Participa

 

MODALIDADES DE PARTICIPACIÓN

Podes escoller entre tres modalidades de PARTICIPACIÓN GRATUÍTAS e combinalas como queiras:

  • modalidade 1
    DISPOÑER DUN STAND SEN CUSTE

    durante dous días para dar a coñecer o teu proxecto e/ou vender se tes produto. Ademais poderás desenvolver actividades dentro do teu stand, independentemente das do programa de dinamización que se levará a cabo no espazo central.

  •  modalidade 2
    PROPOÑER AS TÚAS PROPIAS ACTIVIDADES DEMOSTRATIVAS

    que se incluirán no programa do evento e poderán desenvolverse de forma aberta no espazo central mediante presentación ou demostración do teu produto ou servizo dunha forma dinámica e creativa.

  • modalidade 3
    PARTICIPAR NO ‘PUNTAZO EXPRÉS’

    Explica en 5 minutos o teu emprendemento a representantes de sinaladas entidades e empresas galegas, que escoitarán as 10 mellores propostas. 

 

RELACIÓN DE ESCOITANTES

 

África González Fernández
Catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo, directora do Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) da Uvigo, presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía e promotora da empresa spin-off NanoInmunoTech (NIT) con sedes en Vigo, Zaragoza e Madrid. En 2017 foi nominada aos premios Women Innovators pola Comisión Europea.

 

Nuria Varela-Portas de Orduña
Licenciada en Ciencias económicas e empresariais pola Complutense de Madrid, MBA Excutive, Curso Eoi de Dirección Financieira para Pemes, Máster en Dirección de Industrias Alimentarias Instituto San Telmo. Xerente e fundadora da empresa Pazo de Vilane dende 1996.

 

María Caldeiro López
Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración pola USC. Máster en Políticas Europeas de Cooperación e Máster en Relacións Internacionais e Comercio Exterior. Inicia o seu contacto profesional co mundo da pesca durante a súa estadía na Oficina Comercial do Consulado en Mumbai. Dende 2011 exerce como Xerente de FUNDAMAR.

 

Lucía Gregorio
Enxeñeira industrial con 20 anos de experiencia poñendo en marcha proxectos de I+D+i e de apoio a distintos sectores a través das TIC. Na actualidade, é Adxunta a Dirección en Redegal e ademáis colabora como experta externa na Comisión Europea como evaluadora de proxectos e en iniciativas de apoio ao emprendemento, como ViaGalicia ou como coach no Programa Instrumento PEME.

 

Teresa Fernández Valdés
Cofundadora de Bambú Producciones, produtora de series de grande éxito estatal e internacional como Velvet, Gran Hotel ou Fariña. Elixida como unha das showrunners máis poderosas da televisión europea e mundial en 2014 e 2016, respectivamente. En abril de 2018, Reed Miden, empresa organizadora do mercado internacional do audiovisual MipTV, outórgalle a Medalla de Honra, sendo a primeira muller española en recibir o devandito recoñecemento.

 

 


Go to top