O banco pon en marcha o seu compromiso coa asociación para facilitar a mellora da competitividade das empresas a través do financiamento.
O acordo coincide coa celebración este ano da décima edición do evento Pont-Up Store, co que a entidade financeira colabora
ABANCA e a Asociación para o Emprendemento e a Innovación Pont-Up Store veñen de asinar un acordo de colaboración que sitúa o foco principal en paliar as necesidades actuais das empresas asociadas a través dun amplo catálogo de produtos e servizos creados a medida. A firma do acordo coincide coa celebración este ano da décima edición do evento de apoio ao emprendemento e innovación Pont-Up Store, co que, un ano máis, ABANCA colabora como patrocinador.
O convenio foi asinado esta mañá en Pontevedra pola directora territorial de ABANCA en Pontevedra, María del Carmen Fernández Penas, e o presidente da Asociación para o Emprendemento e a Innovación Pont-Up Store, Pedro Figueroa Dorrego. Á firma tamén asistiron o coordinador territorial de ABANCA en Pontevedra, José Liñeira Folgar, e a vicepresidenta da asociación, Ángela Cal Arca. A través deste acordo, refórzase o compromiso da entidade financeira coa viabilidade, o impulso e o apoio ao emprendemento e a innovación.
O acordo pon a disposición das 150 empresas innovadoras asociadas un plan de financiamento para dar resposta de xeito íntegro ás súas necesidades. Así, inclúense unha serie de produtos e servizos que permitirán reforzar a competitividade dos proxectos e levar a cabo investimentos. Polo que, as empresas contarán con produtos deseñados específicamente, como préstamos persoais, leasing mobiliario e inmobiliario, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros moi competitivos.
Para adecuarse ás demandas das actividades diarias das empresas, o acordo recolle tamén solucións para as necesidades máis inmediatas. Os asociados terán á súa disposición produtos e servizos como as pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, confirming e avais. O documento tamén recolle as liñas de financiamento oficial do ICO, Igape e as SGR galegas, que o banco tramita con especial dilixencia.
Así mesmo, as empresas asociadas poderán gozar das vantaxes que lles ofrece o Programa Servizos ABANCA, que permite aforrar nos servizos bancarios máis habituais, e contarán cos servizos de banca electrónica, banca móbil, e TPV físico e virtual, entre outros.
A Asociación para o Emprendemento e a Innovación Pont-Up Store nace en Pontevedra en 2021 como resposta á demanda das empresas participantes no evento, que este ano cumple 10 edicións, e que constitúe un punto de referencia do novo emprendemento e innovación no noroeste peninsular e especialmente en Galicia.
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!