CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN

PROCESO DE CANDIDATURAS PONT-UP STORE 2026

QUEN PODE PARTICIPAR:  

Novos emprendementos xurdidos nos últimos 3,5 anos

COMO PARTICIPAR:   Para participar, debes cubrir a ficha de solicitude de candidatura

RECEPCIÓN DE CANDIDATURAS: Dende o luns 1 de xuño ao 3 de xullo de 2026

SELECCIÓN DE CANDIDATURAS

A selección de emprendementos será realizada pola Xunta Directiva da Asociación Pont-Up Store.

COMO:  A selección das empresas realizarase aplicando criterios de valoración en relación ao grado de creatividade, innovación e potencial de crecemento e impacto económico e/ou social do proxecto.

Ademais, valoraranse positivamente outros aspectos como:

Presentación de actividades demostrativas de calidade.
Envío de material adicional na candidatura que nos permitan avaliar en máis detalle a candidatura.

En todos os casos, aplicaranse criterios que garantan a diversidade de participantes en canto produtos/servizos, sector de actividade e forma xurídica da empresa.

Unha vez adxudicado o stand, comunicaráselle á persoas interesadas que deberán aceptalo mediante un compromiso formal de presenza no Pont-Up Store todos os días do evento (11 e 12 de setembro) e nos horarios de apertura previstos (11 h. a 21 h.).

** Os espazos dos stands deben estar atendidos permanentemente durante os horarios e días nos que se adquire o compromiso coa aceptación da participación, do contrario poderán ser penalizados económicamente pola organización.

CANDO: A decisión do Comité Organizador farase pública o 23 de Xullo.

PONT–UP VENTURE

Unha vez recibidas as propostas, a organización seleccionará un máximo de 8, para o que se baseará en criterios como:

  • Orixinalidade, innovación e creatividade do proxecto.
  • Valor social do proxecto.
  • Sostibilidade.
  • Claridade e concreción.
  • Potencial impacto económico ou social.
  • Capacidade de desenvolvemento futuro

A organización porase en contacto coas persoas representantes das propostas seleccionadas para pechar aspectos loxísticos e organizativos.

En todas as modalidades de participación priorizaranse solicitudes que non participasen en anteriores ediciones do evento no mismo modo de participación que o solicitado. Isto non se aplica á modalidade de Pont-Up Venture.