Eventos amigos

VenSet28

VI Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco

VI Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco

Tes unha idea innovadora para emprender no ámbito das industrias culturais e creativas? Os VI Premios Emprende Gaiás–Sixto Seco, convocados pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia, danche o apoio que necesitas para facela realidade.

Dirixidos a deseñadores-ilustradores, profesionais da comunicación, produtores, xestores culturais, programadores e calquera outra persoa vinculada ao emprendemento cultural que queiran desenvolver a súa actividade en Galicia.

Podes participar de maneira individual ou por equipo en calquera destas modalidades:

  • Aplicacións informáticas ou proxectos culturais en internet.
  • Proxectos na área do deseño, a xestión cultural, e a creación artística e plástica

PREMIOS

O premio en cada unha das modalidades será:

  • Incorporación gratuíta durante doce meses ao Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura.
  • Asesoramento personalizado durante ese tempo e titoría para desenvolver o proxecto.
  • Premio en metálico de 3.000 euros.

Anímate a presentar a túa iniciativa emprendedora antes do 17 de outubro.

Consulta as bases e toda a información dos premios na web da Cidade da Cultura de Galicia www.cidadedacultura.gal

Inicia sesión para enviar comentarios
Go to top