Dende a Organización do Pont Up Store 2018 queremos facer pública a listaxe completa de participantes nas 3 modalidades de participación - Stand, actividades demostrativas e Puntazo Exprés.
Expresar unha vez máis o noso agradecemento a todos os proxectos emprendedores que presentaron a súa candidatura pola gran acollida que tivo esta quinta edición (144 solicitudes procedentes de toda Galicia) así como felicitalos pola gran calidade dos seus proxectos.
Modalidade Stand
1 |
Información e Organización |
20 |
Trazers |
2 |
Alobre 3D Consultoría creativa de solucións en 3D para visibilizar e dar vida a ideas, proxectos, produtos e servizos. |
21 |
OnyVÁ |
3 |
Stand institucional - Patrocinadores |
22 |
Mulleres Atlânticas |
4 |
MY little Piura |
23 |
Xtonebox |
5 |
O Submarino Alta Conserva, SL |
24 |
Taller 7 MakerSpace |
6 |
Téagarimo |
25 |
Árbore S. Coop. Galega |
7 |
Bluscus - Turismo Mariñeiro |
26 |
Gomo Bonsai |
8 |
diecisietecosas |
27 |
El Asegurado Enterado |
9 |
Andrea Area Estudio Creativo |
28 |
PeriFéricas, Escola de feminismos alternativos |
10 |
Kooch Green Cosmetics s.l. |
29 |
DATA MONITORING SL |
11 |
YARACAN GALICIA, CB |
30 |
Las flores de Greta |
12 |
SPA-cc ediliciaBIM |
31 |
The Graphics Project |
13 |
Waipia Surf |
32 |
LUMEIRA |
14 |
Apícola Regueira en colaboración con Cervezas Meiga |
33 |
Espacio Matrioska |
15 |
BISQATO |
34 |
Cajasazules |
16 |
BichOh! |
35 |
Exga3D |
17 |
Aliadogs |
36 |
Dronalia |
18 |
Catálogos para empresas |
37 |
Gaming Troop |
19 |
Variopinto |
Gaming Troop | Asociación GAMER gamingtroop.es |
Hashtag Saludable |
Recetas de cociña saudable |
Músicas ao Vivo S. Coop. Galega |
Cooperativa de músicas/os |
Taller 7 MakerSpace | Taller de Fabricación de Prototipos https://www.taller7makerspace.com/ |
The Cloud Gaming | Club de e-Sports www.thecloudgaming.com |
YARACAN GALICIA, CB | Terapia Asistida con Animais https://es-es.facebook.com/YaracanGalicia/ |
Amarelas S. Coop. Galega |
Proxecto socio-edu-eco-ludo- turístico heteroxéneo e dual que desenvolve actividades de turismo e ocio en Galicia www.amarelas.es |
Catálogos para empresas |
Especialistas en deseño editorial físico e virtual. Solución de comunicación 360º para empresa, proveedores e clientes https://catalogosparaempresas.com |
Exga3D |
Deseño de alimentos personalizados utilizando impresión 3D www.exga3d.com |
Hashtag Saludable |
Recetas de cociña saudable www.hashtagsaludable.com |
Muutech Monitoring Solutions |
Solucións de monitorización enfocadas, además de a entornos de sistemas de información, a entornos industriais e de produción www.muutech.com |
NATURAL SNACK LAB SLU |
Fabricación dun snack 100% natural a partir da deshidratación de purés de froitas, sen azucres, colorantes ou conservantes engadidos WWW.FRUITAH.ES |
SPA-cc |
(Re)creación de entornos viruales spa-cc.com |
The Cloud Gaming |
Club de e-Sports www.thecloudgaming.com |
The Graphics Project |
Gafas de Sol – Moda e Accesorios http://www.thegraphicsproject.com |
WINBOX APP |
App, plataforma para poñer en contacto directo a compradores e vendedores www.winboxapp.com |
O Encontro de Emprendemento inaugurouse esta mañá con grandes novidades no espazo central, actividades en distintos puntos da cidade e un Laboratorio Creativo de Fabricación Dixital aberto a toda a cidadanía.
