Antes de nada, que é A Factoría Atelier?
A factoría Atelier é un obradoiro artesán adicado á decoración slow.
Restauramos, transformamos e creamos a partir de materiais recuperados e naturais.
Damos nova vida a vellos trastos para convertilos en pezas únicas. Vendemos online a través da nosa web www.afactoriaatelier.com e ofrecemos os nosos servizos na provincia de Pontevedra.
Achegamos unha opción de consumo mais sustentable nos ámbitos da decoración e complementos, a través da escolla dos nosos materiais e os nosos procesos de producción.
Que tipo de produtos recuperades? Que os fai especiais?
Recuperamos todo tipo de productos e materiais susceptibles de ser tranformados en elementos útiles nos nosos fogares. Dende mobles ata madeiras de deriva, pasando por material de derribo, boias recuperadas nas praias ou cartón.
Utilizamos ademais outras materias primas naturais, como o coiro de curtido vexetal, ferro ou cemento para crear productos respetuosos e de coidado deseño.
Gústanos experimentar con diferentes materiais e explorar as posibilidades de tantos obxectos comúns que descartamos a diario.
Procuramos sempre materiais naturais, de calidade e sustentables, e creamos con eles decoración e complementos con moita personalidade e pensados para durar.
Quen está detrás deste proxecto?
A Factoría Atelier somos Xan Barcala e Sabela Fuentes.
Marroquineiro autodidacta que leva practicando a súa arte dende hai mais de 20 anos e restauradora con especialidade en arqueoloxía autoreciclada cara a decoración e mobiliario.
Ambos promotores contamos con de artesán.
Como levades a cabo o proceso de recuperación dos vosos mobles?
O noso proceso de producción comeza na selección de pezas e materiais a recuperar. Pasa por unha etapa de deseño e creación de liñas de producto e finalmente pola producción artesán de todas e cada unha das nosas pezas.
Ata o momento, todo o que sae do noso obradoiro pasa polas nosas mans, pero gustaríanos continuar desenvolvendo productos slow e contar coa colaboración de outr@s artesáns.
Como nace A Factoría? Qué vos leva a emprender neste sector?
A Factoría Atelier nace do encontro de dous artesáns con inquedanzas comúns. Compartimos o gusto polo traballo creativo, por convertir as nosas paixóns nun modo de vida, e compartimos sobre todo, a necesidade de procurar a coherencia entre o que sentimos e o que facemos.
A vosa empresa ten unha filosofía ben marcada. As 4R. Podedesnos falar máis sobre ela?
A Factoría Atelier, é o noso pequeño intento de orientanos cara a unha existencia mais consciente, mais limpa e mais respetuosa. E con ela, queremos ofrecer a outros consumidores a mesma posibilidade.
Pensamos sinceramente que debemos frenar o ritmo. Debemos reflexionar e ser cada vez mais conscientes do poder que os consumidores temos de mudar as cousas.
A filosofía das 4R
Na filosofía das 4 r ́s, REducir, REparar, REutilizar, REciclar é moi importante a orde dos conceptos. Actualmente poñemos o foco na reciclaxe como a solución a tódolos males ambientais do planeta. En A Factoría Atelier, facemos fincapé en comezar dende o inicio, en reflexionar sobre o consumo desmesurado no que vivimos inmersos, e dende ahí ir aplicando cada un dos seguintes conceptos ás nosas propias vidas.
Animamos a reflexión e a reducción. Promovemos a recuperación, renovación e reutilización fronte ao consumo indiscrimonado de novos recursos.
En que punto se atopa a vosa empresa?Cales son para vos os próximos pasos a seguir?
A nosa empresa ten só 6 meses de vida como cooperativa de traballo asociado. Recentemente lanzamos a nosa tenda online e agora mesmo estamos dando os nosos primeiros pasos na promoción e achegamento do noso proxecto aos consumidores.
Estamos ao mesmo tempo desenvolvendo novas liñas de producto que completen a nosa oferta en decoración sustentable.
Por último, que poderemos atopar no voso stand no Pont-Up Store 2019?
Na nosa cita en Pontevedra levaremos unha mostra das nosas liñas actuais de producto. Mobles recuperados, iluminación sustentable, decoración e complementos slow.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!