Eventos amigos

DomSet09

 

O Pont-Up Store 2018, ademáis de #TalentoTransformador tamén rebosa Creatividade!

Hoxe presentamos a Andrea, unha emprendedora do máis polivalente que no seu estudo realiza todo tipo de proxetos fotográficos, de vídeo ou deseño. 

Andrea leva dende os 17 anos formándose como profesional no audiovisual. É técnica superior en  Producción de Audiovisuales, Radio e Espectáculos e graduada en Comunicación Audiovisual.

Dende hai uns anos, crea todo tipo de traballos dende o rural, do que di: 

"creo no rural porque me aporta non só unha sensibilidade diferente á hora de crear, senón ó estar en contacto directo coa natureza no proceso creativo podo nutrirme de máis referencias visuais e

sensitivas e poder desconectar lonxe do axetreo da cidade para volver a conectar de novo. O rural ofrece un abano de posibilidades moi grande, así como inspiración e liberdade.

Tanto á hora de ilustrar como á hora de localizar para un vídeo ou montar un set para levar a cabo un shooting fotográfico."

 

Queredes coñecer máis deste proxecto? Atentos ó vídeo!

MerMai30

Sétima Feira é unha iniciativa promovida dende a Área de Promoción Económica do Concello de Pontevedra.
A idea é revitalizar o mercado e a rúa Serra convertendo a zona nun escenario comercial e cultural onde convivan moda, gastronomía, música, artes plásticas e animación; achegando un espazo a aquelas propostas creativas da cidade que buscan dar a coñecer o seu traballo.
Sétima Feira ten lugar na planta superior do mercado de abastos de Pontevedra para a venda de produtos nos que se mesturan tradición e modernidade, asociados a valores como sostibilidade, estética, calidade, identidade e moi bo ambiente.
Sétima Feira celébrase o segundo sábado do mes en horario de 11 a 15 h.

+info. en http://promocion.pontevedra.gal/setima-feira/ e en https://es-es.facebook.com/setimafeira/

 

VenSet22

O Encontro de Emprendemento inaugurouse esta mañá con grandes novidades no espazo central, actividades en distintos puntos da cidade e un Laboratorio Creativo de Fabricación Dixital aberto a toda a cidadanía.

 

Esta mañá a carpa do Pont-Up Store volveu a instalarse na Praza de España da cidade de Pontevedra para converterse durante dous días no encontro de referencia de apoio ao emprendemento galego e divulgación da cultura emprendedora. Ao acto de ianuguración oficial asisitiron representantes das institucións, entidades e empresas que apoian o encontro nun exemplo de colaboración que en palabras do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, ‘é a nosa responsabilidade, cooperar para axudar ás persoas que emprenden a innovar, a xerar emprego e riqueza económica’. O rexedor tamén afirmou que o Concello de Pontevedra está aberto á ampliación do evento para acoller tamén a emprendementos do resto do Estado e de Portugal. José Luis Ramírez de ABANCA comprometesse coe evento e anunciou que a entidade está a punto de lanzar novos produtos e servizos para dar resposta ás demandas do ecosistema emprendedor e conseguir que as ideas se transformen en empresas viables nun corto período de tempo. Nesta mesma liña falaron o Xerente de Alianzas Estratéxicas de R, Alberto Costas Ramos, que presentou un programa de apoio ao emprendemento dirixido á mocidade; e Guillermo Viña González, Xerente de IGAPE Nova, que anunciou un novo servizo de préstamos vinculados directamente a iniciativas emprendedoras a través da Lei de Fomento do Emprendemento. Dolores González Álvarez, Vicerreitora de Estudantes da Universidade de Vigo, afirmou que Pontevedra é estes días a vanguarda do emprendemento galego que se está comprovando que chega desde todos territórios, tanto rural como urbano, e desde calquera âmbito e sector empresarial; e quixo destacar o traballo realizado desde a preincubadora do programa INCUVI Emprende, de onde saíron empresas que xa teñen participado no Pont-Up Store e que continúan imparables a súa expansión como MONET VITICULTURA que esta tarde formará parte do selecto grupo de escoitantes do PUNTAZO EXPRÉS.

