Sen dúbida, esta é unha edición do Pont-Up Store máis complexa que as anteriores, dada a situación, pero hai algo que non varía: o talento dos emprendedores seleccionados para formar parte do evento. Comezamos por presentar a Ar de Arte, un proxecto gastronómico e artístico do máis especial que ocupará o stand 6!
Que é Ar de Arte?
Ar de Arte é proxecto que pretende dar valor á gastronomía galega a través da arte. Conservas de mariscos e peixes envoltas en obras orixinais de artistas galegos.
En Galicia, a gastronomía sempre foi unha arte.
Como xorde o proxecto?
O proxectos xorde viaxando por Europa, onde nos decatamos que a posta en valor da oferta gastronómica autóctona, a través do deseño, era moi diferente á nósa.
Pódese dicir, polo tanto, queeste proxecto tamén ten unha parte reivindicativa, coñecedores de que a nosa proposta gastronómica é das máis destacadas a nivel mundial.
Que caracteriza aos produtos que atopamos na vosa web?
O noso cliente é esixente, quere non só esa conserva que invite a repetir, senón que tamén quere un produto cunha historia que contar e un deseño que o convirta nese agasallo especial.
Que nos podedes contar das vosas conservas? Que as fai diferentes?
Sempre dicimos que o deseño, sen nada máis, só serve na primeira compra, pero nos buscamos a fidelidade do consumidor, que a conserva referencia cando busque un momento especial sexa Ar de Arte.
Iso é máis doado de conseguir cando vives en Galicia, só temos que achegarnos ás nosas lonxas para obter os mellores mariscos e peixes. Ademáis, coidamos o proceso, cunha presentación en lata recoñecible logo de colocar a man peza a peza.
Ademáis, buscaremos a renovación constante mediante edicións limitadas e tematizadas, como a actual colección do Camiño de Santiago, composta por conservas de mexillón en escabeche.
En que punto se atopa agora o proxecto?
Actualmente estamos presentes en varias comunidades a nivel nacional, sempre en tendas gourmet ou especializadas, onde prima a calidade do produto.
Tamén temos feito algunha exportación pequena a Francia e Australia.
Cales son los seguintes pasos que vos gustaría dar?
A nivel de produto, temos actualmente a edición Camiño de Santiago e a edición Fernando Rei. Esta última componse de 4 referencias, pero buscamos ampliala a ó longo deste ano ata as 6 referencias.
A nivel comercial, o noso obxectivo é ter representación en comunidades como Comunidade Valenciana ou Andalucía a través de distribuidores do sector gourmet.
Actualmente temos dous distribuidores, en Cataluña e Madrid.
Para exportacións, buscamos tamén ter representación principalmente en Europa, onde o consumo de conservas de calidade é maior (especialmente Francia e Italia)
Como coñecestedes o Pont-Up Store? Que vos leva a enviar unha candidatura?
A través dun participante doutra edición, que nos recomendou asistir pola axuda que este evento supón a proxectos en fase inicial. Ademáis, temos comprobado que de todos estes eventos onde organizan reunións entre profesionais, xorden contactos moi útiles para ampliar posibilidades comerciais.
Para rematar, que poderán atopar os visitantes que se acheguen ao voso stand?
Dende conservas de peixe e marisco, ata licores tradicionais galegos… sempre envoltos en obras de artistas galegos que dan valor á nosa tradición nos fogóns.
Grazas equipo por esta entrevista tan interesante, fáisenos a boca auga cos vosos produtos!
Se queredes coñecer aos demáis emprendedores, revisa o noso blog!
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!