Cintia Lomba

Cofundadora Skeirrum (Pont-Up Store 2022)

Nacín en Galicia en 1996 e teño formación superior en música, con especialización en clarinete, ademais dun Máster en Interpretación e un Máster en Profesorado de Secundaria na área de Artes e Música. Completei tamén formación en transformación dixital, marketing e emprendemento.

Son cofundadora de Skeirrum, un proxecto de Street Escapes dixitais e experiencias gamificadas, e tamén impulsora de Clarinetería de Cintia. O meu traballo céntrase en unir creatividade, tecnoloxía e cultura para desenvolver proxectos innovadores e participativos.