Pola súa parte o director do encontro, Pedro Figueroa, assegurou que ‘esta edición é un paso decisivo na consolidación do Pont-Up como espazo de emprendemento froito da cooperación de máis de 35 organizacións e entidades públicas e privadas, do traballo voluntario do profesorado, o alumnado e o persoal da Universidade de Vigo’. Figueroa resaltou que os 40 emprencdementos que van ter presenza no Pont-Up Store foron seleccionados entre 120 candidaturas chegadas de toda Galicia, e ‘dan unha mostra da creatividade e a innovación que existe no país e a constatación de que Galicia ten un futuro prometedor e moita ‘Xente que se atreve a soñar’ como reza o noso lema desta edición’. O director do encontro engadiu que xunto a este escaparate de empresas aorganziación programou máis de 40 actividades que ofrecen unha oportunidade para a formación e a aprendizaxe para as persoas emprendedoras actuais e potenciais, para profesionais, mocidade e familias que se queren aproximar ao mundo do emprendemento.

Neste sentido, a primeira xornada do encontro contou con visitas de distintos centro de ensino de secundaria da provincia de Pontevedra, como reflexo da alianza que nesta edición se intentou establecer co mundo do ensino para fomentar na xente nova o espíritu emprendedor. A actividade protagonista desta nova liña de traballo é Pontevan: FP na rúa, un aula de cociña móbil creada entre catro centros de ensino público de Pontevedra. (CIFP Carlos Oroza, CIFP A Xunqueira, IES Frei Martín Sarmiento e IES Montecelo e conta tamén coa colaboración da Universidade de Vigo-Quantum Automotive- CimaLab) que vai achegar a Formación Profesional á rúa e mostrar un proxecto co que o alumnado aprende a innovar, neste caso renovando o concepto de FoodTruck cun vehículo de comida san e de calidade. Esta actividade enmárcase dentro do novo espazo de degustación na que tamén estarán as empresas PRECOALVI, coas súas croquetas gorumet, e BICO DE XEADO, transformando con moita creatividade un problema como o exceso de cota leiteira nun produto de valor engadido como é o xeado artesano procedente ademais dunha empresa de economía social, a Cooperativa Agraria Provincial da Coruña.

Durante toda a xornada sucederanse actividades programadas pola organización e os colaboradores en distintos emprazamentos da cidade, e outras organizadas polos propios proxectos de emprendemento dentro da carpa do evento. Haberá tamén sesións orientadas a seguir unindo e aumentando a gran comunidade de persoas vinculadas ao emprendemento, creada ao longo destas catro edicións e que agrupa xa a máis de 200 participantes baixo o nome de MOVEMENTO UP.

Continúa tamén aberto o Laboratorio Creativo de fabricación dixital e impresión 3D que esta tarde presentará a solución impresa xenerada a partir do obradoiro ‘Fabricando Cidade’ que comezou o mércores; e acollerá o obradoiro ‘Educación, Familia e Tecnoloxía dirixida a docentes e familias, e o taller de robótica Crea R cunha proposta de emprendemento para os maís novos. Ademais, no marco da reunión da comunidade WordPress en Pontevedra (‘Meetup’) vaise organizar a actividade Emprende con Wordpress con diferentes obradoiros para achegar WordPress a calquera que teña interese mostrando casos de xente emprendedora que explicarán como empregaron WordPress crear o seu negocio/proxecto.

 

Puntazo Exprés
A actividade estrela deste venres será sén dúbida o Puntazo Exprés. A partir das 19 horas, no Museo de Pontevedra, 10 emprendementos terán a oportunidade de explicar en 5 minutos o seu emprendemento a 5 importantes empresas e entidades galegas. Entre os escoitantes desta edición estarán, entre outros, Juan Vázquez Gancedo Director Xeral de Bodegas Martín Códax e Presidente do Clúster Alimentario de Galicia; Begoña Ocampo, socia fundadora da cadea de restaurantes La Pepita Burguer Bar; Débora Franco de Vázquez de Monet Viticultura; Xavier Castaño, da consultora Internacional de Proxectos Tecnolóxicos, Igalia; e Isabel Rodríguez Blanquer, directora de operacións da empresa especializada en produtos culturais para a infancia, El Faro de los Tres Mundos.

