Blog

DomSet03

Como sucedeu no Pont Up Store 2016, quixemos coñecer aos emprendedores seleccionados para participar no Pont Up Store 2017 antes da celebración do evento.

Hai uns meses, Pontevedra encheuse de plumas para celebrar a creación de Martina Dadá, os seguintes emprendedores que vos imos presentar.

Martina deseña actividades e eventos socioculturais do máis orixinais. Queres saber máis? Sigue lendo!

 

1. En primeiro lugar, como definiriades Martina Dadá?

Martina Dadá deseña actividades e eventos socioculturais de carácter artístico co obxectivo de naturalizar a arte, achegándoa á cidadanía e facéndoa partícipe do proceso creativo.

2. Din que antes de percorrer o mundo, Martina vivía nunha cabana do bosque. Cómo xorde o proxecto? Como nace Martina?

Este ano, Pontevedra foi escenario protagonista dunha particular invasión: uns martinetes máxicos foron deixando plumas de cores con propiedades, a priori descoñecidas, por zonas emblemáticas da cidade.
Estes coloridos paxaros, ou máis ben, o seu colorido rastro, é o pistoletazo de saída de Martina Dadá, unha empresa pontevedresa de xestión e organización artística e cultural.

 

pontexogos

Así, o pistoletazo de saída foi conformado por unha serie de accións de comunicación, como a presenza en medios de Laura Carvalho, unha intrépida ornitóloga que tratou de desvelar o misterio dos martinetes, ou a representación da historia de Martina, executada por Cora Velasco.

Con todo, a pedra angular desta nova etapa é un conto protagonizado pola propia Martina Dadá, no cal se explica a orixe do seu interese pola arte e a cultura ou o porqué da presenza dos martinetes.

Este conto, escrito polo guionista e creativo publicitario Álvaro Robles e ilustrado pola ilustradora Ana Seoane, será o territorio base sobre o que se edificará a comunicación da empresa.

Contan que se volves ver plumas de cores en algures, será máis que probable que Martina Dadá estea a tramar algo e, sen dúbida, todos poderemos participar diso.

3. Qué fai especiais os eventos que coordinades?

Martina interactúa e fai partícipe a cidadanía en todos os seus eventos, deste xeito achega a arte e a cultura dun xeito máis familiar, cercano e para todxs.

4. Cal considerades que é a mellor e a a peor parte do proceso de emprender?

A mellor parte é poder levar a cabo un proxecto con ilusión e motivación, e facelo realidade. Isto compensa sobradamente os obstáculos que un poida atopar á hora de emprender, xa que con ilusión todo é posible.

5. Tamén tedes un conto. Qué nos podedes contar de Martina e a súa historia? Qué aporta aos nenos?

Todavía non coñeces a historia de Martina? Podes atopala aquí

A historia de Martina Dadá é para grandes e pequenxs. Calquera persoa, teña a idade que teña, se pode sentir identificada e motivada para seguir os seus soños, e espertar x cativx que levan dentro.

6. Utilizades as redes sociais? De ser así, ¿qué aportan ao proxecto?

Nas redes sociais falamos de Martina como un narrador omnisciente, isto quere dicir que mantendo a liña do conto, o narrador da historia fala de Martina nas redes sociais en terceira persoa e mantendo ese carácter máxico no personaxe.
Sabemos de Martina polas súas accións e polo que din dela, pero non podendo falar directamente con ela ou non sabendo dela directamente, mantendo así parte do misterio.

7. Cómo coñestedes o Pont Up Store?

Martina coñeceu o Pont up Store na súa última edición no 2016, visitando os stands de outra empresas amigas e coñecendo e descubrindo outras novas, e encantoulle!

8. Cales foron as razóns que vos levaron a presentar unha candidatura ao evento?

Como descubriu na edición pasada, Martina cre que o Pont-up é un evento moi interesante á hora de visibilizar ás empresas e o seu traballo de cara a outras empresas, institucións e á cidadanía.

9. Qué esperades obter do evento?

Máis visibilidade e promoción de cara o citado anteriormente

10. Xa para terminar. Qué consello lles darías a todos eses novos emprendedores que coma ti están comezando o proceso ou se están decidindo a emprender?

Que non o fagan se non é a súa maior pasión e non están realmente motivados, e como Martina transmite, que loiten polos seus soños e inquedanzas, aínda que non sempre sexa fácil.

 

 

Queredes visitar a Martina Dadá?

Facebook

Youtube

Web

 

Atentos os próximos días ás redes sociais! non queda nada para o Pont Up Store 2017!!

 

DomSet03

Como sucedeu no Pont Up Store 2016, quixemos coñecer aos emprendedores seleccionados para participar no Pont Up Store 2017 antes da celebración do evento.

Kiare, participa no #PontUpStore2017 nas modalidades de stand e actividade de dinamización e defínense como unha nova forma de entender a arte floral. Queres coñecer máis sobre estas emprendedoras ou entrar no mundo das Kokedamas? Sigue lendo!

 

1- En primeiro lugar, como definirías Kiare?

 

 Kiare é unha nova e innovadora forma de entender e interpretar a decoración de espazos a través do noso producto principal, as kokedamas. Elaboramos de forma natural e artesanal plantas sobre unha bóla de musgo.

 A innovación está presente en cada un dos nosos traballos xa que adaptamos e rediseñamos esta técnica ancestral para poder ofrecer os nosos clientes calquera tipo de planta, a parte das nosas especialidades de kokedamas con cactus e crasas.

 

2- Como xorde o proxecto? En que fase se atopa?

 

O proxecto xorde de unir varios factores como son: A paixón polas plantas, a realización persoal e a conciliación da vida familiar. 

 Agora estamos coa promoción dos nosos productos, logo dun longo proceso de aprendizaxe.

 

3- Que fai de especiais as kokedamas? Que poderías contarnos dos teus productos? A quen van destinados?

