativa de economía social de Portugal. A entrada é libre ata completar aforo.

 

Durante toda a xornada estará funcionando o Fab Lab Demostrativo de Impresión 3D e Gravado Láser no 1º andar da Facultade de CC Sociais. Alí será posible asistir a demostracións e sesións de iniciación; e coñeceremos as experiencias de Orballo Printing, Innovadhoc, NORT3D, GALIPRINT, TXAPU. A entrada é libre en horario de 11 a 14 e de 16 a 20.

 

Xa pola tarde, entre as 16 e as 19h, AJE propón na súa sede a charla ‘Que a túa empresa brille con luz propia’ na que intervirá Modesto Luis Gómez y Rodríguez, formador de marketing e estratexia do INCYDE, experto e marketing, publicidade e habilidades sociais e de emprendemento.  E na Sala de Xuntas da Deputación de Pontevedra, de 16:30 a 20:30, desenvolverase unha actividade de Dinamización do Cooperativismo no Sector Cultural, dentro dun programa que leva desenvolvéndose toda a semana e que finalizará o venres ás 18:30 coa presentación do proxecto da asociación MÚSICOS AO VIVO, que co apoio da administración vai poñer en marcha unha cooperativa de facturación, similar ás que xa funcionan en Cataluña e Madrid, coa que poderían dar cobertura ao sector musical galego e converterse no principal motor da cultura en Galicia.

 

Erasmus para Emprendedores

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela presentará o programa europeo “Erasmus para Mozos Emprendedores” na Casa das Campás ás 19:15 horas. Cun equipo de socios composto por sete países, a Cámara de Santiago axudará na selección e localización de mozos emprendedores cun plan de negocio viable para que adquiran as habilidades necesarias e poidan crear ou dirixir con éxito unha pequena ou mediana empresa en Europa. A técnica do departamento de Proxectos da Cámara, Belén Mendoza sinala que o programa facilitará e mellorará a “mobilidade” dos novos emprendedores e a participación de empresarios experimentados como empresas de “acollida”. No caso de noveis ou potenciais emprendedores, sinala que, para optar á axuda, que varía de contía segundo o país de destino, é preciso que a súa empresa non teña máis de tres anos, que o emprendedor fale un segundo idioma e que sexa residente permanente nun dos 37 países participantes. Ademais, dúas emprendedoras galegas, a viguesa Sandra Touza e a santiaguesa Margarita Murillo, ofrecerán o seu testemuño na xornada relatando a súa experiencia na última edición do programa “Erasmus para Mozos Emprendedores”.

 

O venres á partir das 11:00 terá lugar o acto de inauguración oficial do PONT-UP STORE 2016 con autoridades e patrocinadores no recinto da Praza de España.

  

Espazo de Emprendemento: stands e actividades vernes e sábado

O venres e o sábado, na carpa do PONT-UP STORE, haberá un programa continuado de actividades propostas polos emprendedores e continuarán tamén as actividades do programa oficial, entre as que destaca pola maña a demo de realidade virtual (VR) que terá lugar o venres a partir das 11:45 no espazo multiusos da carpa e na que se mostrarán algúns dos proxectos e gravacións que se van poder ver en Pontevedra durante a celebración do evento de tecnoloxías 360, TEK-FEST. E pola tarde, a proposta estrela desta edición, o Puntazo Exprés, que se desenvolverá na Casa da Luz, de 19:30 a 21:30. Trátase dun ‘speed dating’ que nace a partir da experiencia do programa PONTEVEDRA TEN UN PUNTAZO, promovido pola Concellería de Promoción e que ofrecerá a 10 novos emprendementos a oportunidade de presentar a súa idea de negocio en breves encontros cos responsables de cinco importantes grandes empresas e marcas galegas de diferentes sectores: FINSA, QUBITIA, PÉREZ TORRES MARÍTIMA, IDOIA CUESTA e DIMENSIONA. Os proxectos de emprendemento seleccionados para participar son A tenda da Gata, Polo Correo do Vento, Toupa Monstro, eCom Galicia, Somos Océano, Dogoplay, GEOMATI-K ingeniería, O Garaxe Hermético Retranca Editora, Deep Data Lab, e Gazehits.

 

PROGRAMA COMPLETO: http://pontupstore.com/2016/images/documentos/programa_pontupstore_2016.pdf PDF PUNTAZO EXPRÉS: http://pontupstore.com/2016/images/documentos/puntazo-expres_pontupstore.pdf

Página 3 de 5
Volver