 

Actividades para mañá sábado
Seguindo coa idea de inculcar o espírito emprendedor desde idades moi temperás, o sábado está programada a segunda edición da Xincana Bike orientada a desenvolver a iniciativa, o traballo en equipo e a cooperación entre nenas e nenos ata 14 anos. A proba divídese en 5 zonas cada unha cunha temática marcada e relacionada coa filosofía de emprendemento do Pont-Up Store. O mentoring, unha das novidades do programa, terá o seu espazo pola tarde. A Fundación Ronsel presentará no Liceo do Casino o Proxecto Youth Business Spain mentres a Asociación Española de Mentoring (AMCES) propón a conferencia “Mentoring como clave do éxito no emprendemento” seguida dunha mesa redonda arredor da importancia de contar cun acompañamento profesional no proceso do emprendemento.

O programa de actividades de dinamización no espazo central da carpa contará mañá con propostas como unha innovadora sesión de bionetworking organizada por BIOFUSIÓNATE na que se emprengará a intuición e o xogo para obter información útil na nosa empresa; unha cata de cervexas artesá da marca MEIGA; un obradoiro de KIARE INNOVARTE FLORAL no que aprender a arte floral dos kokedamas.

 

 

Saúdos.
Comunicación | Marián Fernández | Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. | 650579208

 

XovSet21

O encontro de emprendemento máis importante de Galicia inaugura mañá a súa cuarta edición

 

Trala xornada previa de hoxe con actividades repartidas por toda a cidade e o FAB LAB a pleno rendemento, o IV PONT-UP STORE abre mañá oficialmente a súa carpa aos mellores emprendementos galegos cun programa cualitativa e cuantitativamente moi superior ao das anteriores edicións, que o posiciona como a principal referencia para emprender en Galicia.

 

Mañá abrirá as súas portas a carpa instalada na Praza de España onde ademais de coñecer os 37 proxectos emprendedores seleccionados para ocupar os stands, o público poderá participar nas actividades de dinamización propostas polos emprendedores. Ás 11:30 está previsto o acto oficial de inauguración con representantes das administracións e os patrocinadores implicados, que realizarán unha visita ao recinto do Pont-Up Store para coñecer as propostas de emprendemento; e a continuación achegaranse a palpar o ambiente crativo do Fab Lab instalado na Facultade de Belas Artes.

Esta edición volve a consolidar a Pont-Up Stpre como o escaparate de emprendementos de referencia en Galicia. Esta vai ser unha edición diversa, innovadora, moi creativa e tamén sostible, cunha alta porcentaxe de propostas que buscan mellorar a vida das persoas desde distintos ámbitos (listado descritivo adxunto). Algunhas destas empresas ofrecerán tamén un programa de actividades de dinamización no espazo central da carpa con propostas como unha innovadora sesión de bionetworking organizada por BIOFUSIÓNATE na que se emprengará a intuición e o xogo para obter información útil na nosa empresa; unha cata de cervexas artesá da marca MEIGA; un obradoiro de KIARE INNOVARTE FLORAL no que aprender a arte floral dos kokedamas; un achegamento en familia ao mundo do álbum ilustrado empregando as nosas vivencias persoais proposto por PLANO PEMENTA; e laboratorios dinámicos de creación cultural e artística de economía social cos que a REDE EUSUMO quere promover a arte a a cultura entre os nenos e nenas desde a perspectiva da economía social, unha abordaxe que tamén estará presente no Encontro Networking da Economía Social organizado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

 

Primeira xornada a tope de actividade
Na programación destacan as propostas e a implicación de case 40 organizacións involucradas con actividades plantexadas en 12 localizacións diferentes da cidade e arredor de 100 expertos impartindo conferencias, xornadas e obradoiros. A xornada previa de hoxe serviu para quecer motores e recibir aos primeiros emprendedores como público de charlas e encontros en distintos espazos da cidade. A mañá comezou cun ‘Encontro Networking de Economía Social’ na Casa das Campás onde os emprendedores que traballan desde fórmulas como a cooperativa tiveron a oportunidade de manter charlas bis a bis con directivos de entidades como ABANCA ou os GRUPOS DE ACCIÓN LOCAL PESQUEIRA. Entre outras conclusións, lanzouse a demanda de que a administración pública aplique os criterios da economía social nas súas compras, convocatorias e concursos de servizos. Ademais presentouse un directorio de economía social que está sendo elaborado desde o Concello de Pontevedra.