 

A máxia da kokedama radica na súa bóla que está formada por unha mezcla de sustratos e recuberta de musgo, que lle da un aspecto natural e silvestre. É, en definitiva, como se un cachiño de natureza pasara dentro da nosa casa conseguindo que se convirta nun lugar máis agradable e saudable.

 

As nosas elaboracións son moi versatiles e darán ese toque especial alí onde as poñas, ademáis son un producto completo xa que tódalas nosas kokedamas inclúen ou ben unha base decorativa ou ben un colgante que  as suspende no aire. Como xa comentei, intentamos innovar en cada producto así podemos ofrecer, ademáis das kokedamas clásicas, o que nos chamamos koketas onde o musgo é sustituido por outros materiais naturáis dando como resultado un producto diferente, divertido e creativo. Ademáis, este ano preparamos unha liña nova para Bodas e Eventos centrado na decoración de interiores e nos agasallos para os invitados.

 plantas-kokedamas-koketas

O noso cliente obxetivo son todos os amantes das plantas xa sexan particulares, profesionáis ou pemes. Ofrecemos un producto e servizo completo que vai desde o deseño e montaxe dun xardín de kokedamas ata o mantemento anual que precisen as bólas.

 

  

4-Que tipo de cuidados especiais necesitan estas plantas?

 

Os cuidados básicos son sinxelos onde con frecuencia a determina o tipo de planta que teña a bóla:

 

- A Rega farase por inmersión.

- Acondicionamento e limpeza das follas.

- Abono na auga de rega.

 

O factor máis importante que non sempre se ten en conta é o lugar donde colocaremos a nosa kokedama. Sempre hai unha planta para ese rincón pero non o revés.

 

 

5- Cal consideras que é a mellor e a peor parte de todo este camiño de difusión dos teus productos?

 

Para min a mellor parte é o proceso de aprendizaxe onde por forza aprendes de marketing, redes sociais, etc. E a peor parte son os erros inevitables que se cometen no camiño que o final fanche mellorar como profesional.

 

6- Utilizas as redes sociais? Que aportan o Proxecto?

 

Si as utilizamos pero teño que recoñecer que é un punto debil, onde estamos a aprender moito. Serve entre outras cousas para validar ideas e desenvolvemento de promoción. Estamos presentes en Facebook coa páxina @kiareinnovartefloral.

 

7- Como coñeceches o Pont-up store?

 

Mediante as redes sociais, gracias a este medio puidemos coñecer todos os detalles.

 

8-Cales foron as razóns que te levaron a presentar a candidatura ao evento?

 

A razón principal é que tiñamos que aproveitar a oportunidade de promocionar os nosos productos e servicios nun evento destas características. Onde os demáis participantes tamén son emprendedores que presentan as súas innovacións.

 

9- Que esperas obter do evento?

 

Aumentar a visibilidade da marca Kiare e dos seus productos e servizos, así como ampliar a rede de contactos.

 

10.Que vamos a poder ver no stand de Kiare?

 

Amosaremos unha selección dos nosos productos e as novidades que estivemos preparando estes últimos meses. Aproveitaremos a nosa participación no Pont-up store para facer unha presentación en exclusiva de novos productos e sorpresas. Así que animo a todos a que se acheguen o Pont-up para coñecer todo o que podemos ofrecer de primeira man.

 

10- Xa para terminar. Que consello lles darías a todos eses novos emprendedores que están comenzando o proceso ou se están decidindo a emprender?

 

Sobre todo que o proxecto o inicien con moitas ganas, ilusión e paixón xa que no proceso hai moitos altos e baixos. Non sempre é fácil pero cando o superas é moi gratificante. Tamén lles diría que na medida do posible se rodeen de xente coas mismas inquietudes emprendedoras.

 

 

Queredes coñecer máis sobre Kiare ou sobre as súas Kokedamas? Deixade as vosas preguntas en comentarios e visitádeas en:

FACEBOOK de Kiare

BLOG de Kiare

 

 

Atentos estas semanas! O Pont Up Store 2017 está ao caer e temos un montón de novidades preparadas ademais de presentar a moitos máis emprendedores!

 

MerAgo02

Dende a Organización do Pont Up Store 2017 queremos facer pública a listaxe completa de participantes nas 3 modalidades de participación - Stand, actividades de dinamización e Puntazo Exprés-.

Queremos expresar unha vez máis o noso agradecemento a todas os proxectos emprendedores que presentaron a súa candidatura pola gran acollida que tivo esta edición así como felicitalos pola gran calidade dos seus proxectos

Modalidade Stand




1

Información e Organización

www.pontupstore.com

21

Mi madre no me deja
Estampaxe sobre téxtil, porcelana e sobre todo o que se che ocorra.
www.mimadrenomedeja.com

2

Pontevedra ten un Puntazo 
Inciativa do Concello de Pontevedra desde as concellerías de Promoción económica e Cultura, para crear un punto de encontro da industria creativa, cultural e de innovación na cidade.
http://promocion.pontevedra.gal/filosofia/

22

Certivedra Rehabilitacion C.B.
Empresa que atende as necesidades de mellorar a envolvente térmica das vivendas, aumentando o confort interior e o aforro enerxético.
www.certivedra.es

3

Stand institucional - Patrocinadores

23

7varas
Bicicletas de bambú feitas a man
www.7varas.com

4

Dopra Complementos de moda
Deseño de complementos de moda
www.dopra.es

24

Coco y Lobo
Cousas bonitas para bebés, nais e pais
www.cocoylobo.com

5

Casa da avoa
Outro concepto de embuchados
facebook.com/casadaavoa

25

Kiare Innovarte Floral
Arte floral. Kokedamas
http://kiareinnovartefloral.blogspot.com.es/

