Pont-Up Store
  • PROGRAMA
  • PONT-UP STORE
    • SOBRE NOSOTROS
    • COMITÉ ORGANIZADOR
    • PATROCINADORES Y COLABORADORES
    • PARTICIPA
    • VIDEOS
  • EDICIONES ANTERIORES
    • 2019
    • 2018
    • 2017
    • 2016
    • 2015
    • 2014
  • PRENSA
    • INFORMACIÓN
  • BLOG
  • ES
    • GL
  • Menú Menú
Últimas entradas
Formación

FORMACIÓNS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA DECEMEBRO 2020

cursos-depo

Se algo fai grande ao noso evento é que conseguimos contar nestas sete edicións cun ecosistema sólido formado por entidades en relación ao emprendemento. Unha destas entidades é a Deputación de Pontevedra, que baixo o paraugas de SMARTPEME realiza ciclos de obradoiros en relación a diferentes eidos.

En concreto, na vindeira semana, a Deputación de Pontevedra impartirá 5 cursos que teñen como obxetivo potenciar competencias online para empresas como o webinar, o marketing en redes sociais ou o internet das cousas, así como axudar a potenciar a sustentabilidade dos negocios do eido de turismo.

Estades interesados en participar nalgunha destas formacións? Aquí van os detalles!

1. INFOPRODUTOS DE VÍDEO: O WEBINAR

Cando: 15 de decembro ás 12:00h

Como: Online por ZOOM

Duración:  1 hora

Inscrición: https://bit.ly/CursoWebinarDepo

Organiza: SMARTPEME Pontevedra

Estámonos dixitalizando a pasos  axigantados xa que as circunstancias empúrranos a elo. Por iso, ofrecer webinars é unha das opcións que máis se solicitan hoxe en día para compartir contido no ámbito dixital. Neste obradoiro aprenderemos que tipo de contido podemos compartir, que medios temos dispoñibles, como realizar as grabacións, que recursos gráficos podemos aproveitar para transmitir mllor a información e que plataformas de transmisión en directo podemos usar, entre outras cousas. Unha información útil que poderás extrapolar o teu propio proxeecto ou negocio.

1. Que é un webinar

2. Estrutura e contido principal

3. Grabación

4. Plataformas para realizar directos

5. Edición, presentacións e grafismos.

O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.

2. VENDE OS TEUS PRODUTOS EN FACEBOOK E INSTAGRAM

Cando:15 de decembro ás 17:00h

Como: Online por ZOOM

Duración:  1 hora

Inscrición: https://bit.ly/CursoFBIGDepo

Organiza: SMARTPEME Ponteareas

Desde a súa popularización, o fin último das redes sociais non foi a venda directa, senón o “social selling”. É dicir, a súa utilización por parte de negocios ou profesionais consistía en conectar e fomentar conversacións con posibles clientes e clientes, co fin de establecer unha relación de confianza e acompañalos no proceso de compra. Pero, e se unha vez afianzada esta relación de confianza, sen saír da rede social, permitimos que os nosos clientes dispoñan do noso catálogo de produtos para a súa compra (case) directa? Dous das redes con máis usuarios activos na actualidade, Facebook e Instagram, xa o permiten, e neste taller veremos os requisitos, configuración e estratexias para implementar o noso catálogo de produtos en Facebook e poder compralo directamente desde as nosas publicacións en Facebook e Instagram.

Índice de contidos:

– Introdución: As RRSS como ferramenta de venda directa

– Crea a túa tenda en Facebook

– Vende a través de Instagram

– Exemplos de éxito

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.

3. COMO MELLORAR A SUSTENTABILIDADE DO TEU ESTABLECEMENTO TURÍSTICO

Cando: 16 de decembro ás 18:00h

Como: Online por ZOOM

Duración:  1 hora

Inscrición: https://bit.ly/SustentabilidadeTurismoDEPO

Organiza: SMARTPEME Vigo

Índice de contidos

1. Definición de Turismo Sostible

2. Axenda 2030

4. Acreditacións

5. Boas prácticas en turismo

O taller será impartido por Mariana Rosa, Técnica superior en Axencia de viaxes e xestión de eventos e Graduada en Turismo, que conta cunha gran experiencia no ámbito da comunicación turística e os seus beneficios para este sector.

4. PROMOCIONA O TEU NEGOCIO CON GOOGLE MY BUSINESS DA MAN DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Cando: 17 de decembro ás 12:00h

Como: Online por ZOOM

Duración:  1 hora

Inscrición: https://bit.ly/GoogleMyBusinessDEPO

Organiza: SMARTPEME Pontevedra

O obxectivo deste taller é dar a coñecer a ferramenta de Google, enfocada a negocios locais que busquen unha maior visibilidade.

Google My Business está pensado para facilitar o aproveitamento, por parte dos pequenos comercios, das posibilidades da Xeolocalización e as procuras que a súa potencial clientela poidan facer, empregando o buscador de Google

O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o marketing online.

Inscrición:

5. QUE É O IOT (INTERNET DAS COUSAS) E QUE PROMETE

Cando: 17 de decembro ás 19:00h

Como: Online por ZOOM

Duración:  1 hora

Inscrición: https://bit.ly/IOTCursoDEPO

Organiza: SMARTPEME Pontevedra

Neste obradoiro aproximarémonos ao mundo do IoT. Describiremos que é, cales son as súas características e os elementos que interveñen. Co fin de aproximar esta tecnoloxía aos usuarios, farase unha pequena demostración.

Índice de contidos:

Que é IoT?

Manifesto IoT de Arduino.

Elementos que interveñen en IoT.

As tres preguntas para calquera proxecto IoT.

Pequena demostración práctica.

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.

Tedes dúbidas sobre estes cursos ou queredes contactar con SmartPeme da Deputación de Pontevedra? Clic aquí!

Para máis información sobre formacións e emprendemento, seguide atentos ao blog!

11 diciembre 2020/0 Comentarios/por anabel
Compartir esta entrada
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en Twitter
  • Share on WhatsApp
  • Compartir en LinkedIn
  • Compartir por correo
https://pontupstore.com/wp-content/uploads/2020/12/Sin-título-1.jpg 1200 1900 anabel https://pontupstore.com/wp-content/uploads/2020/05/logo_pontup_2020-300x300.png anabel2020-12-11 18:40:512020-12-11 18:52:53FORMACIÓNS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA DECEMEBRO 2020
0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Categories

  • No hay categorías

Recent Posts

  • FORMACIÓNS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA DECEMEBRO 2020
  • The Goood Shop no Pont-Up Store 2020
  • RayoNubeSol no Pont-Up Store 2020
  • IADN NO PONT-UP STORE 2020
  • Nael Swimwear no Pont-Up Store 2020

Contacto

Política de privacidad

Aviso legal

unha-etapa-no-camino-footer
mapa-pontevedra-pontupstore

Patrocinador principal

Promocion-economica

Promueve

Universidade_de_Vigo

Promueve

creas2i-logo

Dirige y organiza

g4-logo

PATROCINADORES

 
 

EMPRESAS INVITADAS

 

ORGANIZACIONES DE APOYO

 
The Goood Shop no Pont-Up Store 2020 carmela-serantes-the-goood-shop
Desplazarse hacia arriba
Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestra web. Si sigues utilizando este sitio asumiremos que estás de acuerdo. AceptarPolítica de privacidad