Alba Antepazo Fonseca
Fundadora de The Graphics Project.
Diplomada en Óptica e Optometría pola Universidade de Santiago desde 2010 e con Estudos Superiores en Audioloxía Protésica, é en 2017 cando se atreve a dar o paso e fundar Graphics, a súa marca de lentes de sol de deseño propio. Defendendo sempre a calidade nos seus modelos, xoga coas combinacións entre diferentes acetatos para conseguir modelos cheos de cor e personalidade. “Lentes de sol para xente con actitude” como lema e “Deseñado en Galicia” por bandeira, busca aplicar ese carácter a cada detalle de Graphics, así o reflicte a súa imaxe de marca.