6

CONSERVAS SOTAVENTO
Conservas Artesás
www.conservassotavento.com

26

La Boda de Nerea
Revista galega especializada na publicidade e difusión de empresas do sector nupcial
www.labodadenerea.es

7

Volta Montana
Axencia de turismo activo que desenvolve accións relacionadas coa cultura e coa natureza
www.voltamontana.com

27

The Community
Nova forma de comunicar, de poñer en contacto a empresas e comunidades específicas, como a comunidade nova
https://thecommunityspain.com/

8

Lastareixas
Exclusivos e erixinais complementos soñados, deseñados e realizados a man en Galicia
www.facebook.com/lastareixas

28

Bioorganización Consultoría Sistémica.
Consultoría persoal e organizacional con enfoque sistémico integrado con Bioneuroemoción.
www.alejandrofeijoo.es

Biofusiónate

Servizo de consultoría e formación de agronomía holística e crecemento persoal.
www.biofusionate.com

9

Dos Tipos Guapos
Axencia de Publicidade, Comunicación e Marketing Online
www.dostiposguapos.es

29

Comprar en Galicia
Localizador online de tendas, marcas e produtos
https://www.comprarengalicia.es

10

Degaltec Solutions
Desenvolvemento de software e hardware a medida
www.degaltec.com

30

TERRAS DA MARIÑA, S.COOP.GALEGA
Cooperativa de produtores de Lourenzá para a comercialización conxunta da faba
www.terrasdamarina.es

11

Plano Pementa
Espazo creativo e educación artística
www.planopementa.com

31

Degerónimo
Marca de deseño independente que nace co fin de deseñar e crear pezas naturais que transmitan o amor polas cousas feitas a man
http://degeronimo.com

12

MARTINA DADÁ
Deseño e promoción de actividades e eventos socioculturais de carácter artístico
www.martinadada.gal

32

Arobe Cerámica
Workshop de artesanía cerámica
arobeceramica.blogspot.com

13

SomosOcéano
Prendas de sabor mariñeiro e sentido do norte
http://www.somosoceano.com

33

Paus
Protexe a túa intimidade de forma creativa nos teus dispositivos dixitais
www.paus.lol

14

Cervexas MEIGA
Cervexa artesá
http://meiga.gal

34

Send2me Last Mile S.L.
A nova plataforma de caixas de correos electrónicas que che permite recibir as túas compras aínda que non esteas na casa
www.send2me.es

15

Woodding Hand Made Doll Atelier
Bonequiños personalizados de trapo para agasallos moi especiais
http://woodding.wixsite.com/woodding

35

PRECOALVI, S.L.
Elaboración de croquetas de calidade gourmet
www.croketasd.com

16

Funámbulos psicoterapia y apoyo escolar
Un espazo aberto á comunicación, o benestar, o equilibrio emocional e a autonomía do individuo. 
www.funambulos.com

36

FILLOS DO MAR
Marca de roupa independente creada á beira das Rías Baixas.
https://fillosdomar.com/

17

TERCEIRA PEL_da casa á ecoloxía
Solucións e asesoramento  en materia de construción ecolóxica adaptada a Galicia

37

PONTEVAN: FP NA RÚA
Aula de cociña móbil: a Formación Profesional na rúa, aprendendo a innovar 
innovaoroza.edublogs.org

18

Besherpa
Plataforma web para ofrecer e contratar plans de aventura e turismo avtivo locais e ecolóxicos
https://www.besherpa.com/

38

BICO DE XEADO
Cooperativa de xeados cremosos de elaboración artesanal
http://www.bicodexeado.es

19

Star-T Case World
Soluciones innovadoras no mundo da tecnoloxía móbil
www.star-tcase.com 

39

Neukos
Robótica
http://shop.neukos.com/es/

20

Casal de Creación
Enmarción creativa de antigüidades e a nivel conservación
http://casaldecreacion.com

40

Fabspace Coop
Cooperativa sen ánimo de lucro enfocada ao fomento de novas tecnoloxías e na loita contra a fenda dixital. Tanto para profesionais como para estudantes e entusiastas
www.fablabvigo.org


Programación de actividades:

 
 
Puntazo Exprés
 

ANAQUIÑOS DE PAPEL

Creatividade e deseño en papel

http://anaquinosdepapel.com

LA BODA DE NEREA

Revista galega especializada na publicidade e difusión de empresas do sector nupcial

www.labodadenerea.es

BESHERPA

Plataforma web para ofrecer e contratar plans de aventura e turismo avtivo locais e ecolóxicos

https://www.besherpa.com/

PRET A POP

Plataforma online que conecta a emprendedores de marcas emerxentes en arte, decoración e moda cos seus clientes potenciais dándolles maior visibilidade e impacto online.

www.pretapop.com

7 VARAS

Bicicletas de bambú feitas a man

www.7varas.com

oSIGRIs

Software/app móvil para la gestión de parcelas agrícolas y control de personal, pretendemos cambiar el actual cuaderno de campo por una app móvil con GPS.

PLANO PEMENTA

Espazo creativo e educación artística

www.planopementa.com

STAR-T CASE

Soluciones innovadoras no mundo da tecnoloxía móbil

www.star-tcase.com - www.carcasasolar.com

CERVEXAS MEIGA

Cervexa artesá

http://meiga.gal

LA FÁBRICA. COMIDA RÁPIDA, SANA Y BARATA

Comida Rápida, Sana y Barata... La comida como en casa.

https://www.facebook.com/lafabrica.milladoiro/

MerXul26

A organización seleccionou máis de 40 emprendementos entre un total de 123 solicitudes, que nesta edición medraron significativamente en calidade e potencial de desenvolvemento, e amosan un mapa galego de emprendemento máis equilibrado entre as cidades e o rural. As novas tecnoloxías e as enxeñerías volven achegar as propostas máis impactantes, seguidas por modelos de negocio e ideas moi innovadoras procedentes dos sectores da alimentación, a formación, a arte e a cultura, o deseño de moda, complementos e decoración. No encontro participará a empresa galega START-T-CASE que vende a todo o mundo a súa revolucionaria carcasa solar, capaz de recargar no noso teléfono móvil aproveitando a luz solar ou a luz artificial servindo ao mesmo tempo como funda protectora, e coa posibilidade de traspasar a carga a outros dispositivos a través dun sinxelo conector.

