Pont-up store 2015
Coa principal novidade da incorporación da carpa en Plaza da España, o Pont-Up Store afianza a súa presencia como evento para emprendedores.
Na edición de 2015 o PONT-UP STORE introduciu importantes novidades, engadindo -ademais da posibilidade de solicitar stands- a opción de presentar propostas de actividades de dinamización e de participar no espazo de promoción que demos en chamar ‘10 minutos de gloria’, co obxectivo de ofrecer oportunidades ao maior numero de emprendedores posible.
Ademais hai que destacar a acollida das Xornadas do Emprendemento previas destinadas a persoas emprendedoras potenciais ou en fase inicial, que acadaron un importante impacto non entre o ecosistema emprendedor senón tamén na sociedade en xeral .
SOLICITUDES
EMPRESAS PARTICIPANTES
EXPERTOS
VISITANTES
Despois de dous días de intensa actividade, o Encontro de Emprendemento Pont-Up Store 2015 conseguiu dobrar a afluencia de visitantes da anterior edición.
Consulta a información máis salientable sobre esta edición.