Prensa

VenSet22

​​​As mellores iniciativas emprendedoras de Galicia sacan peito na carpa do Pont-up Store

O Encontro de Emprendemento inaugurouse esta mañá con grandes novidades no espazo central, actividades en distintos puntos da cidade e un Laboratorio Creativo de Fabricación Dixital aberto a toda a cidadanía.

 

Esta mañá a carpa do Pont-Up Store volveu a instalarse na Praza de España da cidade de Pontevedra para converterse durante dous días no encontro de referencia de apoio ao emprendemento galego e divulgación da cultura emprendedora. Ao acto de ianuguración oficial asisitiron representantes das institucións, entidades e empresas que apoian o encontro nun exemplo de colaboración que en palabras do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, ‘é a nosa responsabilidade, cooperar para axudar ás persoas que emprenden a innovar, a xerar emprego e riqueza económica’. O rexedor tamén afirmou que o Concello de Pontevedra está aberto á ampliación do evento para acoller tamén a emprendementos do resto do Estado e de Portugal. José Luis Ramírez de ABANCA comprometesse coe evento e anunciou que a entidade está a punto de lanzar novos produtos e servizos para dar resposta ás demandas do ecosistema emprendedor e conseguir que as ideas se transformen en empresas viables nun corto período de tempo. Nesta mesma liña falaron o Xerente de Alianzas Estratéxicas de R, Alberto Costas Ramos, que presentou un programa de apoio ao emprendemento dirixido á mocidade; e Guillermo Viña González, Xerente de IGAPE Nova, que anunciou un novo servizo de préstamos vinculados directamente a iniciativas emprendedoras a través da Lei de Fomento do Emprendemento. Dolores González Álvarez, Vicerreitora de Estudantes da Universidade de Vigo, afirmou que Pontevedra é estes días a vanguarda do emprendemento galego que se está comprovando que chega desde todos territórios, tanto rural como urbano, e desde calquera âmbito e sector empresarial; e quixo destacar o traballo realizado desde a preincubadora do programa INCUVI Emprende, de onde saíron empresas que xa teñen participado no Pont-Up Store e que continúan imparables a súa expansión como MONET VITICULTURA que esta tarde formará parte do selecto grupo de escoitantes do PUNTAZO EXPRÉS.

Pola súa parte o director do encontro, Pedro Figueroa, assegurou que ‘esta edición é un paso decisivo na consolidación do Pont-Up como espazo de emprendemento froito da cooperación de máis de 35 organizacións e entidades públicas e privadas, do traballo voluntario do profesorado, o alumnado e o persoal da Universidade de Vigo’. Figueroa resaltou que os 40 emprencdementos que van ter presenza no Pont-Up Store foron seleccionados entre 120 candidaturas chegadas de toda Galicia, e ‘dan unha mostra da creatividade e a innovación que existe no país e a constatación de que Galicia ten un futuro prometedor e moita ‘Xente que se atreve a soñar’ como reza o noso lema desta edición’. O director do encontro engadiu que xunto a este escaparate de empresas aorganziación programou máis de 40 actividades que ofrecen unha oportunidade para a formación e a aprendizaxe para as persoas emprendedoras actuais e potenciais, para profesionais, mocidade e familias que se queren aproximar ao mundo do emprendemento.

Neste sentido, a primeira xornada do encontro contou con visitas de distintos centro de ensino de secundaria da provincia de Pontevedra, como reflexo da alianza que nesta edición se intentou establecer co mundo do ensino para fomentar na xente nova o espíritu emprendedor. A actividade protagonista desta nova liña de traballo é Pontevan: FP na rúa, un aula de cociña móbil creada entre catro centros de ensino público de Pontevedra. (CIFP Carlos Oroza, CIFP A Xunqueira, IES Frei Martín Sarmiento e IES Montecelo e conta tamén coa colaboración da Universidade de Vigo-Quantum Automotive- CimaLab) que vai achegar a Formación Profesional á rúa e mostrar un proxecto co que o alumnado aprende a innovar, neste caso renovando o concepto de FoodTruck cun vehículo de comida san e de calidade. Esta actividade enmárcase dentro do novo espazo de degustación na que tamén estarán as empresas PRECOALVI, coas súas croquetas gorumet, e BICO DE XEADO, transformando con moita creatividade un problema como o exceso de cota leiteira nun produto de valor engadido como é o xeado artesano procedente ademais dunha empresa de economía social, a Cooperativa Agraria Provincial da Coruña.

