O Pont-Up Store 2018, ademáis de #TalentoTransformador tamén rebosa Creatividade!
Hoxe presentamos a Andrea, unha emprendedora do máis polivalente que no seu estudo realiza todo tipo de proxetos fotográficos, de vídeo ou deseño.
Andrea leva dende os 17 anos formándose como profesional no audiovisual. É técnica superior en Producción de Audiovisuales, Radio e Espectáculos e graduada en Comunicación Audiovisual.
Dende hai uns anos, crea todo tipo de traballos dende o rural, do que di:
“creo no rural porque me aporta non só unha sensibilidade diferente á hora de crear, senón ó estar en contacto directo coa natureza no proceso creativo podo nutrirme de máis referencias visuais e
sensitivas e poder desconectar lonxe do axetreo da cidade para volver a conectar de novo. O rural ofrece un abano de posibilidades moi grande, así como inspiración e liberdade.
Tanto á hora de ilustrar como á hora de localizar para un vídeo ou montar un set para levar a cabo un shooting fotográfico.”
Queredes coñecer máis deste proxecto? Atentos ó vídeo!
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!