Eventos amigos

MerMai30

Arranca a IV edición de EmprendeVGA, promovida polo Concello de Vilagarcia de Arousa e coordinada polo Coworking Dalle que Dalle. O obxetivo deste programa de emprendemento é preparar e motivar os emprendedores para que as suas ideas de negocio se convirtan en proxectos reais de éxito. Esta formación e mentorización está dirixida a todos os proxectos en fase de inicio, de desenvolvemento ou de transformación/renovación. Poñerase en valor os proxectos innovadores de produto ou servicio, que aporten valor engadido, que permitan a mellora da produtividade empresarial, creen emprego e a economía azul dos recursos autóctonos da comarca.

Cursos Profesionáis dende o 31 de Maio en Vilagarcía

As formacións comezarán o xoves 31 de maio, é levaranse a cabo todos os luns e xoves dende o 31 de maio ata o venres 20 de xullo. Nestes talleres traballaremos xuntos intensamente para que planifiques, organices e consigas levar esa idea ou proxecto a cabo. Seleccionaranse 15 proxectos para a súa mentorización e aceleración.

LISTADO DE CURSOS E DATAS    

APÚNTATE ÓS CURSOS

Como en edicións anteriores, os poñentes e mentores encargados de levar a cabo estes talleres son profesionais de recoñecido prestixio, con experiencia destacada nos ámbitos da organización de ideas, planificación de proxectos, ventas e marketing, comunicación, redes socias, etc.

Anímate, se queres emprender… dámosche as ferramentas que necesitas

Se sentes o cosquilleo do emprendemento, inscribe o teu proxecto e poderás formar parte dos proxectos que van ser mentorizados.

INSCRIBE O TEU PROXECTO AGORA!

Adicionalmente podes participar nalgunha das sesións de forma individual, por exemplo, xa tes o teu negocio en marcha pero queres asistir os talleres de comunicación ou de redes socias porque queres facer melloras nestas áreas, inscríbete.

APÚNTATE ÓS CURSOS

Calquera consulta, non dubides en contactar o equipo organizador: Dalle que Dalle coworking, tel. 986.188.467 ou Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Go to top