Esta mañá a carpa do Pont-Up Store volveu a instalarse na Praza de España da cidade de Pontevedra para converterse durante dous días no encontro de referencia de apoio ao emprendemento galego e divulgación da cultura emprendedora. Ao acto de ianuguración oficial asisitiron representantes das institucións, entidades e empresas que apoian o encontro nun exemplo de colaboración que en palabras do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, ‘é a nosa responsabilidade, cooperar para axudar ás persoas que emprenden a innovar, a xerar emprego e riqueza económica’. O rexedor tamén afirmou que o Concello de Pontevedra está aberto á ampliación do evento para acoller tamén a emprendementos do resto do Estado e de Portugal. José Luis Ramírez de ABANCA comprometesse coe evento e anunciou que a entidade está a punto de lanzar novos produtos e servizos para dar resposta ás demandas do ecosistema emprendedor e conseguir que as ideas se transformen en empresas viables nun corto período de tempo. Nesta mesma liña falaron o Xerente de Alianzas Estratéxicas de R, Alberto Costas Ramos, que presentou un programa de apoio ao emprendemento dirixido á mocidade; e Guillermo Viña González, Xerente de IGAPE Nova, que anunciou un novo servizo de préstamos vinculados directamente a iniciativas emprendedoras a través da Lei de Fomento do Emprendemento. Dolores González Álvarez, Vicerreitora de Estudantes da Universidade de Vigo, afirmou que Pontevedra é estes días a vanguarda do emprendemento galego que se está comprovando que chega desde todos territórios, tanto rural como urbano, e desde calquera âmbito e sector empresarial; e quixo destacar o traballo realizado desde a preincubadora do programa INCUVI Emprende, de onde saíron empresas que xa teñen participado no Pont-Up Store e que continúan imparables a súa expansión como MONET VITICULTURA que esta tarde formará parte do selecto grupo de escoitantes do PUNTAZO EXPRÉS.
Pola súa parte o director do encontro, Pedro Figueroa, assegurou que ‘esta edición é un paso decisivo na consolidación do Pont-Up como espazo de emprendemento froito da cooperación de máis de 35 organizacións e entidades públicas e privadas, do traballo voluntario do profesorado, o alumnado e o persoal da Universidade de Vigo’. Figueroa resaltou que os 40 emprencdementos que van ter presenza no Pont-Up Store foron seleccionados entre 120 candidaturas chegadas de toda Galicia, e ‘dan unha mostra da creatividade e a innovación que existe no país e a constatación de que Galicia ten un futuro prometedor e moita ‘Xente que se atreve a soñar’ como reza o noso lema desta edición’.
O director do encontro engadiu que xunto a este escaparate de empresas aorganziación programou máis de 40 actividades que ofrecen unha oportunidade para a formación e a aprendizaxe para as persoas emprendedoras actuais e potenciais, para profesionais, mocidade e familias que se queren aproximar ao mundo do emprendemento.
Neste sentido, a primeira xornada do encontro contou con visitas de distintos centro de ensino de secundaria da provincia de Pontevedra, como reflexo da alianza que nesta edición se intentou establecer co mundo do ensino para fomentar na xente nova o espíritu emprendedor. A actividade protagonista desta nova liña de traballo é Pontevan: FP na rúa, un aula de cociña móbil creada entre catro centros de ensino público de Pontevedra. (CIFP Carlos Oroza, CIFP A Xunqueira, IES Frei Martín Sarmiento e IES Montecelo e conta tamén coa colaboración da Universidade de Vigo-Quantum Automotive- CimaLab) que vai achegar a Formación Profesional á rúa e mostrar un proxecto co que o alumnado aprende a innovar, neste caso renovando o concepto de FoodTruck cun vehículo de comida san e de calidade. Esta actividade enmárcase dentro do novo espazo de degustación na que tamén estarán as empresas PRECOALVI, coas súas croquetas gorumet, e BICO DE XEADO, transformando con moita creatividade un problema como o exceso de cota leiteira nun produto de valor engadido como é o xeado artesano procedente ademais dunha empresa de economía social, a Cooperativa Agraria Provincial da Coruña.
Durante toda a xornada sucederanse actividades programadas pola organización e os colaboradores en distintos emprazamentos da cidade, e outras organizadas polos propios proxectos de emprendemento dentro da carpa do evento. Haberá tamén sesións orientadas a seguir unindo e aumentando a gran comunidade de persoas vinculadas ao emprendemento, creada ao longo destas catro edicións e que agrupa xa a máis de 200 participantes baixo o nome de MOVEMENTO UP.
Continúa tamén aberto o Laboratorio Creativo de fabricación dixital e impresión 3D que esta tarde presentará a solución impresa xenerada a partir do obradoiro ‘Fabricando Cidade’ que comezou o mércores; e acollerá o obradoiro ‘Educación, Familia e Tecnoloxía dirixida a docentes e familias, e o taller de robótica Crea R cunha proposta de emprendemento para os maís novos. Ademais, no marco da reunión da comunidade WordPress en Pontevedra (‘Meetup’) vaise organizar a actividade Emprende con Wordpress con diferentes obradoiros para achegar WordPress a calquera que teña interese mostrando casos de xente emprendedora que explicarán como empregaron WordPress crear o seu negocio/proxecto.
