Blog

VenSet14

GraPhics no Pont-Up Store 2018

Este ano a moda e os complementos tamén teñen o seu oco tradicional no Pont-Up Store e aquí traemos un adianto!

Alba é unha emprendedora cargadiña de Talento Transformador e creatividade que decidiu apostar por un proxecto online de venda de lentes de sol.

¿Queredes saber máis do proxecto e dos seus produtos? Atentos, que ata nos fixo un vídeo!! 

 gafas Graphics

 

En primeiro lugar, como definirías TheGraphics Projects? Quen está detrás deste proxecto?

The Graphics Project é o proxecto que engloba a GraPhics, a miña marca de gafas de sol, creada fai pouco máis dun ano. Detrás do proxecto estou eu, Alba, óptica e optometrista e agora, deseñadora e emprendedora!


Que valores caracterizan a túa empresa? En que inspirades os vosos deseños? 


Os valores principais son a calidade e a orixinalidade dos deseños. É unha colección atrevida, chea de cor e fabricadas con acetatos puros! Isto permite moldear e axustar cada gafa a cada usuario e ademáis as lentes son polarizadas, polo que a visión é mellor. E como novo valor engandido, a sostenibilidade: o novo estuche está fabricado con pulpa de celulosa 100% reciclada, o mesmo material das caixas dos ovos.

Que te moveu a empezar co proxecto? 


Traballando como óptica, vivín cómo a venda de gafas de sol en establecimentos ópticos estase a ver afectada pola venda no medio online. Pero na maioría das marcas online, os prezos tan baixos fan que as calidades e os deseños sexan moito máis sinxelas, trátase normalmente de gafas feitas de prásticos inxectados que dan unha durabilidade limitada.

E foi por iso polo que deicidín arriscar, presentar unha alternativa online de calidade, pagando un pouco máis, pero cunhas prestacións superiores.


Utilizades as redes sociais? De ser así, ¿qué aportan ao proxecto? Contemplades a posibilidade de crear algún punto de venta físico?

A imaxe nas redes sociais é algo que coido moitísimo: o tema da fotografía é algo impotantísimo para min, e utilizoa para

transmitir a esencia de Graphics. Quen visite a web ou o Instagram verá fotos cheas de cor, moi fresquiñas e ata divertidas, penso que é a mellor maneira de contaxiar a enerxía e o cariño que lle poño a isto.

Agora estamos introducindo GraPhics tamén en ópticas galegas. Os resultados están sendo moi positivos, supón para os establecementos unha alternativa de gafa de deseño orixinal a un bo prezo, coa correspondente garantía de calidade.

Cómo coñeceche o Pont Up Store? Poderiades definir o evento para vos? 


A través de Ana de SomosOcéano, foi quen me animou a particiar, e encantoume a iniciativa!

Pensoo que é unha oportunidade de compartir experiencias súper boa, sempre que coincido con outros proxectos de emprendemento é como un chute de enerxía e motivación brutal! Teño claro que vou aprender moito!

 

Quee consello lles darías a todos eses novos emprendedores que coma vos están comezando o proceso ou se están decidindo a emprender?

Pois... Paciencia! Penso que cando comezas algo no que pos tanta ilusión e esforzo, queres que todo vaia sobre rodas, ver resultados pronto... Pero creo que o emprededor ten que mentalizarse a que é un proceso máis lento do que se desexa e saber manter a ilusión e as ganas de seguir loitando, pero iso si, disfruntando a tope os pequenos éxitos.

 

Graciñas a Alba por acompañarnos hoxe no blog. Seguimos a tope de novidades, permanecede atentos! A semana que ven a estas horas estaremos chegando á casa trala primeira xornada do Pont-Up Store 2018!!

Queredes saber máis dos emprendedores e actividades desta edición? Atentos ó blog e ás redes sociais!

Inicia sesión para enviar comentarios
Go to top