Descubre Chorima Cosmética Atlántica, onde a natureza galega se fusiona coa ciencia para crear cosméticos eficaces e respetuosos. Produtos que nacen do rural, con ingredientes locais e compromiso coa sustentabilidade.
1. Como naceu Chorima Cosmética Atlántica e que vos levou a levar o proxecto cara a combinación da ciencia coa natureza galega?
Chorima nace da unión de duas das miñas paixóns, o rural e a ciencia, máis en particular a química. Sempre me gustou coñecer as plantas do meu entorno e as suas propiedades fitoquímicas, e a cosmética pareceme un sector perfecto para sacar o máximo partido das materias primas galegas a través da ciencia, tamén tratase de un sector moi dinámico que obriga a estar en continua formación e buscando novas formulas e productos.
2. Como elixides os ingredientes que empregades nas formulacións? Cales destacariades e que melloras poden achegar á pel?
A elección dos productos basease en duas condicións principalmente, por un lado a funcionalidade dos mesmos, é imprescindible que aporten uns beneficios reais para a pel, non pode ser só un mero reclamo de marketing. E por outra banda sempre que sexa posible que teñan orixen galego.
Un claro exemplo e noso elxir de catro Algas Atlánticas (FUCUS VESICULOSUS, BIFURCARIA BIFURCATA, ASCOPHYLLUM NODOSUM e ULVA LACTUCA) onde destacan as suas propiedades antioxidantes, hidratantes e nutritivas.
Tamén o Extracto de bagazo de uva Albariño (SEAUVARIÑO) con beneficios probados antiage, despigmentantes e antioxidantes.
E por último os productos apícola galegos (MEL, CERA e PROPÓLEO), que se empregan en cosmética dende a antiguedade polas suas propiedades calmantes, antinflamatorias, cicatrizantes, antibacterianas…

3. En que puntos de venda se poden atopar agora mesmo os vosos produtos?
Es claro que no mundo actual o comercio online ten un gran peso na nosa comercialización, pero sempre apostamos polo comercio local ondo os profesionais actuan como prescriptores ante os clientes.
Principalmente apostamos polo canle farmacia, pero tamén en cadeas de perfumerías locais cunha gran tradición como as Perfumerias Garrote en A Coruña, ou centros de estética premium como Centro Añil (A Estrada)
4. Como definiriades a vosa traxectoria como emprendedores no sector da cosmética natural? Houbo algún “erro” ao inicio que logo se converteu nunha aprendizaxe valiosa para a marca?
Dos escasos dous anos de andadura de Chorima Cosmética Atlántica non podíamos imaxinar chegar a este punto en tan pouco tempo, tivemos a sorte de recivir varios recoñecementos (1º premio Semente Ribeira Sacra 2023, Mención de Honra de AJE Pontevedra 2023, Premio a Innovación dende o Territorio 2024), pasiño a pasiño imos logrando un recoñecemento como una marca de referencia na cosmética galega.
Este camiño dende logo non esta exento de erros e aprendizaxes, creo que o máis importante do aprendido é darse conta que non podes gustarlle a todo o mundo, ser fiel as ideas e filosofía da marca pero sempre cun espíritu adaptable as condición do mercado. É un erro moi común o comezo, cando as ventas non chegan, ter a tentación de baixar os prezos, que o único que fai e devaluar o teu producto e entrar nunha competencia na que nunca vas ser capaz de gañar cando compites con marcas que ese é o seu único valor, os prezos baixos.
5. Cal diriades que é o maior reto de realizar cosmética dende o rural?
Agora mesmo non atopei ningún atranco en desarrollar o meu proxecto dende o rural, case diría o contrario son todo vantaxes. Pero sendo realista cando toque medrar e quizá pensar nunhas instalación máis grandes pode ser un problema.
6. Que papel xoga a economía circular na vosa marca? Que potencial credes que ten a cosmética galega para a rexión?
A economía circular é una parte imprescindible do meu proxecto, e un claro exemplo e o extracto de bagazo de albariño que empregamos nas nosas formulas. Darlle unha segunda vida e aproveitar as beneficios dos refugallos da industria agroalimentaria pode ser una gran oportunidade para diferenciarnos e ser fieis a nosa filosofía de marca, dende Chorima temos claro que a sostenibilidade ven da man da ciencia.
7. Vemos que ademais tedes un papel importante na Asociación Cosmética Galega. Como impulsa Chorima a colaboración entre marcas galegas e, para que non a coñeza, que vantaxes achega pertenecer a esta Asociación?
Para todo na vida consideramos que a unión fai a forza, e a Asociación Cosmética Galega é una ferramenta perfecta para dar visibilidade a todos eses proxectos que son impresionantes, pero que igual polo tamaño teñen difícil negociar con proveedores, distribución, publicidade… Tamén compartimos coñecementos, e organizamos formacións para os socios.

8. Se alguén descobre Chorima por primeira vez, con que mensaxe principal vos gustaría que se quedase sobre a vosa marca?
Que Chorima reprenta claramente oequilibrio xusto entre natureza, producto local, ciencia e innovacioón, a algo impescindible e que sintan que os nosos productos son eficaces e cumpren as suas expectativas.
9. Que consello lle dariades a alguén que está pensando en comezar un proxecto de emprendemento?
Tiven a sorte de participar en varias aceleradoras, e parecenme unas iniciativas fantásticas para non sentirse so e para obter a información (subvencións, lexislación, formación…) que doutro xeito e moi difícil ter acceso. Tamén planificar cada detalle e ter moi claro quen vai ser o teu cliente, onde pensas atopalo e como queres realionarte con el.
10. E xa para rematar, por que diriades que os visitantes non poden perder o voso stand no Pont-Up Store 2025?
Pois no noso stand no Pont-Up Store 2025 os visitantes van a topar una marca cosmética cun claro compromiso con Galicia, os seus productores e materias primas, que ofrece uns productos eficaces e basedados na ciencia e na innovación.




Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!