Pont-up store 2024

Co 2024 chegou a 11º edición do Pont-Up Store.

O punto de encontro do emprendemento galego.

A edición 2024 consolidouse como un punto de encontro clave para o emprendemento no noroeste peninsular. Máis de 20.000 visitantes achegáronse á Praza de España de Pontevedra para coñecer de preto 46 proxectos seleccionados entre 141 candidaturas, nun evento que destacou pola diversidade, a creatividade e a sostibilidade.

O 72 % das iniciativas estiveron lideradas por mulleres e o 45 % procedían de vilas ou contornas rurais. Preto do 100 % das empresas participantes tiveron orientación ou produto vinculado á sostibilidade. Ademais, a difusión mediática acadou un volume estimado de máis de 12,5 millóns de impactos informativos.

141

SOLICITUDES DE PARTICIPACIÓN

46

EMPRENDEMENTOS PARTICIPANTES

+20.000

VISITANTES

50

ORGANIZACIÓNS EN COOPERACIÓN

Así de ben o pasamos no Pont-Up Store 2024

patrocinadores