Puntazo Exprés
A actividade estrela deste venres será sén dúbida o Puntazo Exprés. A partir das 19 horas, no Museo de Pontevedra, 10 emprendementos terán a oportunidade de explicar en 5 minutos o seu emprendemento a 5 importantes empresas e entidades galegas. Entre os escoitantes desta edición estarán, entre outros, Juan Vázquez Gancedo Director Xeral de Bodegas Martín Códax e Presidente do Clúster Alimentario de Galicia; Begoña Ocampo, socia fundadora da cadea de restaurantes La Pepita Burguer Bar; Débora Franco de Vázquez de Monet Viticultura; Xavier Castaño, da consultora Internacional de Proxectos Tecnolóxicos, Igalia; e Isabel Rodríguez Blanquer, directora de operacións da empresa especializada en produtos culturais para a infancia, El Faro de los Tres Mundos.
Actividades para mañá sábado
Seguindo coa idea de inculcar o espírito emprendedor desde idades moi temperás, o sábado está programada a segunda edición da Xincana Bike orientada a desenvolver a iniciativa, o traballo en equipo e a cooperación entre nenas e nenos ata 14 anos. A proba divídese en 5 zonas cada unha cunha temática marcada e relacionada coa filosofía de emprendemento do Pont-Up Store.
O mentoring, unha das novidades do programa, terá o seu espazo pola tarde. A Fundación Ronsel presentará no Liceo do Casino o Proxecto Youth Business Spain mentres a Asociación Española de Mentoring (AMCES) propón a conferencia “Mentoring como clave do éxito no emprendemento” seguida dunha mesa redonda arredor da importancia de contar cun acompañamento profesional no proceso do emprendemento.
O programa de actividades de dinamización no espazo central da carpa contará mañá con propostas como unha innovadora sesión de bionetworking organizada por BIOFUSIÓNATE na que se emprengará a intuición e o xogo para obter información útil na nosa empresa; unha cata de cervexas artesá da marca MEIGA; un obradoiro de KIARE INNOVARTE FLORAL no que aprender a arte floral dos kokedamas.
Saúdos.
Comunicación | Marián Fernández | Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. | 650579208
O encontro de emprendemento máis importante de Galicia inaugura mañá a súa cuarta edición
Trala xornada previa de hoxe con actividades repartidas por toda a cidade e o FAB LAB a pleno rendemento, o IV PONT-UP STORE abre mañá oficialmente a súa carpa aos mellores emprendementos galegos cun programa cualitativa e cuantitativamente moi superior ao das anteriores edicións, que o posiciona como a principal referencia para emprender en Galicia.
Mañá abrirá as súas portas a carpa instalada na Praza de España onde ademais de coñecer os 37 proxectos emprendedores seleccionados para ocupar os stands, o público poderá participar nas actividades de dinamización propostas polos emprendedores. Ás 11:30 está previsto o acto oficial de inauguración con representantes das administracións e os patrocinadores implicados, que realizarán unha visita ao recinto do Pont-Up Store para coñecer as propostas de emprendemento; e a continuación achegaranse a palpar o ambiente crativo do Fab Lab instalado na Facultade de Belas Artes.
Esta edición volve a consolidar a Pont-Up Stpre como o escaparate de emprendementos de referencia en Galicia. Esta vai ser unha edición diversa, innovadora, moi creativa e tamén sostible, cunha alta porcentaxe de propostas que buscan mellorar a vida das persoas desde distintos ámbitos (listado descritivo adxunto). Algunhas destas empresas ofrecerán tamén un programa de actividades de dinamización no espazo central da carpa con propostas como unha innovadora sesión de bionetworking organizada por BIOFUSIÓNATE na que se emprengará a intuición e o xogo para obter información útil na nosa empresa; unha cata de cervexas artesá da marca MEIGA; un obradoiro de KIARE INNOVARTE FLORAL no que aprender a arte floral dos kokedamas; un achegamento en familia ao mundo do álbum ilustrado empregando as nosas vivencias persoais proposto por PLANO PEMENTA; e laboratorios dinámicos de creación cultural e artística de economía social cos que a REDE EUSUMO quere promover a arte a a cultura entre os nenos e nenas desde a perspectiva da economía social, unha abordaxe que tamén estará presente no Encontro Networking da Economía Social organizado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Primeira xornada a tope de actividade
Na programación destacan as propostas e a implicación de case 40 organizacións involucradas con actividades plantexadas en 12 localizacións diferentes da cidade e arredor de 100 expertos impartindo conferencias, xornadas e obradoiros. A xornada previa de hoxe serviu para quecer motores e recibir aos primeiros emprendedores como público de charlas e encontros en distintos espazos da cidade. A mañá comezou cun ‘Encontro Networking de Economía Social’ na Casa das Campás onde os emprendedores que traballan desde fórmulas como a cooperativa tiveron a oportunidade de manter charlas bis a bis con directivos de entidades como ABANCA ou os GRUPOS DE ACCIÓN LOCAL PESQUEIRA. Entre outras conclusións, lanzouse a demanda de que a administración pública aplique os criterios da economía social nas súas compras, convocatorias e concursos de servizos. Ademais presentouse un directorio de economía social que está sendo elaborado desde o Concello de Pontevedra.
