Iria Rodriguez de Jesús

O Galpón Lab – Nube de Ockham – Mestra na Universidade de Vigo

Iria nace en 1986 en Pontevedra, licenciada en Dirección e Administración de Empresas, con masters en Marketing Internacional, Dirección de Arte Publicitaria e o de profesor de secundaria. Conta ademáis con formación en deseño, ilustración vectorial, marketing dixital, xestión de medios e laboratorios cidadáns.  Actualmente traballa coma profesora na Universidade de Vigo coma profesora asociada no departamento de organización e marketing, co-fundadora e responsable creativa na axencia de marketing Nube de Ockham e co-fundadora e responsable estratexica da asociación sen ánimo de lucro O Galpón Lab. A súa experiencia profesional é moi extensa, conta con máis de 8 anos na súa propia axencia de marketing elaborando plans e auditorias de marketing, marketing dixital, xestión de medios e gabinetes de prensa e xestionando campañas e eventos de distinta índole pero sempre relacionada co mundo artístico e da cultura. Trátase dunha persoa creativa, con intereses artisticos e sociais, proactiva e que sempre está a búsqueda das novas tendencias cunha formación constante en especial no mundo do diseño e as novas tecnoloxías.