Erea Rodríguez Martínez

Cofundadora Skeirrum (Pont-Up Store 2022)

Nacín en A Guarda en 1996 e son graduada en química con un máster en I+D de Fármacos. Actualmente non exerzo como química, xa que decidín arriscar e emprender xunto á miña compañeira de aventuras, Cintia Lomba.

Xuntas fundamos Skeirrum, unha empresa especializada en Street Escapes dixitais e personalizadas.

Cada actividade combina a emoción das buscas do tesouro xunto coa lóxica e os crebacabezas das escape rooms. Convertemos a nosa paixón pola tecnoloxía e os xogos nunha ferramenta de aprendizaxe.As temática das nosas experiencias son moi diversas polo que o noso lema é: “Se o podes soñar, podémolo deseñar”

Actualmente estamos moi emocionadas traballando en distintos proxectos dentro de Skeirrums, á vez que seguimos formándonos en distintos ámbitos.