Blog

LunSet10
No Pont-Up Store gústanos presumir de que en cada edición contamos con proxectos artesáns repletos de Creatividade e Talento Transformador.
 
Nesta edición, un destes proxectos é o estudio Variopinto. Variopinto é unha marca de productos diversos que van dende as bolsas os bastidores realizados de xeito manual por Minia, unha emprendedora do máis especial.
 
Queredes coñecer a Minia e o seu proxecto? Seguide lendo!
 
 
 
En primer lugar, cómo definirías Variopinto? Quen está detrás de este proxecto?
 
Variopinto é un estudio creativo que misturaa fotografía e aartesanía tentando dar un novo foco ao bordado contemporáneo. Tras este proxecto, estou eu, Minia. Aínda que estudiei fotografía e me adiquei exclusivamente a ela varios anos, sempre tiven inquietudes polo mundo da arte textil.

O proxecto nace dous anos atrás. O que o move é o meu amor polo cinema, a fotografía e as artes plásticas en xeral. Apareceu nun momento da miña vida no que sentín a necesidade de adicarme a algo que realmente me gustase e facer realidade eso que se di de “traballa no que che guste e non volverás traballar”.

Como chega o mundo do crochet e os traballos manuais a túa vida?

Omundodaartesaníasempreestivopresentenamiñavida.Dendeben pequeña desfrutaba debuxando, facendo collages e armando casiñas de cartón. O crochet chegou para quedarse fai algo máis de 4 anos. O que me cautivou foi a infinidade de posibilidades que da. Non hai nada que non podas plasmar con esta técnica.

 Que nos poderias contar dos teus produtos? Que é o que os fai especiais?

Dende que comecei sempre fun mudando pouco a pouco de produtos. As veces, faiseme aburrido centrarme nunha mesma cousa ( de ahí o nome de Variopinto). Aínda que dende fai xa máis dun ano adícome case en exclusiva aos produtos bordados. Os bastidores de fotograma son algo do que nunca me cansarei xa que cada un é único e distinto e as posibilidades son infinitas. 

O proceso de fabricación é moi distinto para cada un dos meus produtos. Para preparar os bastidores botánicos gústame bucear en libros de botánica, fotografías,etc antes de decidir o deseño final. Para os de fotogramas paso moitas horas visionando películas e tamén preparando as paletas de cor, os fíos e as telas adecuadas para cada proxecto. O que máis me inspira é o cinema e a botánica. No caso dos bastidores de fotograma gústame amosalos pouco a pouco nas RRSS e que a xente participe tentando adiviñar de qué film se trata. E o mundo da botánica é tan amplo que penso que podería pasar a vida bordando flores e esquecéndome de comer jajaja. Tamén adoro atopar fotografías antigas e darlles una nova vida a través de bordados de máis colorido.

 Tamén fas fotografía! Que tipo de imaxes retratas?

Agora mesmo estou moi centrada na fotografía de produto. É algo que nunca fixera ata que me vin na obriga de fotografiar os meus produtos, e a verdade é que foi todo un descubrimento. Encántame, tamén fago moitas fotografías ca técnica da dobre exposición nas que misturo retratos de xente e obxetos cotiáns con plantas e flores.

A quen esperas cautivar coa túa obra?

bastidores VARIOPINTO

Aínda non o teño claro de todo. Pero imaxino que o meu cliente ideal é aquela persoa que desfruta tanto coma min da natureza e dunha boa película nunha sala de cine.

Como acostumas tratar cos clientes? De forma online ou presencial? Como acolleron en xeral o teu negocio?

Trato cos meus clientes de forma online e tamén de forma presencial, xa que participo en moitas feiras ao longo do ano. Agora vou comezar a dar clases de bordado e será una nova forma de contacto. A verdade é que estou moi satisfeita ca resposta da xente. Penso que pouco a pouco estou conseguindo facerme un oquiño por pequeno que sexa ☺

Como coñeciches o Pont-Up Store? Que che levou a presentar unha candidatura no evento?

Coñecino a través dunha amiga, tamén emprendedora e que participou na edición do ano pasado. Aprecio moito poder participar este ano!

Penso que é un proxecto moi bo para impulsar a pequenos emprendedores. A nos costanos moito esforzo e traballo sair a flote e este tipo de proxectos son moi importantes de cara a aumentar a nosa visibilidade.

Xa para rematar, ¿Qué consello lles daríais a todos eses emprendedores que coma ti están iniciando o proceso ou se están decidindo a emprender?

Diríalles que teñan moita paciencia. O mundo do pequeño emprendedor é difícil e todo vai moi lento pero vale moitísimo a pena. Traballas moito pero sempre atopas recompensa☺.

 

 

Graciñas Minia por sacar un oco por conversar con nos.

Queredes saber máis sobre os emprendedores que formarán parte do Pont-Up Store 2018? Atentos ó blog e ás redes sociais, que nos próximos días seremos ben insistentes! 

Go to top