 

O PONT-UP STORE chegará en outono a Pontevedra por cuarto ano consecutivo, consolidado xa como o evento de referencia do novo emprendemento en Galicia. Despois dun intenso proceso de selección, no que se partía dun total de 123 solicitudes de participación recibidas, escolléronse os 41 emprendementos mellor cualificados para ter presenza no programa. Destes 41 emprendedores, 33 contarán cun stand gratuíto para mostrar os seus productos, ideas e servizos, e 5 terán tamén a oportunidade de participar no programa de actividades de dinamización desenvolvendo propostas tan interesantes como unha innovadora sesión de networking emprengando a intuición e o xogo para obter información útil na nosa empresa; unha cata de cervexa artesá; un obradoiro no que aprender a arte floral dos kokedamas; unha sesión de contacontos para promover a arte a a cultura entre a cidadanía; e un achegamento en familia ao mundo do álbum ilustrado empregando as nosas vivencias persoais.

 

Por último, 10 emprendementos participarán no Puntazo Exprés no que terán a oportunidade de explicar en 5 minutos o seu emprendemento a 5 importantes empresas e entidades galegas. Entre os escoitantes desta edición estarán, entre outros, Juan Vázquez Gancedo Director Xeral de Bodegas Martín Códax e Presidente do Clúster Alimentario de Galicia; Begoña Ocampo, socia fundadora da cadea de restaurantes La Pepita Burguer Bar; Débora Franco de Vázquez de Monet Viticultura; Xavier Castaño, da consultora Internacional de Proxectos Tecnolóxicos, Igalia; e Isabel Rodríguez Blanquer, directora de operacións da empresa especializada en produtos culturais para a infancia, El Faro de los Tres Mundos.

 

O director do Pont-Up Store, Pedro Figueroa, explica que “nesta edición constatouse un importante incremento na calidade dos emprendementos que presentaron candidatura, tanto no seu carácter innovador como no potencial de desenvolvemento”. En canto á procedencia das candidaturas, Figueroa afirma que “o Pont-Up Store consolídase como o referente do novo emprendemento en Galicia cun 50% das solicitudes procedentes de fora da provincia de Pontevedra. Ademais –engadiu- é relevante que preto do 35% das candidaturas procedan de fora das sete grandes cidades galegas, o que é indicativo da boa saúde das dinámicas emprendedoras nas vilas e no rural galego”. O director do Pont-Up tamén destacou que os sectores dos que proceden os emprendementos máis destacados son as novas tecnoloxías e as enxeñarías con apostas moi valentes e innovadoras tamén no ámbito da alimentación; a formación; a arte e a cultura; e especialmente o deseño, moda, complementos e decoración. Pedro Figueroa lamentou non poder acoller a máis emprendementos e explicou que “tras unha selección que, como recollen os obxectivos, procura o maior equilibrio posible entre os diferentes sectores e actividades, houbo proxectos de gran calidade que non puideron ser seleccionados finalmente debido ao límite de prazas dispoñibles”.

 

Todos os proxectos escollidos son novos emprendementos con menos de 3,5 anos (42 meses) dende a creación da empresa. Participar é de balde, pero os emprendedores seleccionados tiveron que superar un proceso de selección no que se aplicaron criterios de valoración sobre o grao de creatividade, innovación, potencial de crecemento e impacto económico e/ou social, que garantan a diversidade de participantes en canto produtos/servizos, sector de actividade, forma xurídica da empresa e procedencia xeográfica dos proxectos presentados.

Entre os escollidos hai empresas como 7VARAS, que se dedican a facer bicicletas de bambú; outras como PAUS, que venden packs de pegatinas especiais para tapar as cámaras dos nosos dispositivos móbiles e protexernos dos ciberataques; e propostas para facilitarnos a vida como a app ‘Care your Car’ de DEGALTEC, que nos permite xestionar o montemento do noso vehículo desde o noso Smartphone; ou a plataforma SEND2ME de caixas de correo electrónicas que nos premiten recibir as nosas compras online aínda que non esteamos na casa. Tamén participará a empresa galega START-T-CASE, que vende a todo o mundo e que está revolucionando o mundo dos dispositivos móbiles con carcasas que ademais de recargar os nosos teléfonos aproveitando a luz solar ou a luz artificial son ao mesmo tempo fundas protectoras e poden pasar carga a outros dispositivos cun sinxelo conector. Ademais, Pont-Up Store reserva sempre parte do seu espazo a iniciativas empresariais que operan dentro da economía social. Nesta ocasión unha das presenzas máis destacadas é a da marca Bico de Xeado, coa que a cooperativa Granxa O Cancelo foi capaz de transformar un problema como o da cota leiteira nun éxito de mercado ao empregar o excedente de leite na elaboración de xeados cremosos artesanais de alto valor engadido.

Relación definitiva de participantes no PONT-UP STORE 2017

 

VenXun02

Mostrar proxectos de emprendemento do ámbito do ensino e poñer en marcha un Laboratorio Creativo son outras apostas desta convocatoria

 

Esta mañá presentouse en Pontevedra a 4ª edición do Espazo de Emprendemento PONT-UP STORE, unha iniciativa liderada polo Campus CREA de Pontevedra (Universidade de Vigo) co apoio do Concello de Pontevedra como patrocinador principal. Na presentación participaron a concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías; o deputado de Economía da Deputación de Pontevedra, Carlos López Font; o vicerreitor do Campus de Pontevedra, Juan Manuel Corbacho; e o director do PONT-UP STORE, Pedro Figueroa, que presentou o calendario deste evento que volverá instalarse na Praza de España de Pontevedra entre o 21 e o 23 de setembro, e que hoxe deu o pistoletazo de saída a súa cuarta, froito da cooperación de máis de 35 entidades públicas e privadas.