Tamén pola mañá, AJE Pontevedra impartiu na súa sede un ‘Seminario de Marketing dixital e Social Media’; mentres que a Cámara de Comercio plantexou durante a tarde dúas propostas: por un lado casos de éxito impulsados desde a propia Cámara para fomentar e apoiar o emprendemento; e por outra as ‘Oportunidades de financiamento para Emprendedores en Europa’ a través do programa ‘Erasmus para Emprendedores’ que permite a mobilidade e o intercambio de coñecementos con empresarios experimentados en Europa. A Deputación de Pontevedra, pola súa parte, ofrece formación sobre posicionamento SEO a través do obradoiro ‘imos chamar á porta dos teus clientes’, que se celebrou na Aula CEMIT do seu edificio administrativo. A xornada finalizou cun encontro de ‘Familias Creativas’ organizado polo Equipo Sequoia, que mensualmente promove reunión entre persoas en busca de emprego, emprendedoras ou con empresas, coa finalidade de crear rede, compartir coñecementos e intercambiar experiencias para evolucionar en grupo.
Actividades para mañá venres
Entre as actividades programadas para mañá, ABANCA propón a sesión de formación exprés ‘Preparado para o investimento? O que debes saber de finanzas para montar a túa empresa’. O mentoring será unha das novidades do programa. A Fundación Ronsel presentará o sábado o Proxecto Youth Business Spain mentres a Asociación Española de Mentoring (AMCES) propón a conferencia “Mentoring como clave do éxito no emprendemento” seguida dunha mesa redonda arredor da importancia de contar cun acompañamento profesional no proceso do emprendemento.
O Laboratorio Creativo de fabricación dixital e impresión 3D presentará a solución impresa xenerada a partir do obradoiro ‘Fabricando Cidade’ que comezou o mércores. Dentro das actividades que se desenvolverán mañá neste espazo o obradoiro ‘Educación, Familia e Tecnoloxía e o taller de robótica Crea R cunha proposta de emprendemento para os maís novos. Ademais, no marco da reunión da comunidade WordPress en Pontevedra (‘Meetup’) vaise organizar a actividade Emprende con Wordpress con diferentes obradoiros para achegar WordPress a calquera que teña interese mostrando casos de xente emprendedora que explicarán como empregaron WordPress crear o seu negocio/proxecto.
O emprendemento no ensino
Unha das grandes apostas deste ano é establecer alianzas co ensino para levar ás aulas o espírito emnprendedor do PONT-UP e servir de escaparate para mostrar proxectos innovadores como Pontevan: FP na rúa, un aula de cociña móbil creada entre catro centros de ensino público de Pontevedra (CIFP Carlos Oroza, CIFP A Xunqueira, IES Frei Martín Sarmiento e IES Montecelo e conta tamén coa colaboración da Universidade de Vigo-Quantum Automotive- CimaLab). Os alumnos e alumnas proporán durante dous días unha oferta gastronómica con catro variedades de bocadillos de autor elaborados con produtos da horta do oroza e materias primas galegas de primeira calidade. Mañá venres ás 12:30 presentarán o proxecto na Facultade de Belas Artes apadriñados polo recoñecido foodtrucker Hermes Castro, toda unha isntitución no circuito profesional de comida saudable e gourmet coa súa foodtruck 'Hermes´Journey'.
Puntazo Exprés
A última hora da tarde (19-21) terá lugar no sexto edificio do Museo de Pontevedra, a actividade estrela da xornada: o Puntazo Exprés, onde 10 emprendementos terán a oportunidade de explicar en 5 minutos o seu emprendemento a 5 importantes empresas e entidades galegas. Entre os escoitantes desta edición estarán, entre outros, Juan Vázquez Gancedo Director Xeral de Bodegas Martín Códax e Presidente do Clúster Alimentario de Galicia; Begoña Ocampo, socia fundadora da cadea de restaurantes La Pepita Burguer Bar; Débora Franco de Vázquez de Monet Viticultura; Xavier Castaño, da consultora Internacional de Proxectos Tecnolóxicos, Igalia; e Isabel Rodríguez Blanquer, directora de operacións da empresa especializada en produtos culturais para a infancia, El Faro de los Tres Mundos.
Saúdos.
Comunicación | Marián Fernández | Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. | 650579208
Máis de 40 empresas van presentar os seus modelos de negocio nesta cuarta edición do Pont-Up Store, que se consolida como o principal evento de emprendemento en Galicia. As novas tecnoloxías e as enxeñerías volven achegar as propostas máis impactantes, seguidas por ideas moi innovadoras procedentes dos sectores da alimentación, a formación, a arte, a cultura e o deseño. No programa deste ano destacan as actividades relacionadas coa economía social, o fomento do emprendemento na escola, e a importancia do mentoring na primeira fase dun proxecto. Un Laboratorio Creativo aberto a toda a cidadanía permitirá a toda a familia achegarse á robótica e á fabricaión dixital; e o Puntazo Exprés volverá converterse nunha lanzadeira de proxectos propiciando encontros produtivos entre grandes empresas galegas e os emprendementos máis destacados desta edición.