Tamén pola mañá, AJE Pontevedra impartiu na súa sede un ‘Seminario de Marketing dixital e Social Media’; mentres que a Cámara de Comercio plantexou durante a tarde dúas propostas: por un lado casos de éxito impulsados desde a propia Cámara para fomentar e apoiar o emprendemento; e por outra as ‘Oportunidades de financiamento para Emprendedores en Europa’ a través do programa ‘Erasmus para Emprendedores’ que permite a mobilidade e o intercambio de coñecementos con empresarios experimentados en Europa. A Deputación de Pontevedra, pola súa parte, ofrece formación sobre posicionamento SEO a través do obradoiro ‘imos chamar á porta dos teus clientes’, que se celebrou na Aula CEMIT do seu edificio administrativo. A xornada finalizou cun encontro de ‘Familias Creativas’ organizado polo Equipo Sequoia, que mensualmente promove reunión entre persoas en busca de emprego, emprendedoras ou con empresas, coa finalidade de crear rede, compartir coñecementos e intercambiar experiencias para evolucionar en grupo.

 

Actividades para mañá venres
Entre as actividades programadas para mañá, ABANCA propón a sesión de formación exprés ‘Preparado para o investimento? O que debes saber de finanzas para montar a túa empresa’. O mentoring será unha das novidades do programa. A Fundación Ronsel presentará o sábado o Proxecto Youth Business Spain mentres a Asociación Española de Mentoring (AMCES) propón a conferencia “Mentoring como clave do éxito no emprendemento” seguida dunha mesa redonda arredor da importancia de contar cun acompañamento profesional no proceso do emprendemento.

O Laboratorio Creativo de fabricación dixital e impresión 3D presentará a solución impresa xenerada a partir do obradoiro ‘Fabricando Cidade’ que comezou o mércores. Dentro das actividades que se desenvolverán mañá neste espazo o obradoiro ‘Educación, Familia e Tecnoloxía e o taller de robótica Crea R cunha proposta de emprendemento para os maís novos. Ademais, no marco da reunión da comunidade WordPress en Pontevedra (‘Meetup’) vaise organizar a actividade Emprende con Wordpress con diferentes obradoiros para achegar WordPress a calquera que teña interese mostrando casos de xente emprendedora que explicarán como empregaron WordPress crear o seu negocio/proxecto.

 

O emprendemento no ensino
Unha das grandes apostas deste ano é establecer alianzas co ensino para levar ás aulas o espírito emnprendedor do PONT-UP e servir de escaparate para mostrar proxectos innovadores como Pontevan: FP na rúa, un aula de cociña móbil creada entre catro centros de ensino público de Pontevedra (CIFP Carlos Oroza, CIFP A Xunqueira, IES Frei Martín Sarmiento e IES Montecelo e conta tamén coa colaboración da Universidade de Vigo-Quantum Automotive- CimaLab). Os alumnos e alumnas proporán durante dous días unha oferta gastronómica con catro variedades de bocadillos de autor elaborados con produtos da horta do oroza e materias primas galegas de primeira calidade. Mañá venres ás 12:30 presentarán o proxecto na Facultade de Belas Artes apadriñados polo recoñecido foodtrucker Hermes Castro, toda unha isntitución no circuito profesional de comida saudable e gourmet coa súa foodtruck 'Hermes´Journey'.