 

O director do PONT-UP STORE afirmou que “o obxectivo do Pont-Up Store 2017 é incrementar o alto grao de cooperación acadado nas pasadas edicións coas entidades e institucións patrocinadoras e colaboradoras, incorporando outras novas para xerar maiores sinerxias que consoliden o evento”. Tamén destacou que se vai poñer unha especial atención en “conectar aos emprendedores e emprendedoras da Comunidade UP para lograr tecer unha gran rede galega de emprendemento”. De feito, por primeira vez, o PONT-UP STORE, incorpora na súa campaña imaxes das persoas que participaron nalgunha das anteriores edicións, co obxectivo de convertelos en protagonistas desa comunidade de “xente que se atreve a soñar e converte as súas ideas en realidade”, en palabras de Figueroa.

 

Pola súa parte, a concelleira Anabel Gulías asegurou que esta iniciativa “visibiliza formas alternativas de crecemento económico e aproveita os espazos públicos para amosar o potencial creativo de Pontevedra, de Galicia, do resto do Estado e tamén de Portugal”; e mostrouse satisfeita pola integración da rede de empresas creativas de ‘Pontevedra ten un Puntazo’ dentro da programación do Pont-Up Store a través do Puntazo Exprés. O vicerreitor Corbacho destacou “a capacidade de renovación e adaptación do Pont-Up Store que cada ano se preocupa por incorporar novidades demandadas no ámbito do emrpendemento”. Por último, López Font loubou os resultados do Pont-Up Store en só catro edicións, e brindou o seu apoio á organización para seguir apostando pola cultura do emprendemento.

 

INSCRICIÓNS ABERTAS
Este ano volverá haber tres modalidades de participación: presentar un emprendemento nun dos 33 stands gratuítos dispoñibles; propoñer actividades de dinamización dentro do programa; e participar no Puntazo Exprés no que 10 empresas serán seleccionadas para explicar en 5 minutos o seu emprendemento a 5 importantes empresas e entidades galegas. Entre os escoitantes desta edición estarán, entre outros, Juan Vázquez Gancedo Director Xeral de Bodegas Martín Códax e Presidente do Clúster Alimentario de Galicia; Begoña Ocampo, socia fundadora da cadea de restaurantes La Pepita Burguer Bar; Débora Franco de Vázquez de Monet Viticultura; e Xavier Castaño, da consultora Internacional de Proxectos Tecnolóxicos, Igalia. As candidaturas poderanse presentar a unha ou varias modalidades do 30 de maio ao 9 de xullo a través da web www.pontupstore.com

 

PROGRAMACIÓN
Na xornada previa do xoves 21 de setembro haberá unha Alborada Emprendedora plantexada como unha actividade sorpresa para presentar o evento ante a comunidade universitaria e a sociedade, na que a creatividade e a innovación vanse mesturar con actividades que potencien unha vida saudable. Volveremos contar cun Laboratorio Creativo de fabricación dixital e impresión 3D, onde haberá exposicións, demostracións e sesións de iniciación en continuo. Neste espazo desenvolvorase un obradoiro orientado ao urbanismo arredor da temática “Pensando a túa cidade”. FAB LAB SPACE, Camp Tecnológico e R (talleres CreaR) serán algúns dos colaboradores.

O sábado está programada a segunda edición da Xincana Bike orientada a desenvolver a iniciativa, o traballo en equipo e a cooperación entre nenas e nenos ata 14 anos. A proba divídese en 5 zonas cada unha cunha temática marcada e relacionada coa filosofía de emprendemento do Pont-Up Store.

No marco da reunión da comunidade WordPress en Pontevedra (Meetup) vaise organizar a actividade Emprende con Wordpress con diferentes obradoiros para achegar WordPress a calquera que teña interese mostrando casos de emprendedores que nos ensinarán como empregaron WordPress para emprender e crear o seu negocio/proxecto.

 

O EMPRENDEMENTO NO ENSINO
Unha das grandes apostas deste ano é establecer alianzas co ensino para levar ás aulas o espírito emnprendedor do PONT-UP e servir de escaparate para mostrar proxectos innovadores como Pontevan: FP na rúa , un aula de cociña móbil creada entre catro centros de ensino público de Pontevedra. (CIFP Carlos Oroza, CIFP A Xunqueira, IES Frei Martín Sarmiento e IES Montecelo e conta tamén coa colaboración da Universidade de Vigo-Quantum Automotive- CimaLab) que vai achegar a Formación Profesional á rúa e mostrar un proxecto co que o alumnado aprende a innovar, neste caso renovando o concepto de FoodTruck cun vehículo de comida san e de calidade.

 

COMUNIDADE UP
A presentación desta cuarta edición xuntou a unha boa parte da comunidade do PONT-UP STORE na Praza de España de Pontevedra para a tradicional foto de familia, unha familia que aumenta ano a ano tanto en patrocinadores, como en membros do comité organizador e por suposto en emprendedoras e emprendedores que participaron nunha sesión de networking na que contaron a evolución das súas empresas desde a súa participación no Pont-Up Store. T

A xornada rematou cun workshop impartido por Alberto Garnil, Socio Director de Iconweb, sobre a importancia do Plan de Marketing Online no proceso de emprendemento, centrándose en exemplos e ferramentas de utilidade para traballar a identidade e a comunicación dixital; o tráfico, as ferramentas publicitarias e as medicións e análises necesarias para aprender cales son as estratexias que funcionan para a nosa empresa.