A programación do PONT-UP STORE 2017 foi presentada esta mañá, na sala de prensa do Concello de Pontevedra, polo director do encontro, Pedro Figueroa; a concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías; o responsable de Economía da Deputación de Pontevedra, Carlos López Font; e o vicerreitor do Campus de Pontevedra, Juan Manuel Corbacho, que vencellou este encontro á ‘liña de traballo que se está a seguir desde o Campus CREA para apoiar iniciativas creativas na cidade, conseguindo que cada vez o alumnado emprenda máis’. A concelleira Anabel Gulías destacou que “o Pont-Up Store está transformando a Pontevedra nunha cidade innovadora capaz de acoller os emprendementos mais punteiros de Galicia”. Pola súa parte, Carlos López Font, asegurou que en Galicia hai moito talento e este é un espazo de visibilización perfecto para testar novas ideas. A continuación, Pedro Figueroa debullou o programa, integrado por case 40 actividades enfocadas ao desenvolvemento da cultura emprendedora. Figueroa destacou o “só puidemos atender o 30% das solicitudes que nos chegaron e para a miña sorpresa o 33% dos proxectos proceden do rural e das vilas, e iso significa que podemos crer no futuro do noso país”.
Nesta edición a actividade volverá concentrarse en tres días: unha xornada previa o xoves 21 con charlas e encontros en distintos espazos da cidade; e dúas xornadas mais centradas na carpa que estará instalada na Praza de España o venres 23 e o sábado 24 de setembro, onde ademais de coñecer os 37 proxectos emprendedores seleccionados para ocupar os stands, o público poderá participar nas actividades de dinamización propostas polos emprendedores.
O escaparate de emprendementos de PONTÚP STORE 2017 vai ser diverso, innovador, moi creativo e tamén sostible, cunha alta porcentaxe de propostas que buscan mellorar a vida das persoas desde distintos ámbitos. Hai empresas como 7VARAS, que se dedican a facer bicicletas de bambú; outras como PAUS, que venden packs de pegatinas especiais para tapar as cámaras dos nosos dispositivos móbiles e protexernos dos ciberataques; e propostas para facilitarnos a vida como a app ‘Care your Car’ de DEGALTEC, que nos permite xestionar o montemento do noso vehículo desde o noso Smartphone; ou a plataforma SEND2ME de caixas de correo electrónicas que nos premiten recibir as nosas compras online aínda que non esteamos na casa. Tamén participará a empresa galega START-T-CASE, que vende a todo o mundo e que está revolucionando o mundo dos dispositivos móbiles con carcasas que ademais de recargar os nosos teléfonos aproveitando a luz solar ou a luz artificial son ao mesmo tempo fundas protectoras e poden pasar carga a outros dispositivos cun sinxelo conector. Ademais, Pont-Up Store reserva sempre parte do seu espazo a iniciativas empresariais que operan dentro da economía social. Nesta ocasión unha das presenzas máis destacadas é a da marca BICO DE XEADO, coa que a cooperativa Granxa O Cancelo foi capaz de transformar un problema como o da cota leiteira nun éxito de mercado ao empregar o excedente de leite na elaboración de xeados cremosos artesanais de alto valor engadido.
Algunhas destas empresas ofrecerán tamén un programa de actividades de dinamización no espazo central da carpa con propostas como unha innovadora sesión de bionetworking organizada por BIOFUSIÓNATE na que se emprengará a intuición e o xogo para obter información útil na nosa empresa; unha cata de cervexas artesá da marca MEIGA; un obradoiro de KIARE INNOVARTE FLORAL no que aprender a arte floral dos kokedamas; un achegamento en familia ao mundo do álbum ilustrado empregando as nosas vivencias persoais proposto por PLANO PEMENTA; e laboratorios dinámicos de creación cultural e artística de economía social cos que a REDE EUSUMO quere promover a arte a a cultura entre os nenos e nenas desde a perspectiva da economía social, unha abordaxe que tamén estará presente no Encontro Networking da Economía Social organizado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Actividades en toda a cidade
Na programación destacan as propostas e a implicación de case 40 organizacións involucradas con actividades plantexadas en 12 localizacións diferentes da cidade e arredor de 100 expertos impartindo conferencias, xornadas e obradoiros. A Deputación de Pontevedra ofrecerá un obradoiro práctico para axudar ás persoas emprendedoras a posicionar o seu proxecto baixo a proposta ’Imos chamar á prota dos teus clientes: Posicionamento SEO’. Pola súa parte, ABANCA propón a sesión de formación exprés ‘Preparado para o investimento? O que debes saber de finanzas para montar a túa empresa’. As Cámaras de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa presentarán os seus viveiros para persoas emprendedoras e unha serie de casos de éxito nas que teñen actuado como mentores.
