Blog

LunAgo17

Os alicerces da Economía Colaborativa están baseados en compartir e cooperar, tanto produtos como servizos.

Pódese dicir que a economía colaborativa non é nada novo, trátase simplemente de recuperar o sentimento de comunidade que volve cobrar importancia no individuo, retornando ás orixes do consumo nas que predominaba a idea do ben común e o concepto de sostibilidade.

Esta volta ao consumo colaborativo está alimentada principalmente por unha sociedade tecnolóxica, onde as novas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC), as Redes Sociais, os dispositivos móbiles… etc, posibilitan estar comunicándonos a calquera hora e desde calquera lugar, isto unido tamén á crise económica na que nos atopamos.

Así xurden plataformas para intercambio de casas, de coches, de bicicletas, de barcos, de información, espazos de traballo... como exemplos desta nova modalidade de economía que cada vez se afianza máis.

Unha frase publicada no diario El Mundo di: “Compartir desprazou a competir como a palabra chave e xa non falamos de propiedade senón de acceso”.

Neste sentido a economía tradicional terá que darse presa, pois os Emprendedores montan empresas on line cada vez más orientadas á economía colaborativa.

O consumo colaborativo chegou para quedarse.

Sususa Loroño - Coworking Dalleqdalle

Go to top