 

Saúdos.
Comunicación | Marián Fernández | Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. | 650579208

 

 

SabSet24

Pontevedra, 23 de setembro de 2016.- A última xornada do Encontro de Emprendemento PONT-UP STORE estivo marcada polas actividades destinadas ao público familiar e a entrega de premios aos mellores proxectos de emprendemento desta edición que tivo un impacto social moi superior ao da pasada edición cun alcance que superou as 20.000 persoas implicadas entre participantes, visitantes e asistentes ás diferentes actividades durantes os tres días do evento. Como balance, o seu director, Pedro Figueroa, valorou sobre todo “o nivel dos emprendementos que se mostraron que demostran que sen dúbida somos unha potencia en talento, innovación e creatividade”. Dentro das actividades, Figueroa valorou especialmente o impacto do Puntazo Exprés pola oportunidade real que supón para os proxectos de emprendemento poder contactar directamente con grandes empresas galegas coas que iniciar unha posible colaboración. Po último o director do Pont-Up Store anunciou que a organización xa está traballando na próxima edición co obxectivo de mellorar as propostas e seguir medrando para atraer a Pontevedra a emprendedores e referentes en emprendemento a nivel global.

 

Actividades

O día empezou cunha xincana bike organizada polo Clube Cicilista de Poio e o comité organizador do Pont-Up Store, que se desenvolveu durante toda a mañá na Alameda de Pontevedra. Rapazas e rapaces de distintas idades participaron coas súas bicis nun circuito de probas  enfocadas a ensinarlles os valores do emprendemento social e o traballo en equipo.

 

Na Casa das Campás, os emprendedores de Converfit ensinaron un bo grupo de participantes a crear a súa propia tenda online nunha hora sen coñecementos previos. A continuación, a psicóloga e coach Raquel Barrero, impartiu unha charla enfocada a adestrar as habilidades para o emprendemento, romper barreiras e medos para a actividade profesional.

 

Actuacións e obradoiros

A cooperativa Miudiño, dedicada aos brinquedos e a música tradicional para o público infantil encheu a zona central da carpa de familias que participaron no espectáculo “Fíos do Querer”, do Cé Orquestra Pantasma, baseado no libro disco do mesmo nome que inclúe 24 sinxelas e agarimosas cancións para xogar cantar e bailar cos nenos de colo.

 

Mercado Flotante, unha empresa enfocada á venta online de productos gastronómicos para cociña internacional, desenvolveu un obradoiro no que os participantes aprenderon a elaborar mochis, unha receita xaponesa de boliñas de arroz.

 

Pola tarde, Xeitura Coop, centrada en actividades de xestión integral do patrimonio cultural, desenvolveu un obradorio de introducción á arqueoloxía destinado ao mostrar ao público mais cativo o valor das pezas patrimoniais que poden acharse no noso subsolo.

 

No stand da Microfábrica de Cervexa Artesá, Galician Brew, houbo tamén un obradoiro de elaboración de cervexa con coñecementos e técnicas básicas para poder facelo na casa.

 

Co equipo da empresa Fun Forest Inglés divertido, nenas e nenos de 6 a 12 anos experimentaron a aventura de emprender desenvolvendo por grupos varias ideas de negocio que prsentaron ao público en inglés e galego coa axuda dunha profesora-guía.

 

A última actividade foi a presentación da revista Alehop chea de contos, xogos, manualidades, maxia, música, deportes, receitas de cociña e historias sen final para poñer a funcionara a imaxinación.

 

Entrega de premios

O encontro clausurouse coa entrega de premios aos mellores emprendementos desta edición, escollidos por un xurado designado polo comité organizador do evento. O interese do proxecto en canto a creatividade e innovación, a dinamización, implicación e stand. Na categoría de Deseño, moda, complementos e Decoración, a empresa gañadora foi Thunders Love, unha marca de moda de estilo urbano para home e muller con puntos de venta en tendas especializadas de toda a península. No apartado de Comunicación, deseño gráfico e eventos, levou o premio Seele Comunicación, unh axencia de asesoramento nestes ámbitos que cautivou ao público do Pont-Up cunha proposta de promoción baseada nun orixinal xogo de creatividade con premios para os participantes. No ámbito das TIC’s e as Novas Tecnoloxías (Apps, videoxogos, é-commerce, software…) foi o equipo de iEscola C.B. o que se fixo co recoñecemento do xurado, co seu proxecto de formación no ámbito das novas tecnoloxías para centros educativos. No sector das Enxeñerías, consultorías e outros servizos, trunfou a proposta de Innovadhoc, unha empresa de servizos multimedia e de impresión 3D capaz de ofrecer prototipos en madeira e con especial orientación ao ámbito industrial e ao sector naval en particular. Na categoría de Formación, educación, arte e cultura, fíxose co galardón a empresa de economía social Xeitura Coop polo seu labor na xestión integral do patrimonio e a súa proposta de actividade de introduión á arqueoloxía durante a feira. No sector de Alimentación e Restauración, o proxecto emprendedor escollido polo xurado foi A tenda da Gata, unha proposta de emprendemento local en clave de consumo responsable, ben coñecida en Pontevedra a pesar da súa recente creación. E por último, o Premio ao Mellor Proxecto Emprendedor, escollido entre os premiados de todas as categorías foi Innovadhoc.

 

MerSet21

Pontevedra, 21 de setembro de 2016.- Este ano o Pont-Up 2016 aplica a innovación desde o seu mesmo acto de apertura. Mañá xoves ás 8:30, a terceira edición do encontro dará o pistoletazo de saída cun DAY BREAKER que terá lugar na entrada da Facultade de Ciencias Sociais, no Campus da Xunqueira. Esta orixinal apertura consistirá nunha inspiradora sesión matinal de música, baile, zumes e mindfullness, na que cargaremos pilas para participar nunha intensa xornada de actividades. Varios emprendedores da cidade serán os encargados de guiar a sesión: Low Pressure Fitness e Academia Toni Pilates na parte deportiva e de relaxación; A Tenda da Gata, AguaKm0 e Colmealoe achegando bebida e comida saudable para comezar o día a tope de enerxía.