Precisamente o mentoring será unha das novidades do programa. A Fundación Ronsel presentará o sábado o Proxecto Youth Business Spain mentres a Asociación Española de Mentoring (AMCES) propón a conferencia “Mentoring como clave do éxito no emprendemento” seguida dunha mesa redonda arredor da importancia de contar cun acompañamento profesional no proceso do emprendemento.
Un laboratorio creativo para repensar a cidade
O noso Laboratorio Creativo de fabricación dixital e impresión 3D amplía espazo, programación e alianzas. Será o primeiro en comezar a funcionar, desde o mércores 20, e estará ubicado nas Salas de Exposicións da Facultade de Belas Artes e da Escola de Restauración propoñendo exposicións, demostracións e sesións de iniciación á fabricación dixital de forma continuada durante os tres días. Dentro das actividades que se desenvolverán neste espazo destacan tres obradoiros: ‘Educación, Familia e Tecnoloxía’; “Pensando a túa cidade” orientado ao urbanismo; e o taller de robótica Crea R no que Líboli, un proxecto empresarial que se presentou hai dous anos no pont-Up Store, logrou implicar á empresa de telefonía R nun proxecto de emprendemento para os maís novos. Ademais, no marco da reunión da comunidade WordPress en Pontevedra (‘Meetup’) vaise organizar a actividade Emprende con Wordpress con diferentes obradoiros para achegar WordPress a calquera que teña interese mostrando casos de xente emprendedora que nos ensinarán como empregaron WordPress crear o seu negocio/proxecto.
O emprendemento no ensino
Unha das grandes apostas deste ano é establecer alianzas co ensino para levar ás aulas o espírito emnprendedor do PONT-UP e servir de escaparate para mostrar proxectos innovadores como Pontevan: FP na rúa, un aula de cociña móbil creada entre catro centros de ensino público de Pontevedra. (CIFP Carlos Oroza, CIFP A Xunqueira, IES Frei Martín Sarmiento e IES Montecelo e conta tamén coa colaboración da Universidade de Vigo-Quantum Automotive- CimaLab) que vai achegar a Formación Profesional á rúa e mostrar un proxecto co que o alumnado aprende a innovar, neste caso renovando o concepto de FoodTruck cun vehículo de comida san e de calidade. E seguindo coa idea de inculcar o espírito emprendedor desde idades moi temperás, o sábado está programada a segunda edición da Xincana Bike orientada a desenvolver a iniciativa, o traballo en equipo e a cooperación entre nenas e nenos ata 14 anos. A proba divídese en 5 zonas cada unha cunha temática marcada e relacionada coa filosofía de emprendemento do Pont-Up Store.
Puntazo Exprés
Por último, 10 emprendementos participarán no Puntazo Exprés no que terán a oportunidade de explicar en 5 minutos o seu emprendemento a 5 importantes empresas e entidades galegas. Entre os escoitantes desta edición estarán, entre outros, Juan Vázquez Gancedo Director Xeral de Bodegas Martín Códax e Presidente do Clúster Alimentario de Galicia; Begoña Ocampo, socia fundadora da cadea de restaurantes La Pepita Burguer Bar; Débora Franco de Vázquez de Monet Viticultura; Xavier Castaño, da consultora Internacional de Proxectos Tecnolóxicos, Igalia; e Isabel Rodríguez Blanquer, directora de operacións da empresa especializada en produtos culturais para a infancia, El Faro de los Tres Mundos.
Saúdos.
Comunicación | Marián Fernández | Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. | 650579208
Dende a Organización do Pont Up Store 2017 queremos facer pública a listaxe completa de participantes nas 3 modalidades de participación - Stand, actividades de dinamización e Puntazo Exprés-.
