- Ola David, antes de nada benvido o blog do Pont-Up Store. Cóntanos, como definirías Beniu?
Como unha Start up que aposta pola innovación e a aplicación de novas tecnoloxías no sector agroforestal para conseguir mellorar os rendementos nos procesos productivos a par que a súa diminución do impacto ambiental.
2. Que tipo de servizos realizades? Quen sería o voso potencial cliente?
Especializámonos en agricultura de precisión con drones, ofrecemos por un lado servicios de teledetección (fotogrametría e análise multiespectral), técnicas que nos permiten obter mapas da topografía do terreno, ou coñecer o rendemento dos cultivos e monitorizalos. Tamén realizamos servicios a terceiros de tratamentos fitosanitarios con drones para a protección y mellora da saúde vexetal.
Pero non so ofrecemos estos servicios senon que tamén damos formación específica a pilotos de drone, facemos a venta e distribución de equipos e asesoramente técnico a aquelas empresas que queren implantar este tipo de solución.
3. Que ventaxes crees que que pode proporcionar Beniu cara aos agricultores, adegueiros, etc?
Implantar este tipo de solucións dixitais así como adoptar novas tecnoloxías, permiten mellorar a toma de decisión e alcanzar maior precisión na execución das labores, isto posibilitará o incremento productivo e a mellora na calidade do producto final.
4. Como nace este proxecto?
Comezando a empregar drones por ocio no tempo meu tempo libre e posteriormente unificando cos coñecementos adquiridos dos estudos. A isto habería que sumarlle algo de creatividade e ilusión por desenvolver unha nova actividade, e ganas… moitas ganas.
5. Quen está detrás de Beniu?
David Blanco como fundador e principal executor do proxecto, pero non se conseguiría a facer todo o desenrolo posterior sen Patrik Foltyn como socio e Vicente Gil como colaborador ocasional.
6. En que punto se atopa agora Beniu? Que tipo de proxectos levades a cabo actualmente?
Na linguaxe Start up, Beniu atópase en etapa semente ou seed.
Para desarrollar a nosa actividade requírese de moita documentación e permisos os cales acadamos despóis de un longo período.
Temos abertas varias líneas de proxectos e colaboracións tanto a nivel local como a nivel nacional con fabricantes de productos biotecnolóxicos e productores agrícolas non so adegas senon tamén productores de outros productos como cereais e hortícolas.
7. Cales son os seguintes pasos a seguir?
A clara vocación que temos en Beniu pola innovación esíxenos seguir na procura de novas solucións que se adapten as condicións de cada cliente.
Por outra banda, debemos seguir insistindo na aceptación e perda do medo dos productores ó cambio e a integración de novas métodoloxías de traballo.
Por último Beniu debe aspirar a ser referente nun sector que polo momento se atopa nun estado inicial pero moi cercana a eclosión.
8. E xa para rematar, que poderán atopar as persoas que se pasen polo voso stand no Pont-Up Store?
Non todos os días se pode achegar un a visitar drones agrícolas nin con embergadura de máis de 1 metro. Ademáis de expoñer as nosas ferramentas de traballo tamén poderán coñecer casos de éxito e resolver todas as dúbidas que se lles plantexen en canto a nosa actividade.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!