Durante toda a xornada sucederanse actividades programadas pola organización e os colaboradores en distintos emprazamentos da cidade, e outras organizadas polos propios proxectos de emprendemento dentro da carpa do evento. Haberá tamén sesións orientadas a seguir unindo e aumentando a gran comunidade de persoas vinculadas ao emprendemento, creada ao longo destas catro edicións e que agrupa xa a máis de 200 participantes baixo o nome de MOVEMENTO UP.

Continúa tamén aberto o Laboratorio Creativo de fabricación dixital e impresión 3D que esta tarde presentará a solución impresa xenerada a partir do obradoiro ‘Fabricando Cidade’ que comezou o mércores; e acollerá o obradoiro ‘Educación, Familia e Tecnoloxía dirixida a docentes e familias, e o taller de robótica Crea R cunha proposta de emprendemento para os maís novos. Ademais, no marco da reunión da comunidade WordPress en Pontevedra (‘Meetup’) vaise organizar a actividade Emprende con Wordpress con diferentes obradoiros para achegar WordPress a calquera que teña interese mostrando casos de xente emprendedora que explicarán como empregaron WordPress crear o seu negocio/proxecto.

 

Puntazo Exprés
A actividade estrela deste venres será sén dúbida o Puntazo Exprés. A partir das 19 horas, no Museo de Pontevedra, 10 emprendementos terán a oportunidade de explicar en 5 minutos o seu emprendemento a 5 importantes empresas e entidades galegas. Entre os escoitantes desta edición estarán, entre outros, Juan Vázquez Gancedo Director Xeral de Bodegas Martín Códax e Presidente do Clúster Alimentario de Galicia; Begoña Ocampo, socia fundadora da cadea de restaurantes La Pepita Burguer Bar; Débora Franco de Vázquez de Monet Viticultura; Xavier Castaño, da consultora Internacional de Proxectos Tecnolóxicos, Igalia; e Isabel Rodríguez Blanquer, directora de operacións da empresa especializada en produtos culturais para a infancia, El Faro de los Tres Mundos.

 

Actividades para mañá sábado
Seguindo coa idea de inculcar o espírito emprendedor desde idades moi temperás, o sábado está programada a segunda edición da Xincana Bike orientada a desenvolver a iniciativa, o traballo en equipo e a cooperación entre nenas e nenos ata 14 anos. A proba divídese en 5 zonas cada unha cunha temática marcada e relacionada coa filosofía de emprendemento do Pont-Up Store. O mentoring, unha das novidades do programa, terá o seu espazo pola tarde. A Fundación Ronsel presentará no Liceo do Casino o Proxecto Youth Business Spain mentres a Asociación Española de Mentoring (AMCES) propón a conferencia “Mentoring como clave do éxito no emprendemento” seguida dunha mesa redonda arredor da importancia de contar cun acompañamento profesional no proceso do emprendemento.

O programa de actividades de dinamización no espazo central da carpa contará mañá con propostas como unha innovadora sesión de bionetworking organizada por BIOFUSIÓNATE na que se emprengará a intuición e o xogo para obter información útil na nosa empresa; unha cata de cervexas artesá da marca MEIGA; un obradoiro de KIARE INNOVARTE FLORAL no que aprender a arte floral dos kokedamas.

 

 

Saúdos.
Comunicación | Marián Fernández | Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. | 650579208

 

Inicia sesión para enviar comentarios

DOSSIER DE
EMPRENDEDORES

2018


Versión pdf

 


MEMORIA
PONT-UP STORE

2017


Versión pdf







Go to top