Queremos expresar unha vez máis o noso agradecemento a todas os proxectos emprendedores que presentaron a súa candidatura pola gran acollida que tivo esta edición así como felicitalos pola gran calidade dos seus proxectos
Modalidade Stand
1 |
Información e Organización |
21 |
Mi madre no me deja Estampaxe sobre téxtil, porcelana e sobre todo o que se che ocorra. www.mimadrenomedeja.com |
2 |
Pontevedra ten un Puntazo Inciativa do Concello de Pontevedra desde as concellerías de Promoción económica e Cultura, para crear un punto de encontro da industria creativa, cultural e de innovación na cidade. http://promocion.pontevedra.gal/filosofia/ |
22 |
Certivedra Rehabilitacion C.B. Empresa que atende as necesidades de mellorar a envolvente térmica das vivendas, aumentando o confort interior e o aforro enerxético. www.certivedra.es |
3 |
Stand institucional - Patrocinadores |
23 |
7varas Bicicletas de bambú feitas a man www.7varas.com |
4 |
Dopra Complementos de moda |
24 |
Coco y Lobo Cousas bonitas para bebés, nais e pais www.cocoylobo.com |
5 |
Casa da avoa |
25 |
Kiare Innovarte Floral |
6 |
CONSERVAS SOTAVENTO |
26 |
La Boda de Nerea |
7 |
Volta Montana |
27 |
The Community Nova forma de comunicar, de poñer en contacto a empresas e comunidades específicas, como a comunidade nova https://thecommunityspain.com/ |
8 |
Lastareixas |
28 |
Bioorganización Consultoría Sistémica. |
9 |
Dos Tipos Guapos |
29 |
Comprar en Galicia Localizador online de tendas, marcas e produtos https://www.comprarengalicia.es |
10 |
Degaltec Solutions |
30 |
TERRAS DA MARIÑA, S.COOP.GALEGA Cooperativa de produtores de Lourenzá para a comercialización conxunta da faba www.terrasdamarina.es |
11 |
Plano Pementa |
31 |
Degerónimo Marca de deseño independente que nace co fin de deseñar e crear pezas naturais que transmitan o amor polas cousas feitas a man http://degeronimo.com |
12 |
MARTINA DADÁ |
32 |
Arobe Cerámica Workshop de artesanía cerámica arobeceramica.blogspot.com |
13 |
SomosOcéano |
33 |
Paus Protexe a túa intimidade de forma creativa nos teus dispositivos dixitais www.paus.lol |
14 |
Cervexas MEIGA |
34 |
Send2me Last Mile S.L. A nova plataforma de caixas de correos electrónicas que che permite recibir as túas compras aínda que non esteas na casa www.send2me.es |
15 |
Woodding Hand Made Doll Atelier |
35 |
PRECOALVI, S.L. Elaboración de croquetas de calidade gourmet www.croketasd.com |
16 |
Funámbulos psicoterapia y apoyo escolar |
36 |
FILLOS DO MAR Marca de roupa independente creada á beira das Rías Baixas. https://fillosdomar.com/ |
17 |
TERCEIRA PEL_da casa á ecoloxía |
37 |
PONTEVAN: FP NA RÚA Aula de cociña móbil: a Formación Profesional na rúa, aprendendo a innovar innovaoroza.edublogs.org |
18 |
Besherpa |
38 |
BICO DE XEADO Cooperativa de xeados cremosos de elaboración artesanal http://www.bicodexeado.es |
19 |
Star-T Case World |
39 |
Neukos Robótica http://shop.neukos.com/es/ |
20 |
Casal de Creación |
40 |
Fabspace Coop Cooperativa sen ánimo de lucro enfocada ao fomento de novas tecnoloxías e na loita contra a fenda dixital. Tanto para profesionais como para estudantes e entusiastas www.fablabvigo.org |
Programación de actividades:
ANAQUIÑOS DE PAPEL |
Creatividade e deseño en papel |
LA BODA DE NEREA |
Revista galega especializada na publicidade e difusión de empresas do sector nupcial |
BESHERPA |
Plataforma web para ofrecer e contratar plans de aventura e turismo avtivo locais e ecolóxicos |
PRET A POP |
Plataforma online que conecta a emprendedores de marcas emerxentes en arte, decoración e moda cos seus clientes potenciais dándolles maior visibilidade e impacto online. |
7 VARAS |
Bicicletas de bambú feitas a man |
oSIGRIs |
Software/app móvil para la gestión de parcelas agrícolas y control de personal, pretendemos cambiar el actual cuaderno de campo por una app móvil con GPS. |
PLANO PEMENTA |
Espazo creativo e educación artística |
STAR-T CASE |
Soluciones innovadoras no mundo da tecnoloxía móbil |
CERVEXAS MEIGA |
Cervexa artesá |
LA FÁBRICA. COMIDA RÁPIDA, SANA Y BARATA |
Comida Rápida, Sana y Barata... La comida como en casa. |
A organización seleccionou máis de 40 emprendementos entre un total de 123 solicitudes, que nesta edición medraron significativamente en calidade e potencial de desenvolvemento, e amosan un mapa galego de emprendemento máis equilibrado entre as cidades e o rural. As novas tecnoloxías e as enxeñerías volven achegar as propostas máis impactantes, seguidas por modelos de negocio e ideas moi innovadoras procedentes dos sectores da alimentación, a formación, a arte e a cultura, o deseño de moda, complementos e decoración. No encontro participará a empresa galega START-T-CASE que vende a todo o mundo a súa revolucionaria carcasa solar, capaz de recargar no noso teléfono móvil aproveitando a luz solar ou a luz artificial servindo ao mesmo tempo como funda protectora, e coa posibilidade de traspasar a carga a outros dispositivos a través dun sinxelo conector.
