
Johnny Trigas Rodríguez
CEO de Terras de Boborás (Pont-Up Store 2025)
Referente do emprendemento rural galego, combinando tradición, innovación e paixón pola terra. Fundador e xerente de Terras de Boborás, unha marca especializada en mel e produtos derivados, desenvolveu un proxecto que pon en valor a apicultura galega a través dunha estratexia de marca moderna e diferenciadora. Diplomado en Ciencias Empresariais pola Universidade de Vigo e especializado en Dirección de Empresas e Márketing, compaxina a xestión da súa empresa apícola coa súa participación na tenda gourmet “Colmado de Sabores”. Ademais, é socio fundador da Asociación Cosmética Galega (ACG), impulsando novas oportunidades para os produtos naturais e sostibles elaborados en Galicia.