Na Casa das Campás, impartiranse 2 sesións de Coaching Executivo para persoas emprendedoras en economia social, organizadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria baixo o título ‘Fortalece a túa idea de Proxecto’. Pola maña, de 10 a 14 horas, e pola tarde de 16 a 20h.

 

No Salón de Graos da Facultade de Ciencias Sociais, entre as 12 e as 14h, no desenvolverase unha mesa de debate en torno ás Experiencias da Economía Social nas Industrias Culturais en Galicia e Norte de Portugal. A sesión está organizada pola Federación de Cooperativas Sinerxia que nos achegará as experiencias de 7H Sociedade Cooperativa Cultural (Galicia); Vilamincha Sociedade Limitada Laboral (Galicia); e unha iniciativa de economía social de Portugal. A entrada é libre ata completar aforo.

 

Durante toda a xornada estará funcionando o Fab Lab Demostrativo de Impresión 3D e Gravado Láser no 1º andar da Facultade de CC Sociais. Alí será posible asistir a demostracións e sesións de iniciación; e coñeceremos as experiencias de Orballo Printing, Innovadhoc, NORT3D, GALIPRINT, TXAPU. A entrada é libre en horario de 11 a 14 e de 16 a 20.

 

Xa pola tarde, entre as 16 e as 19h, AJE propón na súa sede a charla ‘Que a túa empresa brille con luz propia’ na que intervirá Modesto Luis Gómez y Rodríguez, formador de marketing e estratexia do INCYDE, experto e marketing, publicidade e habilidades sociais e de emprendemento.  E na Sala de Xuntas da Deputación de Pontevedra, de 16:30 a 20:30, desenvolverase unha actividade de Dinamización do Cooperativismo no Sector Cultural, dentro dun programa que leva desenvolvéndose toda a semana e que finalizará o venres ás 18:30 coa presentación do proxecto da asociación MÚSICOS AO VIVO, que co apoio da administración vai poñer en marcha unha cooperativa de facturación, similar ás que xa funcionan en Cataluña e Madrid, coa que poderían dar cobertura ao sector musical galego e converterse no principal motor da cultura en Galicia.

 

Erasmus para Emprendedores

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela presentará o programa europeo “Erasmus para Mozos Emprendedores” na Casa das Campás ás 19:15 horas. Cun equipo de socios composto por sete países, a Cámara de Santiago axudará na selección e localización de mozos emprendedores cun plan de negocio viable para que adquiran as habilidades necesarias e poidan crear ou dirixir con éxito unha pequena ou mediana empresa en Europa. A técnica do departamento de Proxectos da Cámara, Belén Mendoza sinala que o programa facilitará e mellorará a “mobilidade” dos novos emprendedores e a participación de empresarios experimentados como empresas de “acollida”. No caso de noveis ou potenciais emprendedores, sinala que, para optar á axuda, que varía de contía segundo o país de destino, é preciso que a súa empresa non teña máis de tres anos, que o emprendedor fale un segundo idioma e que sexa residente permanente nun dos 37 países participantes. Ademais, dúas emprendedoras galegas, a viguesa Sandra Touza e a santiaguesa Margarita Murillo, ofrecerán o seu testemuño na xornada relatando a súa experiencia na última edición do programa “Erasmus para Mozos Emprendedores”.

 

O venres á partir das 11:00 terá lugar o acto de inauguración oficial do PONT-UP STORE 2016 con autoridades e patrocinadores no recinto da Praza de España.

  

Espazo de Emprendemento: stands e actividades vernes e sábado

O venres e o sábado, na carpa do PONT-UP STORE, haberá un programa continuado de actividades propostas polos emprendedores e continuarán tamén as actividades do programa oficial, entre as que destaca pola maña a demo de realidade virtual (VR) que terá lugar o venres a partir das 11:45 no espazo multiusos da carpa e na que se mostrarán algúns dos proxectos e gravacións que se van poder ver en Pontevedra durante a celebración do evento de tecnoloxías 360, TEK-FEST. E pola tarde, a proposta estrela desta edición, o Puntazo Exprés, que se desenvolverá na Casa da Luz, de 19:30 a 21:30. Trátase dun ‘speed dating’ que nace a partir da experiencia do programa PONTEVEDRA TEN UN PUNTAZO, promovido pola Concellería de Promoción e que ofrecerá a 10 novos emprendementos a oportunidade de presentar a súa idea de negocio en breves encontros cos responsables de cinco importantes grandes empresas e marcas galegas de diferentes sectores: FINSA, QUBITIA, PÉREZ TORRES MARÍTIMA, IDOIA CUESTA e DIMENSIONA. Os proxectos de emprendemento seleccionados para participar son A tenda da Gata, Polo Correo do Vento, Toupa Monstro, eCom Galicia, Somos Océano, Dogoplay, GEOMATI-K ingeniería, O Garaxe Hermético Retranca Editora, Deep Data Lab, e Gazehits.

 

PROGRAMA COMPLETO: http://pontupstore.com/2016/images/documentos/programa_pontupstore_2016.pdf PDF PUNTAZO EXPRÉS: http://pontupstore.com/2016/images/documentos/puntazo-expres_pontupstore.pdf

VenSet23

Pontevedra, 23 de setembro de 2016.-

Despois dunha intensa xornada previa centrada en actividades de formación e debate en torno ás últimas tendencias do emprendemento, o PONT-UP STORE comezou hoxe o encontro de emprendedoras e emprendedores que se desenvolverá durante dous días na carpa instalada na Praza de España onde 36 emprendedores mostrarán as súas ideas nos stands e nas actividades incluídas dentro do programa, e outros 10 poderán presentar os seus proxectos ante cinco firmas galegas de proxección internacional dentro do Puntazo Exprés.

