1. Benvidos ao blog do Pont-Up, equipo. Antes de nada, contádenos. Como definiriades AleAlé?
AleAlé é un proxecto de cervexaría independente co que queremos achegar unha amplia variedade de sabores e estilos baseándonos en receitas clásicas europeas ou reinterpretacións que seguen as tendencias do panorama internacional craft ou artesanal. Ao mesmo tempo formamos parte dunha nova corriente de proxectos e emprededuría que nos mobilizamos polo mundo da cultura ou a ecoloxía, as pequenas marcas cun factor humano e creativo moito máis presente e as economías colaborativas.
2. Que é o que fai diferentes ás vosas cervexas?
Por unha banda os sabores, aromas, …a súa lixeireza combiñada con sabores afroitados ou doces e amargos xunto a que son cervexas non filtradas nin pasteurizadas, sen emprego de coadyuvantes quimicos ou enzimas e elaboradas con cereais de orixe ecoloxico.
3. Cantas variedades diferentes tedes agora mesmo á venda?
Agora mesmo temos tres referencias fixas á venda de forma permanente: Unha blonde ALE, unha IPA e unha brown ALE, pero cada ano elaboramos unha serie de cervexas de tempada ou de edición limitada de xeito independente ou como colaboración con outros proxectos. No 2021 colaboramos coa Pink boots Society para apoiar a formación de mulleres no sector cervexeiro, coa Asociación Meiro para recuperar unha variedade de millo moi especial a piques de desaparecer e en 2022 ano fixemos un sixpack solidario para reforestación con bosque autóctono galego colaborando con 6 artistas muralistas galegas no que vestiron diferentes estilos de cervexa.
4. Como nace este proxecto? Quen está detrás?
AleAlé é unha sociadade cooperativa formada por dúas persoas socias, un colaborador permanente e outras persoas que puntualmente traballan con nós de cara ao público. A primeira toma de contacto chega hai moitos anos xa, uns once, cando unha das actuais socias comeza a elaborar cervexas en Cataluña e a empaparse dun incipiente mundo de cervexas “craft” que se xesta alí, nutríndose de corrientes chegadas de Europa e EEUU e co asesoramento dunha persoa de referencia a nivel internacional como era Steve Huxley.
O proxecto toma forma definitivamente en 2017 tras unha edición de cervexa elaborada para un festival de música e artes plásticas que organizamos os actuais impulsores deste proxecto.
Ambos deseñadores industriais pero con inquedanzas artísticas e sociais, prantexamos enfocar as nosas enerxías no ámbito cervexeiro e sociocultural, e decidimos seguir formándonos e sacar adiante esta marca.
5. As vosas etiquetas teñen unha vinculación especial co arte. Poderíadesnos falar deste proxecto?
Entre 2009 e 2015 Marta tivo unha especial vinculación co mundo das artes plásticas e o muralismo, participando de diversas iniciativas en Barcelona. Pola súa banda Brais, que é saxofonista, adicouse profesionalmente durante 10 anos á música, xirando por diferentes partes de Europa. Ambas paixóns converxen e se manifestan nas etiquetas, nos eventos e colectivos cos que colaboramos.
6. Seguindo con este tema, creastedes en 2022 unha edición especial coa Asociación Betula a favor das Fragas do Eume. Como xorde esta iniciativa? Faládenos máis dela.
Observando ano a ano os estragos dos incendios e as políticas forestais, decidimos poñer o noso gran de area xerando unha colección de cervexas temática e solidaria coa que destiñar o 30% da recadación a mercar terreos que deseucaliptizar e custodiar. Como é un traballo moi específico e precisa moito saber, decidimos contar con xente que ten os coñecementos e os medios, como é a asociación Betula.
7. Ademáis, a vosa vinculación coa cultura tamén se extende á música e outras temáticas como o feminismo, o medio rural ou o deporte. Que accións realizades actualmente dentro destes proxectos?
No 2021 colaboramos coa Asociación Internacional Pink boots Society para apoiar a formación de mulleres no sector cervexeiro, colaborando cos fondos para outorgación de becas e coordinando a edición nacional do Collaboration Brew Day 2021, en plena pandemia. Tanto en 2020 como en 2022 colaboramos coa Asociación Meiro (Bueu) para recuperar unha variedade autóctona de millo moi especial, o millo corvo, elaborando unha cervexa para elas e colaborando con esta causa. Dende hai tres anos somos parte activa nos eventos de Sofar Sounds e outros moitos eventos musicais nos que tratamos de ofrecer as mellores condicións para dar soporte a bandas emerxentes e proxectos creativos novidosos. En 2022 fixemos o sixpack solidario con Betula, para recuperación de bosque autóctono galego colaborando con 6 artistas muralistas galegas no que vestiron diferentes estilos de cervexa… e algunhas outras iniciativas das que formamos parte.
8. Outro dos vosos servizos que nos chama a atención e a realización de cervexas personalizadas. Que nos podedes contar deste servizo?
A elaboración de receitas a medida doutros proxectos, como pode ser o caso da cervexa con Millo Corvo elaborada para a asociación Meiro, ou o etiquetado conmemorativo ou promocional para outras empresas ou institucións é un xeito de formar parte doutros proxectos, apoiándoos, ao tempo que damos a coñecer os nosos produtos, o que é un impulso tamén para nós á hora de darnos visibilidade.
9. Pasemos ao Pont-Up Store. Que poderán atopar as persoas que visiten o voso stand?
Traeremos con nós as nosas billas, cataremos e nos divertiremos, explicaremos as diferencias entre unhas e outras cervexas, amosaremos os ingredientes, trataremos de arroxar luz sobre o que é a cervexa artesanal, natural ou craft e, en definitiva, intentaremos contribuir a unha cultura cervexeira e gastronómica de calidade e diversa.
10. E xa para rematar, que consello lle dariades a todas esas persoas que están comezando ou pensando en emprender?
Que falen con todo o mundo, que se informen moito, e se nutran de moitos exemplos e iniciativas.
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!