PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS A STAND E ACTIVIDADES
QUEN: Dirixido a novos emprendementos con menos de 3,5 anos (42 meses) dende a creación da empresa.
COMO: Cubrindo a ficha de solicitude de candidatura e especificando a modalidade ou modalidades nas que queres participar (stand, ‘PUNTAZO EXPRÉS’, propoñer actividades dentro do programa, organizar actividades no teu stand).
CANDO: DENDE O 29 DE MAIO ATA O 08 DE XULLO DO 2018
SELECCIÓN DE CANDIDATURAS
QUEN: Para Stand e Actividades demostrativas: o Comité Organizador do Pont-Up Store 2018. Para o Puntazo Exprés: Vicerreitoría do Campus de Pontevedra e Concellaría de Promoción da Cidade previo informe do representante do Comité Organizador do Pont Up Store e o equipo de coordinación do Puntazo Exprés.
COMO: Aplicando criterios de valoración sobre o grado de Creatividade, innovación e potencial de crecemento e impacto económico e/ou social.
No caso de solicitude de stand, valorarase a creatividade da proposta de actividades e demostrativas do evento, entre outros. De feito, acadarán maior puntuación as empresas que presenten actividades. Tamén se valorará o envío dun vídeo no que os solicitantes sexan capaces de contar brevemente en que consiste o seu proxecto de emprendemento. Ademais priorizaranse candidaturas que non participaron en anteriores edicións e, en todos os casos, aplicaranse criterios que garantan a diversidade de participantes en canto produtos/servizos, sector de actividade e forma xurídica da empresa.
Unha vez adxudicado o stand, comunicaráselle á persoas interesadas que deberán aceptalo mediante un compromiso formal de presenza no Pont-Up Store todos os días do evento (21 e 22 de setembro) e nos horarios de apertura previstos (11 h. a 21 h.)
Nas outras modalidades de participación, as empresas terán que confirmar formalmente a súa presenza no día e hora que a organización determine na súa programación de actividades.
CANDO: A decisión do Comité Organizador farase pública o 24 de Xullo do 2018.