Edición 2017

 

foto edicion 2017

No Pont-Up Store 2017, coma en cada edición, dende a organización apostouse pola innovación, aposta que se materializou na creación dunha zona de degustación dentro do Espazo emprendedor, unha remodelación completa da páxina web incluíndo un área de comunidade (participantes de todas as edicións) a incorporación dun Fab Lab Laboratorio Creativo ou a participación de asociacións e entidades que aproveitaron o evento para as súas xuntanzas anuais e a divulgación das súas actividades coma por exemplo a Asociación Española de Mentoring e Consultoría e a Comunidade de WordPress entre outros.

Nesta edición foron recibidas 123 solicitudes de participación das que finalmente resultaron seleccionadas os 40 PARTICIPANTES: empresas presentes nos stands, no panel de actividades de dinamización ou no Puntazo Express.

Hai que destacar a acollida das Xornadas do Emprendemento destinadas a emprendedores potenciais ou en fase inicial, que acadaron un importante impacto non so nos emprendedores senón tamén na sociedade en Xeral. Pont-Up Store 2017 acogió 40 actividades, 95 expertos e máis de 800 participantes).



LIGAZÓNS

Web Edición 2017

_PONTUP STORE

 

MEMORIA
PONT-UP STORE

2017


Versión pdf







Go to top