Puntazo Exprés

 

Un ano máis, o Concello de Pontevedra promove dous espazos de encontro específicos na tarde do venres 21 de setembro de 2017 no marco do Pont Up Store.

PUNTAZO EXPRÉS:

explica en 5 minutos o teu emprendemento.
19.00h Oportunidade de presentar en 5 minutos emprendementos en funcionamento a 5 representantes de entidades/empresas galegas de renome.

Viño aberto a participantes no Pont Up Store 2018 na Casa da Luz:

21h Espazo informal de networking.

Se tes un emprendemento que sexa innovador e creativo, anímate e achega a túa candidatura!

Podes solicitar +info en puntazoexpres@pontupstore.com








Que é Puntazo Exprés?

Puntazo Exprés: explica en 5 min o teu emprendemento é unha iniciativa promovida pola Concellaría de Promoción Económica e Turismo do Concello de Pontevedra que se vai celebrar o venres 21 de setembro de 2018 durante o Pont Up Store, e enmárcase dentro do proxecto “Pontevedra ten un puntazo” deseñado e promovido por devandita concellaría.

A finalidade deste Puntazo Exprés é facilitar o achegamento e o diálogo entre persoas emprendedoras e representantes de empresas e entidades galegas xa consolidadas a través da presentación de 10 proxectos de novo emprendemento, cun formato dinámico e áxil.

Cada unha das candidaturas seleccionadas deberá presentar o seu proxecto en 5 minutos a un comité de “escoitantes” composto por catro persoas. Como novidade, este ano a presentación será pública e ao remate haberá dous minutos de réplica por parte das persoas que compoñen o comité.

 

Quen pode participar?

Pode participar no Puntazo-Exprés calquera persoa maior de idade que teña un emprendemento que sexa innovador e creativo, en funcionamento, con menos de 3,5 anos (42 meses) dende a súa creación ou un proxecto en fase moi avanzada de desenvolvemento con prototipos de produtos/servizos e expectativas reais de lanzamento a curto prazo.

Poden participar entidades, empresas, asociacións ou colectivos sempre que se designe a unha persoa representante que será a encargada da presentación do proxecto.

 

Como participar?

Para participar no Puntazo-Exprés é preciso presentar unha proposta de participación, a través do formulario de inscrición que atoparás en pontupstore.com. Neste formulario solicitarase información básica da persoa responsable do emprendemento e un breve resumo do mesmo.

 

Proceso de selección

Unha vez recibidas as propostas, a organización seleccionará un máximo de dez, para o que se baseará en criterios como:

Orixinalidade, innovación e creatividade do proxecto.
Valor social do proxecto.
Sostibilidade.
Claridade e concreción.
Potencial impacto económico ou social.
Capacidade de desenvolvemento futuro

A organización poñerase en contacto coas persoas representantes das propostas seleccionadas para pechar aspectos loxísticos e organizativos.

 

Como se presentan os emprendementos?

Os emprendementos seleccionados presentaranse o día 21 de setembro ás 19.30 h no marco do Pont Up Store.
Para iso, as persoas seleccionadas farán unha presentación pública de cinco minutos ao comité de “escoitantes” composto por 4 persoas representantes de distintas empresas e entidades galegas de renome.

 

Prazos

As solicitudes deberán ser presentadas a través do formulario en liña que atoparás en pontupstore.com entre os días 29 de maio e 8 de xullo de 2018. Podes solicitar máis info en puntazoexpres@pontupstore.com

 

Quen vai escoitar os emprendementos?

En breve iremos colgando información sobre as 4 persoas que este ano compoñen o comité de escoitantes.

Anímate a enviar a túa candidatura!

 

 
 

RELACIÓN DE ESCOITANTES

 

África González Fernández
Catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo, directora do Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) da Uvigo, presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía e promotora da empresa spin-off NanoInmunoTech (NIT) con sedes en Vigo, Zaragoza e Madrid. En 2017 foi nominada aos premios Women Innovators pola Comisión Europea.

 

Piedad Varela-Portas de Orduña
Licenciada en dereito especializada en dereito de empresa. Con 20 anos de experiencia como asesora legal. Socia, cofundadora e Responsable de Comunicación e RSE de Pazo de Vilane.

 

María Caldeiro López
Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración pola USC. Máster en Políticas Europeas de Cooperación e Máster en Relacións Internacionais e Comercio Exterior. Inicia o seu contacto profesional co mundo da pesca durante a súa estadía na Oficina Comercial do Consulado en Mumbai. Dende 2011 exerce como Xerente de FUNDAMAR.

 

Alba Baños 
Graduada en Consultoría e Xestión da Información pola UVigo. Máster en Analítica Web, Usabilidade e Experiencia de Usuario. Experiencia en xestión de campaña de Tráfico de Pago e medición de contornas web. Na actualidade é a responsable da área de Analítica de Redegal.

 

Teresa Fernández Valdés
Cofundadora de Bambú Producciones, produtora de series de grande éxito estatal e internacional como Velvet, Gran Hotel ou Fariña. Elixida como unha das showrunners máis poderosas da televisión europea e mundial en 2014 e 2016, respectivamente. En abril de 2018, Reed Miden, empresa organizadora do mercado internacional do audiovisual MipTV, outórgalle a Medalla de Honra, sendo a primeira muller española en recibir o devandito recoñecemento.

 

Form not found or is not published

Powered by ChronoForms - ChronoEngine.com

Go to top