 

Puntazo Exprés
A última hora da tarde (19-21) terá lugar no sexto edificio do Museo de Pontevedra, a actividade estrela da xornada: o Puntazo Exprés, onde 10 emprendementos terán a oportunidade de explicar en 5 minutos o seu emprendemento a 5 importantes empresas e entidades galegas. Entre os escoitantes desta edición estarán, entre outros, Juan Vázquez Gancedo Director Xeral de Bodegas Martín Códax e Presidente do Clúster Alimentario de Galicia; Begoña Ocampo, socia fundadora da cadea de restaurantes La Pepita Burguer Bar; Débora Franco de Vázquez de Monet Viticultura; Xavier Castaño, da consultora Internacional de Proxectos Tecnolóxicos, Igalia; e Isabel Rodríguez Blanquer, directora de operacións da empresa especializada en produtos culturais para a infancia, El Faro de los Tres Mundos.

 

 

Saúdos.
Comunicación | Marián Fernández | Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. | 650579208

 

MarSet19

Un taller permanentemente aberto para que toda a cidadanía poda experimentar coa fabricación dixital; debates sobre a función dos fab labs e os usos da impresión 3D; actividades educativas para familia e docentes; robótica para mocidade; e obradoiros para repensar as nosas cidades, son algunas das propostas que estarán dispoñibles desde mañá mércores ata o sábado en Pontevedra.

 

O Fab Lab do Pont-Up Store inicia mañá a súa programación desde unha nova ubicación. Nesta edición estará instalado moi perto da carpa central do evento, en concreto, nas Salas de Exposicións da Facultade de Belas Artes e da Escola de Restauración, propoñendo exposicións, demostracións e sesións de iniciación á fabricación dixital de forma continuada durante os tres días.

 

Un laboratorio creativo para repensar a cidade
A actividade empezará a bulir mañá mesmo cun obradoiro de creatividade e fabricación dixital organizado por FabSpace Coop e Xeneme Proxectos Sociais, que nos propoñen un título tan suxerente como FABRICANDO CIDADE: analizar os problemas dunha urbe, collendo como exemplo Pontevedra, intentar definir solución innovadoras, deseñalas, facer un prototipado e fabricar eses prototipos con cortadoras e impresoras 3D. O obradoiro celebrarase o mércores e o xoves de 17 a 20 horas. O proceso, os resultados e as pezas fabricadas formarán parte dunha exposición que poderá visitarse o venres.

 

Ven a crear e fabricar, é un convite para que todas as persoas que sintan curiosidade polo mundo da fabricación dixital teñan a oportunidade de experimentar e atreverse a facer a súa propia creación. Haberá demostracións de elementos de construcción xeodésica, un mural de caras, un puzzle de Pontevedra, e construcción de gafas de VR (Realidade Virtual). Este espazo, organizado por FabSpace Coop, é de libre acceso e estará funcionando venres e sábado de 11 a 14:30 e de 16 a 21 horas. A partir desta experimentación tamén se propón un espazo de debate: a mesa redonda FABRICAR NA ERA DIXITAL servirá para falar dos Fab Labs como espazos comunitarios e de participación cidadá e afondar sobre todas as aplicacións, solucións e alternativas que ofrece a fabricación dixital en sectores como o textil, a restauración, a alimentación e o sector naval. Será o venres en horario de 19 a 20:30.

 

O obradoiro ‘Educación, Familia e Tecnoloxía’ organizado polo Camp Tecnolóxico vai dirixido a docentes e familia, dous ámbitos da sociedade diferentes, pero unidos por un mesmo fin: a educación das nosas mozas e mozos. O obxectivo deste obradoiro é realizar unha actividade conxunta relacionada coa robótica, sen coñecementos previos nestas materias, para fomentar as vocacións cinetíficas e tecnolóxicas en idades temperás desde o ámbito docente e a familia. Celebrarase o venres de 16:30 a 20 horas e poden acudir familias, docentes de primaria, e estudantes de maxisterio ou pedagoxía que queiran achegarse ao mundo da programación con scratch.

