Onte, presentamos o programa do #PontUpStore2017 e algúns emprendedores desta edición decidiron acompañarnos. Hoxe queremos presentarvos a un deles.
Cervexas Meiga realiza uns produtos do máis especiais. Queredes saber porqué? Seguide lendo!
1. En primeiro lugar, como definiriades Cervexas Meiga?
CervexaMeiga é o resultado dun esforzó diario por ofrecer o consumidor un produto artesán de calidade e con carácter de seu.
2. Como xorde o proxecto? En que fase se atopa?
Xurdiu no ámbito do puro entretemento doméstico, motivado polo coñecemento e curiosidade de Luis Tilve na materia. No momento actual, a aspiración principal e o fortalecemento, no eido da distribución, na provincia de Pontevedra.
3. Faládenos dos vosos produtos. Que é o que fai especial as cosas cervexas?
Meiga elabora cervexas totalmente artesáns, sen filtrar e sen pasteurizar, empregando as maltes e lúpulos da mellor calidade. Conxugamos a presentación ó consumidor de estilos de cervexa máis convencionáis con outros estacionais, novidosos, sempre baixo o noso selo diferenciador.
4. Que podedes contarnos do proceso de elaboración das vosas Cervexas?
Sempre baixo a premisa da formación continua, poderiamos definir o noso proceso de elaboración como unha conxunción de procedementos tradicionais coas melloras orixinadas polos avances tecnolóxicos.
5. Cal considerades que é a mellor e a a peor parte do proceso de emprender?
Neste proceso, a mellor parte recaiu no persoal; motivado polos esforzos e ánimos de familiares e persoas cercanas. A peor parte, está relacionada coa escasa ou nula axuda e orientación de certos organismos oficiáis.
6. Utilizades as redes sociais? Que aportan ao proxecto?
O Facebook e a plataforma Web resulta unha ferramenta moi útil a prol dun contacto máis directo e fluido cos nosos clientes.
7. Como coñestedes o Pont Up Store? Temos a referencia de edicións pasadas.
8. Cales foron as razóns que vos levaron a presentar unha candidatura ao evento?
Entendemos que é unha plataforma moi interesante a nivel de publicidade e crecemento empresarial o poñernos en contacto coas realidades cotiáns doutros emprendedores.
9. Qué esperades obter do evento?
Maior difusión posible para a nosa empresa.
10. Xa para terminar. Qué consello lles daríades a todos eses novos emprendedores que están comezando o proceso ou se están decidindo a emprender?
Creer firmemente no seu proxecto e non deixarse influenciar polas dificultades iniciáis.
MÁIS INFO?
SEGUIDE ATENTOS NAS REDES SOCIAIS QUE NON QUEDA NADA!!