 

Acto de Apertura

Autoridades e patrocinadores reuníronse esta mañá no espazo central da carpa para dar o pistoletazo de saída oficial á 3ª edición do PONT-UP STORE. Pedro Figueroa, director do encontro, destacou a calidade e cantidade de candidaturas recibidas este ano, das que so foi posible atender apenas un terzo, polo que pediu a institucións e patrocinadores “mais apoio para conseguir medrar e lograr que Pontevedra se consolide como un espazo de innovación e emprendemento en Galicia”. Pola súa parte, Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo destacou que “a Universidade debe saber estar preto dos veciños facendo transferência de coñecemento en eventos coma este”. O alcalde do Concello de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, quixo poñer en valor que Galicia é unha potencia en innovación e creatividade e felicitou ás persoas emprendedoras “por ser capaces de xerar actividade económica e emprego e saber responder a unha situación de crise da que eles non son responsables”. Carmela Silva, Presidenta da Deputación de Pontevedra, dixo que “Pontevedra sabe que o futuro pasa por liderar a cultura emprendedora” e destacou o feito de que se faga “no espazo público que é de todas e de todos”. No acto tamén participaron Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social da Universidade de Vigo; Juan Manuel Corbacho, vicerreitor do Campus de Pontevedra; Covadonga Toca, secretaria xeral Emprego da Xunta de Galicia; Mª del Carmen Fernández Penas, directora Territorial Pontevedra ABANCA; Guillermo Viña, xerente de IGAPE Nova; e Lucía Pedroso, presidenta de Aje Pontevedra. Ao remate, as autoridades realizaron unha visita institucional ao recinto do Pont-Up Store para coñecer os proxectos emprendedores e conversar cos seus responsables.

 

Proxectos Emprendedores

Dentro dos emprendementos destacan os modelos de negocio de base tecnolóxica que desenvolven apps para mellorar o rendemento das tendas online, para xogar ou para investir en bolsa; varias traballan con impresión dixital e gravado láser; e outras desenvolven dispositivos de sinalización de emerxencias e de balizamento. O sector da moda nas súas diferentes vertentes, ten unha presenza importante, e destacan tamén os emprendementos que teñen relación coa gastronomía, a formación, a comunicación, as viaxes, a xestión de eventos e a decoración. E houbo tamén unha significativa presenza de empresas de economía social, un dos eixes do encontro. Os emprendedores foron os responsables dun programa continuado de actividades que na xornada de hoxe incluíron unha xincana de probas pola cidade mediante a APP DOGOPLAY para xogar e coñecer xente, Tamén sesións prácticas de pedagoxía Montessori, contacontos e unha actividade de ‘car building’ na que a montaxe dun coche servirá de excusa para abordar ámbitos como o traballo en equipo, a comunicación, a creatividade e o liderado. No espazo central da carpa desenvolveuse unha demo de realidade virtual (VR) na que foi posible coñecer algúns dos proxectos e gravacións que se van poder ver en Pontevedra durante a celebración do evento de tecnoloxías 360, TEK-FEST.

 

En paralelo desenvolvéronse actividades en distintos puntos da cidade. Na Casa das Campás a Consellería de Economía, Emprego e Industria presentou as súas liñas de apoio financeiro ao emprendemento en economía social. No Café Moderno, ABANCA impartiu o obradoiro ‘Preparados para o investimento: O que debes saber de finanzas para montar a túa empresa’. A Deputación de Pontevedra, a través do seu asesor TIC, Alberto Falcón, propuxo o obradoiro ‘Coñece a rede SAMRTPEME e comeza a comercializar os teus servizos a través das redes sociais’. A Federación de Cooperativas Sinerxia presentou na Casa das Campás o proxecto da asociación MÚSICOS AO VIVO, que co apoio da administración vai poñer en marcha unha cooperativa de facturación, similar ás que xa funcionan en Cataluña e Madrid, coa que poderían dar cobertura ao sector musical galego e converterse no principal motor da cultura en Galicia.

 

Puntazo Exprés

Pola tarde, desenvolveuse na Casa da Luz a proposta estrela desta edición, o Puntazo Exprés, que nace a partir da experiencia do programa PONTEVEDRA TEN UN PUNTAZO, promovido pola Concellería de Promoción e que ofreceu a 10 novos emprendementos a oportunidade de presentar a súa idea de negocio en breves encontros cos responsables de cinco importantes grandes empresas e marcas galegas de diferentes sectores: FINSA, QUBITIA, PÉREZ TORRES MARÍTIMA, IDOIA CUESTA e DIMENSIONA. Os proxectos de emprendemento que participaron son A tenda da Gata, Polo Correo do Vento, Toupa Monstro, eCom Galicia, Somos Océano, Dogoplay, GEOMATI-K ingeniería, O Garaxe Hermético Retranca Editora, Deep Data Lab, e Gazehits. O programa pechouse cunha sesión de networking na que participaron emprendedores de todas as edicións para seguir creando vínculos entre unha comunidade que nestes momentos alcanza xa as 150 empresas involucradas a través das 3 edicións do PONT-UP STORE.

 

Última xornada

Mañá sábado, unha xincana bike con pequenos emprendedores percorrerá as rúas da cidade, e continuarán as actividades: como facer unha tenda online nunha hora sen coñecementos previos; adestrar a nosa boa sorte; aprender a elaborar cervexa; introducirse na arqueoloxía; facer mochis (pasteliños de arroz xaponeses); demostracións de robótica; a presentación da revista infantil ALEHOP e do disco ‘Fíos do Querer’. Ao final da tarde entregaranse os premios aos mellores emprendementos desta edición.

PROGRAMA COMPLETO: http://pontupstore.com/2016/images/documentos/programa_pontupstore_2016.pdf 

 

Páxina 2 de 3
Go to top