 

A empresa de telefonía R involúcrase este ano por primeira vez no Pont-Up Store co taller de robótica Crea R, un proxecto de emprendemento dirixido aos maís novos e realizado en colaboración coa empresa Líbolis, que se presentou no pont-Up Store hai dous anos. Os participantes terán que solucionar un reto proposto dunha maneira creativa e en equipo. O reto consite en construír unha canastra cun contador electrónico que marque os tantos. O obradoiro ten unha parte de programación e outra de construción dun prototipo. Será o sábado en horario de mañá para nenas e nenos de 7-8 e 9-11, e pola tarde para a franxa de idade de 12 a 15.

 

Emprende con Wordpress
Dentro da programación dixital e tecnolóxica tamén hai que destacar o encontro organizado pola Asociación WordPress Pontevedra os días 21 e 23 con diferentes obradoiros e casos de éxito para facer un achegamento intensivo á ferramenta WordPress, o popular xestor de contidos dispoñible en galego e empregado por máis de 60 millóns de blogs. Esta sesión de meetup serviralle a WordPress Pontevedra como evento de presentación e tamén para recordarnos as múltiples razóns do éxito da plataforma. Participarán tres destacados membros da comunidade WordPress, amosando a súas experiencias e diferentes recursos para tirarlle o máximo proveito, tanto no eido comunicativo como no profesional e no empresarial. Trátase de Mauricio Gelve, referente na comunidade española de WordPress e co-organizador de WordCamp Madrid, ademais de relator e desenvolvedor; Ibon Azkoitia, outro destacado membro da comunidade nacional e internacional, organizador do WordCamp Bilbao; e para rematar Lúa Louro, deseñadora e desenvolvedora de WordPress que desde O Ézaro lanzou a súa carreira logo de estudar Belas artes en Pontevedra grazas a WordPress.

 

 

Saúdos.
Comunicación | Marián Fernández | Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. | 650579208

 

VenXun02

Mostrar proxectos de emprendemento do ámbito do ensino e poñer en marcha un Laboratorio Creativo son outras apostas desta convocatoria

 

Esta mañá presentouse en Pontevedra a 4ª edición do Espazo de Emprendemento PONT-UP STORE, unha iniciativa liderada polo Campus CREA de Pontevedra (Universidade de Vigo) co apoio do Concello de Pontevedra como patrocinador principal. Na presentación participaron a concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías; o deputado de Economía da Deputación de Pontevedra, Carlos López Font; o vicerreitor do Campus de Pontevedra, Juan Manuel Corbacho; e o director do PONT-UP STORE, Pedro Figueroa, que presentou o calendario deste evento que volverá instalarse na Praza de España de Pontevedra entre o 21 e o 23 de setembro, e que hoxe deu o pistoletazo de saída a súa cuarta, froito da cooperación de máis de 35 entidades públicas e privadas.

 

O director do PONT-UP STORE afirmou que “o obxectivo do Pont-Up Store 2017 é incrementar o alto grao de cooperación acadado nas pasadas edicións coas entidades e institucións patrocinadoras e colaboradoras, incorporando outras novas para xerar maiores sinerxias que consoliden o evento”. Tamén destacou que se vai poñer unha especial atención en “conectar aos emprendedores e emprendedoras da Comunidade UP para lograr tecer unha gran rede galega de emprendemento”. De feito, por primeira vez, o PONT-UP STORE, incorpora na súa campaña imaxes das persoas que participaron nalgunha das anteriores edicións, co obxectivo de convertelos en protagonistas desa comunidade de “xente que se atreve a soñar e converte as súas ideas en realidade”, en palabras de Figueroa.

 

Pola súa parte, a concelleira Anabel Gulías asegurou que esta iniciativa “visibiliza formas alternativas de crecemento económico e aproveita os espazos públicos para amosar o potencial creativo de Pontevedra, de Galicia, do resto do Estado e tamén de Portugal”; e mostrouse satisfeita pola integración da rede de empresas creativas de ‘Pontevedra ten un Puntazo’ dentro da programación do Pont-Up Store a través do Puntazo Exprés. O vicerreitor Corbacho destacou “a capacidade de renovación e adaptación do Pont-Up Store que cada ano se preocupa por incorporar novidades demandadas no ámbito do emrpendemento”. Por último, López Font loubou os resultados do Pont-Up Store en só catro edicións, e brindou o seu apoio á organización para seguir apostando pola cultura do emprendemento.

