1. QUE É ANA FREIRÍA?
Ana Freiría é unha marca de xoiaría artesana, onde se valoran os procesos artesanais e o uso de metais como o prata e o cobre e o latón reciclados sobre as cales aplico pátinas de oxidación formuladas por min mesma, dando paso a pezas únicas e irrepetibles que toman como fontes de inspiración a xeometría, a nosa natureza e cultura, creando pezas moi daquí.
2. QUE É O QUE DIFERENCIA AS TÚAS PEZAS?
As miñas pezas diferencianse por estar feitas con metais reciclados como o cobre e o latón, os cales proveñen de prantas de reciclaxe do sector naval vigués, sobre as cales aplico pátinas de oxidación.
No caso da prata, reciclo todos os recortes e pó para volver a convertilos en chapa e fios cos q
ue traballar.
3. AMÓSASNOS ALGUNHA CUN ESPECIAL SIGNIFICADO PARA TI?
Estas follas de carballo representan moi ben o meu traballo, xa que están cortadas a man con segueta e feitas en cobre reciclado coa técnica de plegado, sobre o cal aplico diferentes pátinas de oxidación para conseguir eses acabados en tonos turquesas e vermellos, dandolle unha apariencia moi real. Que máis representativo da nosa terra que unhas follas de carballo?
4. COMO É O PROCESO DE CREACIÓN?
O proceso de creación e artesanal de principio a fin, empregando técnicas tradicionais de xoiaría.
Comezo diseñando as pezas en papel, ou no caso das follas, collendo follas reais cun tamaño que me interesa e sacando de ahí unha plantilla que despois marco no metal para seguidamente cortar coa segueta e seguir traballando nela.
Para crear unha peza de xoiaría hai que dar moitos pasos para chegar ao producto final, dende calar, lixar, pulir, oxidar, montar…
5. ADEMÁIS DOS TEUS DESEÑOS TAMÉN REALIZAS PROXECTOS PERSONALIZADOS. PODERIAS FALARNOS MÁIS DESTE SERVIZO?
As persoas póñense en contacto conmigo cando teñen unha idea para realizar unha xoia, xa sexa para agasallar ou autoagasallarse. Detrás destas pezas hai unha historia ou sentimentos que queren deixar reflexados nela, e a mín encántame darlle forma material a estes sentimentos, xa que así poderán acompañar á persoa na súa vida.
6. COMO NACE ESTE PROXECTO?
Este proxecto nace pola inquedanza que sempre tiven de crear coas miñas mans.
Dende pequena encantábame facer cousas no taller de carpintería do meu avó, diseñar vestidos co meu tío, facer punto de cruz coa miña nai, ganchillo, calceta e macramé.
O mundo da xoiaría coñecino gracias á Escola de Artes e Oficios de Vigo e a súa marabillosa mestra, que me contaxiou a paixón por este oficio. Sentínme tan a gusto traballando os metais, que aos 4 meses de comezar as clases xa tiña montado un pequeño taller na casa para poder seguir practicando e creando.
Cando descubrín o mundo das pátinas e a súa máxia, decidín que sería unha parte fundamental e característica do meu traballo.
7. POR QUE APOSTAR POR ESTE TIPO DE MATERIAIS?
Considero que darlle unha segunda vida chea de fermosura a materiais que están clasificados como residuos, enche de valor o traballo e o siginificado da peza.
Son partidaria de darlle unha segunda, ou ata terceira vida, a todo o que sexa posible.
8. QUEREMOS SABER MÁIS DA PERSOA DETRÁS DESTE EMPRENDEMENTO. QUEN É ANA FREIRÍA?
Ana Freiría é unha apaixonada dos procesos creativos artesanais, de traballar coas mans, da súa terra e cultura.
Encántalle ver que dunha simple chapa poden sair cousas ben fermosas, cun significado e identidade únicos.
9. EN CANTO AO PONT-UP STORE, QUE ESPERAS OBTER DO EVENTO?
Espero coñecer outras persoas emprendedoras coas miñas mesmas inquedanzas, facer sinerxias,
amosar o meu traballo e poder transmitir a paixón que sinto por este oficio.
10. POR QUE DEBEN PASAR OS VISITANTES POLO TEU STAND?
Convido aos visitantes a pasar polo meu posto para amosar que unha xoiaría respetuosa co medio ambiente é posible.
Amosar a importancia dos oficios artesanais para darlle valor ás cousas feitas a man e de todos os procesos que hai detrás dunha doa peza.
11. POR ÚLTIMO, UN CONSELLO PARA TODAS AQUELAS PERSOAS EMPRENDEDORAS QUE ESTÁN COMEZANDO UN PROXECTO OU PENSANDO EN EMPRENDER?
Non é doado, pero traballando e sendo constante, pódese lograr. Se moitas persoas o estamos logrando, por qué ti non?
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!