O PONT-UP STORE chegará en outono a Pontevedra por cuarto ano consecutivo, consolidado xa como o evento de referencia do novo emprendemento en Galicia. Despois dun intenso proceso de selección, no que se partía dun total de 123 solicitudes de participación recibidas, escolléronse os 41 emprendementos mellor cualificados para ter presenza no programa. Destes 41 emprendedores, 33 contarán cun stand gratuíto para mostrar os seus productos, ideas e servizos, e 5 terán tamén a oportunidade de participar no programa de actividades de dinamización desenvolvendo propostas tan interesantes como unha innovadora sesión de networking emprengando a intuición e o xogo para obter información útil na nosa empresa; unha cata de cervexa artesá; un obradoiro no que aprender a arte floral dos kokedamas; unha sesión de contacontos para promover a arte a a cultura entre a cidadanía; e un achegamento en familia ao mundo do álbum ilustrado empregando as nosas vivencias persoais.
Por último, 10 emprendementos participarán no Puntazo Exprés no que terán a oportunidade de explicar en 5 minutos o seu emprendemento a 5 importantes empresas e entidades galegas. Entre os escoitantes desta edición estarán, entre outros, Juan Vázquez Gancedo Director Xeral de Bodegas Martín Códax e Presidente do Clúster Alimentario de Galicia; Begoña Ocampo, socia fundadora da cadea de restaurantes La Pepita Burguer Bar; Débora Franco de Vázquez de Monet Viticultura; Xavier Castaño, da consultora Internacional de Proxectos Tecnolóxicos, Igalia; e Isabel Rodríguez Blanquer, directora de operacións da empresa especializada en produtos culturais para a infancia, El Faro de los Tres Mundos.
O director do Pont-Up Store, Pedro Figueroa, explica que “nesta edición constatouse un importante incremento na calidade dos emprendementos que presentaron candidatura, tanto no seu carácter innovador como no potencial de desenvolvemento”. En canto á procedencia das candidaturas, Figueroa afirma que “o Pont-Up Store consolídase como o referente do novo emprendemento en Galicia cun 50% das solicitudes procedentes de fora da provincia de Pontevedra. Ademais –engadiu- é relevante que preto do 35% das candidaturas procedan de fora das sete grandes cidades galegas, o que é indicativo da boa saúde das dinámicas emprendedoras nas vilas e no rural galego”. O director do Pont-Up tamén destacou que os sectores dos que proceden os emprendementos máis destacados son as novas tecnoloxías e as enxeñarías con apostas moi valentes e innovadoras tamén no ámbito da alimentación; a formación; a arte e a cultura; e especialmente o deseño, moda, complementos e decoración. Pedro Figueroa lamentou non poder acoller a máis emprendementos e explicou que “tras unha selección que, como recollen os obxectivos, procura o maior equilibrio posible entre os diferentes sectores e actividades, houbo proxectos de gran calidade que non puideron ser seleccionados finalmente debido ao límite de prazas dispoñibles”.
Todos os proxectos escollidos son novos emprendementos con menos de 3,5 anos (42 meses) dende a creación da empresa. Participar é de balde, pero os emprendedores seleccionados tiveron que superar un proceso de selección no que se aplicaron criterios de valoración sobre o grao de creatividade, innovación, potencial de crecemento e impacto económico e/ou social, que garantan a diversidade de participantes en canto produtos/servizos, sector de actividade, forma xurídica da empresa e procedencia xeográfica dos proxectos presentados.
Entre os escollidos hai empresas como 7VARAS, que se dedican a facer bicicletas de bambú; outras como PAUS, que venden packs de pegatinas especiais para tapar as cámaras dos nosos dispositivos móbiles e protexernos dos ciberataques; e propostas para facilitarnos a vida como a app ‘Care your Car’ de DEGALTEC, que nos permite xestionar o montemento do noso vehículo desde o noso Smartphone; ou a plataforma SEND2ME de caixas de correo electrónicas que nos premiten recibir as nosas compras online aínda que non esteamos na casa. Tamén participará a empresa galega START-T-CASE, que vende a todo o mundo e que está revolucionando o mundo dos dispositivos móbiles con carcasas que ademais de recargar os nosos teléfonos aproveitando a luz solar ou a luz artificial son ao mesmo tempo fundas protectoras e poden pasar carga a outros dispositivos cun sinxelo conector. Ademais, Pont-Up Store reserva sempre parte do seu espazo a iniciativas empresariais que operan dentro da economía social. Nesta ocasión unha das presenzas máis destacadas é a da marca Bico de Xeado, coa que a cooperativa Granxa O Cancelo foi capaz de transformar un problema como o da cota leiteira nun éxito de mercado ao empregar o excedente de leite na elaboración de xeados cremosos artesanais de alto valor engadido.
Relación definitiva de participantes no PONT-UP STORE 2017