 

INSCRICIÓNS ABERTAS
Este ano volverá haber tres modalidades de participación: presentar un emprendemento nun dos 33 stands gratuítos dispoñibles; propoñer actividades de dinamización dentro do programa; e participar no Puntazo Exprés no que 10 empresas serán seleccionadas para explicar en 5 minutos o seu emprendemento a 5 importantes empresas e entidades galegas. Entre os escoitantes desta edición estarán, entre outros, Juan Vázquez Gancedo Director Xeral de Bodegas Martín Códax e Presidente do Clúster Alimentario de Galicia; Begoña Ocampo, socia fundadora da cadea de restaurantes La Pepita Burguer Bar; Débora Franco de Vázquez de Monet Viticultura; e Xavier Castaño, da consultora Internacional de Proxectos Tecnolóxicos, Igalia. As candidaturas poderanse presentar a unha ou varias modalidades do 30 de maio ao 9 de xullo a través da web www.pontupstore.com

 

PROGRAMACIÓN
Na xornada previa do xoves 21 de setembro haberá unha Alborada Emprendedora plantexada como unha actividade sorpresa para presentar o evento ante a comunidade universitaria e a sociedade, na que a creatividade e a innovación vanse mesturar con actividades que potencien unha vida saudable. Volveremos contar cun Laboratorio Creativo de fabricación dixital e impresión 3D, onde haberá exposicións, demostracións e sesións de iniciación en continuo. Neste espazo desenvolvorase un obradoiro orientado ao urbanismo arredor da temática “Pensando a túa cidade”. FAB LAB SPACE, Camp Tecnológico e R (talleres CreaR) serán algúns dos colaboradores.

O sábado está programada a segunda edición da Xincana Bike orientada a desenvolver a iniciativa, o traballo en equipo e a cooperación entre nenas e nenos ata 14 anos. A proba divídese en 5 zonas cada unha cunha temática marcada e relacionada coa filosofía de emprendemento do Pont-Up Store.

No marco da reunión da comunidade WordPress en Pontevedra (Meetup) vaise organizar a actividade Emprende con Wordpress con diferentes obradoiros para achegar WordPress a calquera que teña interese mostrando casos de emprendedores que nos ensinarán como empregaron WordPress para emprender e crear o seu negocio/proxecto.

 

O EMPRENDEMENTO NO ENSINO
Unha das grandes apostas deste ano é establecer alianzas co ensino para levar ás aulas o espírito emnprendedor do PONT-UP e servir de escaparate para mostrar proxectos innovadores como Pontevan: FP na rúa , un aula de cociña móbil creada entre catro centros de ensino público de Pontevedra. (CIFP Carlos Oroza, CIFP A Xunqueira, IES Frei Martín Sarmiento e IES Montecelo e conta tamén coa colaboración da Universidade de Vigo-Quantum Automotive- CimaLab) que vai achegar a Formación Profesional á rúa e mostrar un proxecto co que o alumnado aprende a innovar, neste caso renovando o concepto de FoodTruck cun vehículo de comida san e de calidade.

 

COMUNIDADE UP
A presentación desta cuarta edición xuntou a unha boa parte da comunidade do PONT-UP STORE na Praza de España de Pontevedra para a tradicional foto de familia, unha familia que aumenta ano a ano tanto en patrocinadores, como en membros do comité organizador e por suposto en emprendedoras e emprendedores que participaron nunha sesión de networking na que contaron a evolución das súas empresas desde a súa participación no Pont-Up Store. T

A xornada rematou cun workshop impartido por Alberto Garnil, Socio Director de Iconweb, sobre a importancia do Plan de Marketing Online no proceso de emprendemento, centrándose en exemplos e ferramentas de utilidade para traballar a identidade e a comunicación dixital; o tráfico, as ferramentas publicitarias e as medicións e análises necesarias para aprender cales son as estratexias que funcionan para a nosa empresa.

 

Saúdos.
Comunicación | Marián Fernández | Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. | 650579208

 

 

Go to top